Foz
Os meses de abril e maio a biblioteca do Concello de Foz convida á lectura con múltiples actividades
Os meses de abril e maio veñen cargados de actividades na Casa da Cultura focense. Durante as vindeiras semanas a Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para convidar a grandes e pequenos á lectura e a achegarse aos libros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o día das letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar a lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha...
leer másA compañía teatral Bandullo azul presenta en Foz o espectáculo para público familiar “Filipa cos contos” este domingo, 7 de abril. Será na Casa da Cultural ás 12:00 horas con entrada de balde.
“Este domingo contacontos para gozar en familia con Bandullo azul. Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e o humor repártense entre os dous contadores que soben á escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia. Haberá tamén historias cantadas. Historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, contos cantados e acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous, e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para...
leer másA campaña está organizada por AciaFozCCA.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “deste xeito rendemos homenaxe á XXII Festa do Berberecho, que se celebra este sábado en Foz. O que propón a hostalería e unha fin de semana para degustar chícaros e mexillóns en diferentes preparacións. Será desde o venres e ata o domingo”.
Os establecementos hostaleiros participantes son: A Rambla-Pachán, A Viela, As Brasas, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy Restaurante, Los Dulces de Delphine, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte, Pizzería Xoiña, Portochico e Restaurante Xoiña.
Paleo anima a achegarse a Foz: “a disfrutar de todas as propostas gastronómicas que atoparán na nosa vila, a pasear polas nosas rúas e a mercar no comercio local. Temos toda unha fin de...
leer másEl sábado 20 de abril se celebrará en Foz la quinta edición de las jornadas de pesca con señuelos.
En la Casa da Cultura focense a partir desde las 11 de la mañana hasta las 13:30 horas habrá charlas técnicas abiertas al público con aforo limitado. Y a las 14:30 horas comenzará la comida de hermandad en el restaurante O Rincón do Mis, actividad para la que es necesario inscribirse a través del teléfono 639.282.158. El precio es de 25 euros, las plazas son limitadas y el plazo finaliza el 12 de abril. Al final de la comida se sorteará material de pesca entre todos los asistentes.
O vindeiro sábado, 6 de abril, volve o berberecho a Foz, marisco que para os foceg@s é o chícaro. É unha cita que dende o pasado ano se sitúa na semana seguinte á semana santa. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “foi un ano difícil para o sector do marisqueo e dende Foz queremos continuar contribuíndo a que se consuma produto do mar, mostrando ao mundo o marabilloso sabor que ten grazas á sempre inestimable colaboración dos ciclos de Hostalería do IES de Foz”.
O programa da XXII Festa do Berberecho combina a cultura mariñeira, a gastronomía e a historia de Foz.
O venres 5 o primeiro evento será ás 19:30 horas no salón de actos do CENIMA, coa charla titulada Interpretación toponímica da costa de Foz. II Parte: de Llas á Pampillosa, a cargo de Xesús do Breogán; para a continuación poder gozar dos cantos de...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 14 de abril, domingo, a ruta dos Faros, desde Malpica, na Costa da Morte. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 11 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Foz acollerá a vindeira semana dúas charlas: unha sobre nutrición o mércores e a outra sobre envellecemento activo o venres. Son gratuítas e terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s na provincia de Lugo. Neste caso o Concello de Foz colabora coa Deputación desenvolve o programa no noso municipio con diversas charlas, actividades formativas e de lecer”.
Ana Rojo anuncia: “comezamos estas xornadas coa charla do día 3 de abril, mércores, sobre nutrición, alimentación equilibrada e saudable, poñendo en énfase hábitos saudables e de cómo alimentarse en diferentes situacións da vida, dando pautas nutricionais a seguir baixo a presenza de enfermidades asociadas a esta etapa do ciclo...
leer másMañá, mércores, da comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. E o xoves inícianse as Santas Tapas para dinamizar a hostalería local ao longo das vindeiras xornadas.
Os días 27, 28 e 30 de marzo volve un clásico como é o Comercio na Rúa. Nesta nova edición Fóra Stocks danse cita máis de trinta comercios, que ofrecerán promocións e descontos moi interesantes.
En Fora Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Thecé, Unique-2, Vas’s, Vas’s Outlet e Xoguetería...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa para o mes de abril. Presentan cinco actividades: unha exposición e catro cursos, para os que está aberta a inscrición.
A exposición, titulada A trata de persoas, forma parte das actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller, que se organizou en colaboración coa Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Foz. Estará sita no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) do 5 ao 26 de abril e xira en torno á explotación da muller. A través da mesma poderase aprender máis sobre esta realidade que se nos presenta dende o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual de Cáritas Diocesana de Lugo.
En canto aos...
leer másO vindeiro martes, 26 de marzo, a picaraxada ten contacontos da man de Miguel Guido e “O lobo feliz”.
Trátase dun contacontos con humor e música pensado para un público de 3 a 8 anos, pero do que pode gozar toda a familia
As protagonistas son historias de lobos feroces…É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveando á lúa!
O contacontos terá lugar na Casa da Cultura ás 12:00 horas, con entrada de balde.