Barreiros

20/01/2020

O Seminario de Estudos Os Espigueiros organiza un parladoiro sobre Barriga Verde este sábado, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas, nos Colexios Vellos de San Miguel.

O parladoiro sobre este personaxe moi querido pola cultura galega correrá a cargo da actriz Comba Campoi.

 

Etiquetas:
16/01/2020

A Comisión de Festas de Vilamar organiza a X edición da Festa dos Callos que se celebrará este sábado, 18 de xaneiro.

Esta cita gastronómica dará comezo ás 21:30 horas. Terá lugar no campo da festa e desenvolverase nun local pechado con calefacción.

O menú estará composto por callos, elaborados por Azucena, costela asada con pementos e patacas, postre, viño, auga, refrescos, café e chupito. O prezo será 23 euros por persoa, e 10 euros para nen@s de 6 a 12 anos. A festa estará amenizada polo grupo Lecer.

Patrocinan este evento: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021 e Concello de Barreiros.

Etiquetas:
28/12/2019

A Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.

Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.

O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.

22/12/2019

A Rede Museística Provincial inaugurou o ciclo “Culturas en diálogo - Somos migrantes, abrimos camiños”, un programa de actividades que reflexiona sobre a pegada económica, social e cultural dos movementos migratorios a través de exposicións, relatorios, proxeccións e obradoiros que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de xaneiro nos catro museos provinciais e noutros espazos culturais.

O Museo Provincial de Lugo abriu o programa coa inauguración da mostra fotográfica “Diálogo Azul”  e a proxección das pezas documentais “Microhistorias de ida e volta” cos testemuños de mulleres que viviron en primeira persoa experiencias migratorias, recollidas pola Asociación de Rioplatenses en Lugo.

No marco deste ciclo cultural, coincidindo co Día Mundial das Migracións -18 de decembro-, abriuse nas antigas escolas habaneras de...

leer más
Etiquetas:
19/12/2019
Despois do éxito da súa última produción, Enciclopedia Álvarez, da que xa se levan realizado máis de 30 representacións e que aínda sigue mantendo en cartel, o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta unha proposta completamente novidosa e que supón un xiro de 180 graos a respecto da obra anterior.
 
Se na Enciclopedia o texto era a base fundamental na que se sustentaba a obra, neste caso, o texto é só un pretexto que lles permite aos actores e actrices do grupo explorar novas formas teatrais como o clown ou a comedia dell´arte e a partir de aí crear personaxes, que non son puramente clowns nin personaxes da comedia, pero que si teñen algo da súa impronta, aínda que acaben convertidos en personaxes do noso teatro popular
 
... leer más
Etiquetas:
13/12/2019

O Concello de Barreiros presenta un programa de actividades de Nadal que se prolongarán ata o día 12 de xaneiro.

Este venres, 13 de decembro, ás 21:00 horas, no centro sociocultural, terá lugar unha proxección do ciclo Seráns de Cine co filme Trote de Xacio Baño. Está organizado polo colectivo cultural Ollomao.

O sábado 14 haberá unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros, no pavillón municipal. Ademais celebraranse partidos de fútbol sala Praias de Barreiros entre: Ben. A-Santiago de Foz B; Benx. B-Celeiro CDM; Alevín-Celeiro CDM B; Infantil-Celeiro CDM; Cadete-San Ciprián; Senior Masc.-ADFS Bueu; e Senior Fem.-CD Burela FSF.

O domingo 15 disputarase o encontro de 2ª Rexional que enfrontará a Iberia e Meira, en As Valgas (San Miguel).

O mércores 18...

leer más
Etiquetas:
28/11/2019

A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida” promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, remata o seu itinerario. Estará exposta dende o día 28 de novembro ata o día 10 de decembro no Salón de Actos do Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros, onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00 h.-14:00h. e de 17:00 h.-19:30h.

Cunha grandísima acollida no resto de concellos, esta exposición fotográfica única na Mariña Lucense, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se aínda non tiveches a sorte de vela, aproveita esta última oportunidade e visita San Cosme para descubrir os fondos mariños da costa de Lugo.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para...

leer más
Etiquetas:
27/11/2019

A Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo de Barreiros organiza as V Xornadas Micolóxicas que se celebrarán os días 30 de novembro e 1 de decembro.

O sábado, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Aula Cemit de Barreiros (Teleclube de San Cosme), terá lugar a charla que correrá a cargo de Xesús Blanco García, presidente da Asociación Os Bolouros de Foz.

O domingo, 1 de decembro, haberá unha saída ao monte na procura de cogomelo. Os asistentes partirán, ás 10:00 horas, da Praza do Concello de Barreiros, e ás 14:30 h., terán un menú degustación no Restaurante La Barrica de Lorgi. O prezo da comida é 25 euros por persoa. A charla e o roteiro son gratuítos. As reservas poden facerse no número de teléfono 679 455 109.

A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo, apto...

leer más
Etiquetas:
22/11/2019

O colectivo Ollomao de Barreiros organiza o ciclo Seráns de Cine que se celebrará dos días 22 de novembro ao 13 de decembro. As proxeccións terán lugar ás 21:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Hoxe, 22 de novembro, ofrecerase a película A língua das bolboretas de J.L. Cuerda.

O día 29 de novembro proxectarase Doentes de Gustavo Balza.

O 6 de decembro pasarase a cinta Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.

E o día 13 de decembro poderá verse Trote de Xacio Baño.

Ademais das proxeccións das películas haberá unha pequena presentación das mesmas por parte da organización e un posterior debate.

Colaboran na organización desta actividade: Concello de Barreiros e Deputación de Lugo.

 

19/11/2019

O vindeiro domingo, 24 de novembro, haberá teatro en Barreiros. O grupo Faro Miño representará “Sintrón nin són”. Trátase dunha obra cómico-satírica sobre a realidade sanitaria galega, a través da retranca e da retórica galegas. 

A representación terá lugar ás 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 

A actividade enmárcase no proxecto teatral Buxiganga, da Deputación de Lugo. Colabora coa institución provincial o Concello de Barreiros.