Escape Room

07/10/2025

A biblioteca municipal de Barreiros acollerá un escape room para rapazada de 4 a 16 anos. Será o día 23 de outubro, xoves, ás 16:30 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “achégase o Día das Bibliotecas e queremos celebralo cunha actividade para a rapazada. O día 23 de outubro ás 16:30 horas faremos un escape room na Biblioteca Municipal de Barreiros, onde se agochan unha serie de misterios que deberedes resolver. Por equipos, utilizando a cooperación, o enxeño e a comunicación activa teredes que superar unha serie de probas e descifrar enigmas para conseguir o obxectivo común. Quen será capaz de resolvelo? Trátase dunha actividade moi divertida, que vos permitirá resolver problemas a través do traballo en equipo. De aquí levaredes unha aprendizaxe moi importante para o voso futuro, poñendo en valor a importancia da biblioteca e da...

leer más
08/05/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 10 de maio, un Escape Room sobre os riscos dos xogos de azar.

“O vindeiro 10 de maio achégate á chaira fronte ao Pavillón Municipal de Viveiro e participa nunha experiencia única: un Escape Room pensado para sensibilizar sobre os riscos dos xogos de azar. Unha actividade diferente, divertida e con conciencia. Serás quen de saír a tempo?”, anuncia o Concello de Viveiro.

A duración é de 45 minutos, para grupos de ata 5 persoas cunha idade mínima de 14 anos. A entrada é gratuíta.

30/12/2024

Mondoñedo acollerá un Escape Room sobre o escritor Álvaro Cunqueiro este domingo, día 5 de xaneiro, a partir das 16:00 horas. Será na Casa Museo Álvaro Cunqueiro con entrada de balde.

Esta actividade está organizada pola Asociación Xuvenil Xoldra, que anuncia: “sumérxete no universo literario do gran autor mindoniense e pon a proba as túas habilidades resolvendo enigmas inspirados nas súas obras e na súa cidade natal. Inscribe o teu grupo de 3 a 6 participantes enviándonos unha mensaxe directa ou un correo a xuvenilxoldra@gmail.com. Premio ao grupo máis veloz”.

29/12/2024

O xoves 2 de xaneiro celébrase o Nadal na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, cunha actividade de animación á lectura na cal os nenos e nenas se converterán en auténticos detectives para resolver "O misterio das cartas dos Reis Magos".

É unha actividade para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Hai 30 prazas dispoñibles e para participar hai que anotarse no Whatsapp da Biblioteca: 604.08.42.01.