Día da Bici
O Concello do Valadouro, a través da Concellería de Deportes, organiza o III Día da Bicicleta “para promover o deporte e o exercicio moderado e as actividades ao aire libre nunha xornada de convivencia entre veciños, familia, amigos e visitantes ademais de visibilizar a bicicleta como modo de transporte ecolóxico e saudable”. Será o sábado 13 de setembro ás 17:00 horas e a inscrición xa está aberta tanto nas oficinas municipais como nas da Casa da Cultura, ademais de pola sede electrónica do Concello ata o venres 12 de setembro.
Ao final do traxecto sortearanse entre os participantes varios vales dun valor de 100 euros para trocar por material ciclista ademais dun casco para a bicicleta.
A Delegación de Deportes do Concello de Burela organiza o Día da Bicicleta para este domingo, día 31 de agosto, desde as 11:00 horas na Praza da Mariña.
“Chega o Día da Bici a Burela. Un plan perfecto para desfrutar do deporte, da vila e da familia sobre dúas rodas. Dúas rutas para gozar en familia: infantil, ruta curta máis circuíto na praza; e adultos, ruta longa. Inscricións na Casa da Xuventude (do 26 ao 29 de agosto) ou no correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org. Tamén podes inscribirte directamente aquí:...
leer másO Día da Bici chega este sábado, día 2 de agosto, da man do Club de Atletismo Ría de Foz e a Run Foz Run, coa colaboración do Club Ciclista Foz e a coorganización do Concello de Foz.
A organización anuncia que o Día da Bici de Foz “é un paseo en bicicleta para persoas de todas as idades, con saída ás 19:00 horas desde o Paseo da Ribeira ata a praia de Peizás, onde se dará a volta para volver ao punto inicial. Ao finalizar haberá un pequeno avituallamiento e sorteo de agasallos entre as persoas participantes. A inscrición poderá realizarse o mesmo sábado desde 17:00 horas no punto de saída, diante do Cenima”.
Presentaron este evento Manuel Eiras Rodríguez, da Run Foz Run; Jesús Amor Prieto, xefe da Policía Local, e Ángel Fernández Neira, concelleiro de Xuventude e Deportes.
O Concello de Foz, a través da Concellería de Xuventude e Deportes, organiza o Día da Bici para este domingo, día 6 de outubro. A saída será ás 11:30 horas desde o parque infantil de tráfico. Haberá agasallos para todas as persoas participantes.
A inscrición está aberta ata o 4 de outubro e debe facerse a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.
As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a vixésimo quinta edición do Día da Bici, que se celebrará estes venres, día 30 de agosto.
A saída do percorrido en bicicleta será desde a Praza do Conde Santo ás 17:00 horas, con destino á Cazolga, para facer un traxecto de 12 quilómetros, no que é obrigatorio usar casco. As inscricións para participar faranse na Praza do Conde Santo a partir das 16:00 horas.