Barreiros

07/05/2019

O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
23/04/2019

A Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.

Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. 

A viaxe é gratuíta. 

 

Etiquetas:
10/04/2019

A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva. 

Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo. 

 

Etiquetas:
26/03/2019

O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.

Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que...

leer más
Etiquetas:
25/03/2019

O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
24/03/2019

O 21 de abril terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias. O evento foi presentado por varios organizadores e afeccionados ao atletismo popular, que estiveron acompañados polo alcalde, Alfonso Fuente Parga. 

A carreira comezará ás 11.00 horas na praia de Altar en Barreiros (Lugo). As carreiras infantís serán todas no propio areal con distancias adaptadas en cada categoría, mentres que a absoluta terá a saída na praia de Arealonga (Reinante) e percorrerá todas as praias de Barreiros ata rematar en Altar. Trátase dunha distancia aproximada de 10 quilómetros.

A entrega de dorsais será en Punta Anguieira, diante do Hotel Ría do Masma, habilitando a organización un servizo de autobuses para o traslado de participantes dende a zona de meta á saída. Ao remate da carreira será a entrega de trofeos e haberá...

leer más
Etiquetas:
07/03/2019

O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).

A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade. 

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.

 

Etiquetas:
05/03/2019

O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido o vindeiro venres, 8 de marzo. 

Ás 21:00 horas dará comezo o desfile que terá lugar na praza do Concello, e en caso de que o tempo non acompañe trasladarase ao polideportivo.

A partir das 22:30 horas celebrarase a cea. O menú estará composto por empanada, entrantes fríos, churrasco, pan, bebida e postre. O prezo é de 17 euros por persoa. A venta e retirada de tarxetas pode facerse no Concello de Barreiros, de 9:00 a 14:00 horas, e no teléfono 982 124 002, ata o mércores 6 de marzo.

Rematada a cea terá lugar o baile de entroido que estará amenizado polo grupo musical Lecer, e no se fará entrega dos premios do desfile.

Haberá premios para Infantil Individual de 30€ ao 1º e 20€ ao 2º, Infantil Parella de...

leer más
27/02/2019

Un total de 7 bares pertencentes á asociación de Hostelería de Barreiros toman parte na actividade “DisfraBAR”. Trátase dunha idea novidosa na que serán os establecementos de hostalería os que estarán disfrazados durante os días 4, 5 e 6 de marzo, con temáticas de antroido cada un deles. É dicir, luns, martes e mércores.

Os establecementos participantes son o Bar Centro Social, Moderno, O Asador, Lozano, A Curva, A Yenka e La Barrica, que durante estes tres días selarán unha papeleta por cada consumición realizada. Cada papeleta selada na súa totalidade nos 7 establecementos poderá entrar nun sorteo dun menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Ademais, as persoas que visiten estes locais poderán escoller o bar que máis lle gustara. O establecemento que máis votos teña será galardoado como o gañador do “DisfraBAR 2019”.

... leer más
Etiquetas:
25/02/2019

O Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.

O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.

Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.

O tema do concurso fotográfico...

leer más