Música

22/06/2019

"Musiqueando polas parroquias" da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará a vindeira semana Remourelle, Vilaselán e Rinlo. 

Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar unha primeira quenda de pequenas actuacións polas parroquias do concello, para que as persoas que non residen no casco ribadense e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca.

Nelas farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.

Nesta primeira quenda serán 3 as parroquias que contarán con actuacións da EMMeD:
- Remourelle, luns, 24 de xuño,...

leer más
Etiquetas:
18/06/2019

A Escola de Música Arcadio Mon, de Foz, celebra o festival de fin de curso este sábado 22 de xuño.

Os actos terán lugar, na Sala Bahía de Foz, a partires das 18:30 horas.

Haberá actuacións de música e movemento coa Aula Coral, a Prebanda e a Orquestra de Jazz.

 

17/06/2019

O vindeiro mércores, 19 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela celebrará xunto cos colexios de primaria da localidade o Día Mundial da Música. Iniciado en Francia en 1982 como Festival de Música e establecido como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música), cada solsticio de verán o 21 de xuño a Unión Europea celebra un día dedicado a promover o intercambio cultural entre os pobos.

Segundo o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “o seu obxectivo é promover que se organicen concertos na rúa, independentemente do seu estilo ou orixe, polo que se invita a todo o mundo a colaborar neste evento”. E engade que “aínda que o día oficial estableceuse o 21 de xuño, para non coincidir co remate do curso escolar, os organizadores creron adecuado trasladalo ao 19 para que puideran participar os centros de...

leer más
Etiquetas:
13/06/2019

Á cita acudirán grupos de Burela, Cervo e As Pontes, O grupo Tanto nos Ten dará un concerto presentando o seu novo disco ‘Cortando Fíos’ e ás 19:00 impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e a entrada é de balde. 

A XIV Foliada da Mariña terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño nunha carpa na Praza do Concello en Xove a partir das 20:00. Unha hora antes integrantes de Saiñas (Noa, Uxío e Pedro) impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no que que as persoas participantes aprenderán a bailar unha muiñeira, a inscrición pode facerse a través da páxina de Facebook de Saiñas. 

O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen,  Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela,...

leer más
Etiquetas:
13/06/2019

O grupo de pop-rock da Escola Municipal de Música de Burela dará un concerto este venres, día 14, que terá lugar na Praza da Mariña e dará comezo ás 20:00 horas.

O edil de Cultura, José Díaz, convida a tod@s a asistir a esta cita na que se poderá apreciar o traballo dunha das formacións da Escola de Música.

 

Etiquetas:
12/06/2019

Este venres, 14 de xuño, darán comezo os Concertos de Primaveira en Foz.

O venres actuará o grupo Desenchufados cun repertorio no que inclúen éxitos de sempre.

O sábado, 22 de xuño, ofrecerá un concerto Kentakis cunha mestura de diferentes estilos musicais.

E o venres, 28 de xuño, pechará este ciclo El Mercado de Rosen nun tributo ao cantante Rosendo. 

A cita está organizada por varios establecementos hostaleiros do porto. 

Etiquetas:
11/06/2019

A ESMU no Cole é unha iniciativa posta en marcha pola Escola de Música Arcadio Mon de Foz na que ofrecerá varios concertos en distintos centros educativos do municipio, dos días 14 ao 19 de xuño.

O venres, día 14, a ESMU actuará no Colexio Nosa Señora do Pilar. O luns 17 estará no CEIP Fondo Nois, e o martes 18 ofrecerá un concerto no CEIP O Cantel.

A ESMU rematará esta serie de actuacións o mércores 19 no CEIP nº1 e no Colexio Martínez Otero.

 

Etiquetas:
05/06/2019

Este sábado, 8 de xuño, celébrase na Basílica de San Martiño, o XIII Encontro Internacional de Corais Villa de Foz, que dará comezo ás 19:30 horas.

Participarán xunto á Coral Polifónica de Foz, a Coral Torreblanca de León e a Coral Polifónica Canto e Encanto de Canas de Senhorim (Portugal).

O encontro está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz e a Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
31/05/2019

O Teatro de Ribadeo acollerá mañá, sábado, ás sete da tarde a décimo segunda edición do Festival de Coros Infantís e Xuvenís da FECOGA (Federación Coral Galega). Este evento está organizado nesta ocasión polo coro do colexio ribadense Sagrado Corazón dentro das actividades que se celebran con motivo do 50 aniversarios das actuais instalacións do centro.

No festival de mañá, ademais do coro Sagrado Corazón, de Ribadeo, actuarán o Coro Xoven, de Baio; o Coro Infantil da Confraría de Pescadores de San Martiño (O Grove); e a Coraliña Cantora, de Trives.

O coro infantil e xuvenil do Sagrado Corazón, que conta na actualidade cunhas 80 voces, vén funcionando dende o ano 1984 de xeito regular, incluso fóra do tempo lectivo, e conta na súa traxectoria con varias ducias de premios a nivel nacional, autonómico e provincial...

leer más
Etiquetas:
21/05/2019

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 1º Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.

O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).

Desde a asociación Mujeres de San...

leer más