Ribadeo
Acisa e Gestión Gratelu asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a empresa ribadense estará presente na Festa do Comercio, na Gala da asociación e tamén no sorteo do vindeiro Ribadeo Indiano.
Acisa e Gestión Gratelu así o plasmaron no convenio de colaboración asinado por Pablo Posada, administrador de Gestión Gratelu, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No acto estivo presente o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que van estar presentes como entidade colaboradora en 2025 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste convenio con Acisa...
leer másO libro titulado Vrao, do que é autor o xornalista e escritor coruñés Lois Alcayde Dans e as ilustracións son de Lucía Escrigas Rodríguez, será presentado en Ribadeo este venres, día 8 de novembro, ás 20:00 horas.
O acto, que se desenvolverá no Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, será presentado polo investigador, profesor e crítico literario mindoniense Armando Requeixo.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que “até o día 23 de novembro aínda se pode ver a exposición Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego. Memoria viva. Lingua viva. Aproveitade esta prórroga da exposición se non puidestes pasar aínda pola Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de apertura de ditas instalacións. Paga a pena”.
Este xoves, día 7 de novembro, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, será presentada a novela "Nove lúas", do mariñao Lionel Rexes.
O acto celebrarase ás 20:30 horas e participarán Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que organiza esta presentación, e o propio autor do libro.
Acisa Ribadeo, a través de APE Galicia, ofrece cursos gratuitos a sus asociados y empleados. Se trata de formación online 100% subvencionada por el Ministerio de Educación y Formación Profesional.
Estos cursos están vinculados a unidades de competencia del Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales, por lo que ayudarán a los participantes a obtener el reconocimiento oficial de sus competencias profesionales. Y así, aumentar sus posibilidades de encontrar empleo, mejorar sus condiciones laborales y seguir formándose.
Estos cursos están dirigidos tanto a trabajadores como autónomos de cualquier sector o actividad, todas ellas vinculadas a Acisa Ribadeo, siendo socio o empleado de establecimientos asociados. En ningún caso podrán participar personas desempleadas.
Tendrán prioridad para ocupar las plazas...
O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.
“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.
As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e...
leer másRibadeo acollerá o 11 de novembro un curso sobre nutrición e alimentación consciente. As persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao Concello en horario de mañá.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “todos sabemos que una buena salud conlleva tener una alimentación sana y equilibrada. Para ello, con la colaboración de Afammer, Cruz Roja, Xunta y Concello, entre otros, el lunes 11 de noviembre se llevará a cabo en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo un curso sobre nutrición y alimentación consciente, en horario de 16 a 21 horas. Para apuntarse, solo es necesario llamar al Ayuntamiento en horario de mañana”.
A edil ribadense anima a participar neste curso: “esperamos contar con vuestra presencia, ya que unos buenos hábitos alimenticios son esenciales para mantener intacta...
leer másA sala de exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acolle desde hoxe, 28 de outubro, e ata o 10 de novembro unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez “Pimpelo”.
A mostra denomínase “Unha viaxe por Ribadeo”. E está aberta en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20:30 horas polas tardes.