Piragüismo
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, participaron na presentación da 44 edición da histórica proba de piragüismo Travesía Ría de Foz, organizada polo Club Kayak de Foz, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Foz. Disputarase este domingo, 23 de agosto, ás 12:30 horas.
O rexedor municipal destaca “o traballo e esforzo do Clube Kayak de Foz e do seu presidente Nacho Romillo por dar continuidade a unha proba con tanta tradición, pero especialmente por formar a tantas rapazas e rapaces nun deporte do que saíron campións que levaron o nome de Foz por toda Europa” que ademais explica que “o Concello de Foz colabora co Club Kayak cunha subvención de 7.000 euros para gastos de funcionamento do club e outros 7.000 euros para a organización desta travesía, que xa vai pola 44...
leer másO sábado 15 de agosto disputarase a cuarta regata da Copa Provincial de Piragüismo, organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro e a Federación Galega de Piragüismo e que conta coa colaboración do Goberno galego.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, estivo en Viveiro para a presentación desta proba e destacou o apoio da Xunta a esta cita deportiva. Ademais lembrou que “a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asigna este ano á Federación mediante convenio 484.352 euros para gastos de funcionamento e para a organización de actividades deportivas, entre outros conceptos”.
A ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 14 de xuño, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “a proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá a 137 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, de Ribadeo; o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo”.
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
O encoro de Río Cobo converterase este domingo, día 10 de maio, a partir das 10:00 horas no escenario da II Regata Provincial de Piragüismo, unha cita deportiva organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
O evento foi presentado nas instalacións municipais pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e polo presidente do CD San Ciprián, Eduardo Rubal, quen destacaron “a importancia desta proba dentro do calendario deportivo da comarca”.
Na competición daranse cita clubs da Mariña e tamén da provincia, concretamente o Club Cidade de Lugo, o Club Fluvial de Lugo, o CP Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o CP Urban Hotel Viveiro, ademais do club anfitrión, o CD San Ciprián.
A rexedora quixo trasladarlles o seu apoio a todos os participantes, desexándolles...
leer másA cuarta regata da Copa Deputación de piragüismo disputarase este domingo, día 17 de agosto, en Viveiro. É unha proba para embarcacións de tipo C-1 e K-1 e servirá para retomar a competición logo das probas celebradas en Portomarín, Ribadeo e Cervo, anuncia o Concello de Viveiro.
As primeiras saídas, das categorías prebenxamín e benxamín, daranse ás 10.30 horas. Despois terán lugar as competicións infantil (11.00 horas), alevín (11.30 horas) e cadete e xuvenil (12.00 horas).
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que a regata “reforza a aposta do noso Concello polo deporte de base e pola dinamización responsable. Agradecemos o esforzo dos organizadores e convidamos á veciñanza a gozar dunha xornada de piragüismo”.
O encoro de Río Cobo acollerá este domingo, día 27 de xullo, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
Na proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo; o Kayak de Foz; e o club de piragüismo Urban Hotel Viveiro; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, desexoulles moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil nas modalidades K1 e C1, e especialmente aos representantes do Club Local; e animou a todos os visitantes “a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve para...
leer másFoz acollerá este sábado, día 26 de xullo, a 63ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak Foz. A deputada provincial Iria Castro participou na presentación da competición, que “segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal”, destaca a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que engade: “a proba contará este ano coa participación de máis de 150 palistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano, masculina e feminina, clubs de toda Galiza, entre eles, ademais do Kayak, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruán de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel”.
Iria Castro parabenizou ao Kayak Foz “pola organización dunha nova edición desta cita histórica que demostra a tradición dos deportes de auga na Mariña e na provincia e a tenacidade da xente do piragüismo de Foz que mantivo esta proba ao...
leer másA ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 22 de xuño, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación.
A proba, organizada polo CP Altruán, reunirá 163 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio
Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse a Ribadeo para presentar este evento deportivo, que comezará as 15:30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil, que tomarán a saída á mesma hora.
O Encoro de Río Cobo acollerá o domingo, 28 de xullo, a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, xunto ao presidente do CD San Ciprián, Eduardo Rubal, o responsable da sección de piragüismo, Iván González, e o adestrador, Joel González, presentaron a proba, no propio escenario onde se desenvolverá esta competición que arrincará ás 10:00 horas.
Na proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Urban Hotel Viveiro; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
A alcaldesa desexoulle moita...
leer másA Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.
A competición organízase no marco da colaboración que a...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












