Ribadeo
A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Ribadeo o vindeiro 4 de decembro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.
Será no Salón dos Alcaldes do Concello ás 18:30 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.
E engade: “animamos a asistir a esta charla, que tendrá lugar el próximo miércoles en Ribadeo”.
O grupo británico JP Bimeni and The Black Belts actuará no décimo Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=IwY2xjawGz7stleHRuA2FlbQIxMAABHY11O9OtiiBwo0jM1qZ9YcAQJZYrRUX41POEdrE7GehhkeWIyo_nSuvPjw_aem_UzG1zgh5pqoFSoky_6-9qw
A promotora deste festival, Game Over...
leer másAlumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.
En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.
A concelleira de Educación e...
leer másO Concello de Ribadeo, ABANCA e Afundación (a Obra Social de ABANCA) inauguraron este mércores, día 27 de novembro, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Permanecerá aberta ata o 28 de decembro na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Ribadeo, de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Afundación explica que “ao acto asistiron o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra; a concelleira de Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Ribadeo, Ángel Luis Macía; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano”.
Tamén indica que “esta mostra está incluída en «...
leer másO 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”.
O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...
leer másCorenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
O xerente...
leer másEste venres, día 29 de novembro, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, en Ribadeo, vai haber unha charla coloquio sobre a situación dos medios de comunicación e as relacións destes co poder en Galicia. Será impartida por Luis Álvarez Pousa, director da revista Tempos Novos e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Presentará o acto, Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, colectivo que organiza esta actividade.
Acisa Ribadeo entrega de forma gratuíta 4.800 novas bolsas para o comercio asociado. Están destinadas para a tempada de Nadal.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 13.000 euros para a adquisición destes materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Grazas a esta inversión contamos con 4.800 unidades destas novas bolsas comerciais”.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa Ribadeo, explicou que “deste xeito as nosas asociadas e asociados de comercio contarán con bolsas corporativas para o Nadal. Para o deseño utilizamos a imaxe de Acisa,...
leer másO ciclo de charlas organizado polo Concello de Ribadeo e a Garda Civil para axudar a evitar estafas e contratempos no fogar e por Internet desenvolverase os días 25, 27 e 28 de novembro.
O luns 25 de novembro as charlas terán lugar ás 16:00 horas na Escola de Cinxe a ás 18:00 na Escola de Remourelle.
O mércores 27 de novembro será ás 16:00 horas na Escola Vella de Rinlo e ás 18:00 horas no Centro Social de Ribadeo.
E o xoves 28 de novembro celebraranse ás 16:00 horas na Escola de Cedofeita e ás 18:00 horas na Escola das Anzas.
“Non perdas esta oportunidade para aprender a protexer o teu fogar e a túa seguridade online!”, indica o Concello de Ribadeo.