Ribadeo
Entre o 12 e o 14 de maio poderase visitar no porto de Ribadeo a Nao Victoria. Trátase dunha réplica da embarcación orixinal, que foi construída para a Expo de Sevilla de 1992, e que deu a volta ao mundo entre 2004 e 2006.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “do 12 ao 14 de maio, por primeira vez en Ribadeo, poderase visitar no porto deportivo a Nao Victoria, protagonista da primeira volta ao mundo no século XVI (entre os anos 1519 e 1522). Trátase dunha réplica desa embarcación, que foi construída para a Expo 92, e que fixo o mesmo percorrido que a orixinal entre 2004 e 2006”.
O 8 de setembro de 1522 dezaoito homes, baixo o mando de Juan Sebastián Elcano e a bordo da Nao Victoria, lograron o maior fito da historia da navegación. Despois de tres anos de sufrimento no mar foron os primeiros en...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas.
Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982120732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.
E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización,...
leer másHoxe, 28 de abril, ás nove da noite terá lugar a presentación do Vendaval Fest. Será cun concerto na Praza da Fontenova onde actuarán Comandante Lobo e The Nineties.
Trátase dun evento de presentación e colaborativo coa venta de camisetas e tarxetas de lotería do Vendaval Fest.
Del 28 al 30 de abril estará abierto el rastrillo solidario de la AECC de Ribadeo en la calla Viejo Pancho, 2 (antigua droguería Pulpeiro).
El horario los tres días será por las mañanas de 12 a 14 horas y por las tardes de 18 a 20 horas.
Acisa Ribadeo pon en marcha a campaña De Ribadeo para mamá, coa que se pretende premiar ás veciñas e veciños deste municipio e da comarca por realizar as compras no comercio local ribadense de cara á celebración do Día da Nai. Esta campaña comeza o 28 de abril e desenvolverase ata o mesmo 7 de maio. Esa xornada a asociación repartirá flores entre as mamás polas rúas de Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explica que “para esta campaña edítanse 10.000 rifas, que os clientes deben cubrir cos seus datos para entrar no sorteo dunha experiencia de desconexión para dúas persoas, doada por Viaxes Eroski; un bono de seis meses cortesía de BeOne; e 100 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. As rifas estarán a disposición dos clientes nas tendas asociadas, que se encargarán de...
leer másA agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, está a preparar unha charla coloquio sobre os medios de comunicación públicos galegos “e a súa necesaria neutralidade e profesionalidade. Convidamos ao Comité Intercentros da CRTVG para poder realizar tal charla coloquio e acordaron enviar uns representantes do mesmo para informarnos da situación das radio e televisión públicas galegas”, explican desde a organización.
O acto vaise realizar o vindeiro 5 de maio, na Casa do Viejo Pancho, ás 20:30 horas.
Con Francisco Lanza colabora o Concello de Ribadeo.
O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16 a 21 horas no parque de San Francisco. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal.
Esta programación estaba prevista para o pasado 1 de abril, pero adiouse por mor dos tres días de loito oficial decretados polo Concello tras o accidente de tráfico rexistrado en Xove no que perderon a vida catro mozas e mozos de Ribadeo.
O Día da Xuventude está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables e coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía...
O 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.O evento foi presentado hoxe. A inscrición para participar ábrese mañá, día 21. A Media Maratón está organizada polo Concello de Ribadeo co que colaboran, entre outros, El Progreso e Acisa.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, indicou que “comeza o prazo de inscrición dunha nova edición da Media Maratón que vai desde a Praza do Concello ata As Catedrais e que será o 16 de setembro ás cinco da tarde. Ábrese o prazo de inscrición este venres a partir das 17 horas coas seguintes cuestións: para os 100 primeiros inscritos, 5 euros; a partir dos 100 en adiante ata o 17 de maio serán 6 euros; desde o 18 de maio ata o 25 de xullo, 7 euros; do 26 de xullo ao 15 de agosto, 8 euros; e desde o 16 de agosto ata o 12 de setembro, 9 euros. Para estas inscricións está aberto o portal...
leer más












