Foz
O venres, 29 de xullo, ás 21:00h celebrarase na Libraría Bahía unha conversa con María López Sández –autora recén ingresada na Real Academia Galega- e Miguel Fraga Vila, fotógrafo. Ámbolos dous, xunto con María Isabel Fraga Vila, son os autores do libro O Herbario de Rosalía, el encargado das fotografías que o nutren e ela do texto.
Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as flores e as plantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía de Castro.
No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada planta e flor xunto coas características botánicas das mesmas...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza a Andaina contra o Cancro que terá lugar o vindeiro domingo, 31 de xullo.
A saída será ás 10:00 horas da Praza do Concello.
As persoas interesadas en participar poden facer a súa inscrición ata o venres 29 nos números de teléfono: 628 437014 da AECC Foz e 670 369 017 de Sendeiros de Foz.
Colaboran na organización deste evento: Asociación Española contra o Cancro e o Concello de Foz.
AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xullo.
Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 29 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptico, Arrullos, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, MC Automotive, Mercería Vera, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet,...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro de verán o sábado, 30 de xullo, ao banco da Cornería.
A saída será ás 9:00 horas da Capela do Carme en San Martiño.
As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 670 369 017 e 606 718 482 ou ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle de 1 a 4 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco desde fai 25 anos.
A programación das xornadas deste ano é a seguinte:
Os portos de Foz
Xoán Ramón Fernández Pacios.
Luns 1 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A primeira guerrilla antifranquista na Mariña
Eliseo Fernández e Dionisio Pereira
Martes 2 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
A masonería na Mariña
Martín Fernández Vizoso
Mércores 3 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.
Francisco Rodríguez Sanchez.
Xoves 4 de agosto ás 20:30 na Casa da cultura de Foz.
O Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: "é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas".
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá...
leer másO Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá tamén unha gran festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.
O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura Manuel María, de Foz acolle ata o vindeiro 18 de xullo a mostra titulada Florencio Delgado Gurriarán:Compromiso na distancia, en homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.
Organizada pola Concellería de Normalización Lingüística, quere honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade.
O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán pertence á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, que foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, converténdose nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.
... leer másMañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”.












