festa acuática

07/08/2025

O Concello de Burela organiza este venres, día 8 de agosto, a súa primeira Festa Acuática, que se celebrará na praia do Portelo, na zona lateral situada xunto ao Cabaliño, sempre que as condicións do mar o permitan. En caso de que non sexa posible por motivos de seguridade, a actividade trasladarase á praia do Cabaliño. 

O horario da festa será de 16:30 a 19:30 horas e “incluirá xogos acuáticos e inchables como Nemo, Pluto, o pulpo, a rampa Mundo Marino, un rulo e o Wipeout, ofrecendo unha tarde lúdica e refrescante para todas as persoas que se acheguen á praia.  Para poder participar nas actividades será necesario saber nadar, levar flotador ou estar acompañado/a por unha persoa adulta responsable”, anuncia o Concello de Burela.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, valorou positivamente esta nova proposta de...

leer más
10/07/2025

O Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago este domingo, día 13 de xullo, a partir das 16:00 horas.

Foi presentada pola tenente de alcalde; Dolores Meitín; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e a edil de Turismo, Cecilia Duarte.

“Ven desfrutar dunha tarde de inchables na auga”, anuncia o Concello de Xove.

31/12/2024

O Concello de Cervo anuncia que a tradicional Festa Acuática Infantil non faltará este Nadal. Será este xoves, día 2 de xaneiro, a partir das 17.00 horas na piscina municipal de Leiro, con entrada de balde.

As crianzas menores de 7 anos deben ir acompañadas por unha persoa adulta, igual que as menores de 10 anos que non saiban nadar.

27/08/2024

O Concello de Trabada celebra o verán cunha festa acuática con inchables, que terá lugar, un ano máis, na ría de Abres. Será este sábado, día 31 de agosto, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

O Concello de Trabada explica que é “unha actividade para todos os públicos que está enmarcada na celebración da xira campestre organizada ese mesmo día pola Comisión de Festas de Santiago de Abres”.