Barreiros

20/07/2018

O Eido Dourado continuará este domingo, 22 de xullo, co seu ciclo musical Sons no solpor. O concerto desa xornada correrá a cargo de Milesios, un grupo de música tradicional galega e irlandesa. A actuación dará comezo ás dez e media da noite, nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada en Barreiros.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o domingo, no Eido Dourado, entre as dez e cuarto e dez e media da noite, temos unha nova cita. Neste caso vai ser con outro grupo referente do panorama folk galego. Forma parte do ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado, e imos ter a actuación do grupo Milesios”.

Dourado explicou que “Milesios é unha formación que xa ten dez anos, nace no 2009. Une o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa dende as súas primeiras actuacións que foron en...

leer más
Etiquetas:
18/07/2018

Este venres, 20 de xullo, no Cámping Gaivota, en Barreiros, darán comezo as Queimadas Proletarias mesturadas con Músicas de Raíz. Será coa actuación de Tis Che Tein a partires das once da noite.

O artista barreirense Celso Dourado explicou que “como é tradicional no Cámping Gaivota iniciamos as queimadas todos os venres durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión vainos visitar unha vez máis Tis Che Tein. É un grupo que xa estivera o ano pasado, pero por mor da choiva tivemos que suspender a súa actuación e quedou pendente para este 2018”.

Dourado dixo que “é un grupo que eles mesmos se definen como de folk tabernario, se forma entorno ás terrazas de Santiago de Compostela, traballan unha música que bebe do folk irlandés esencialmente e os seus membros, ademais desta formación que teñen que é moi dinámica,...

leer más
Etiquetas:
13/07/2018

O bus cultural de Barreiros comezará as súas rutas este sábado, 14 de xullo. Estas viaxes, organizadas pola asociación Mar e Monte coa colaboración do Concello desenvolveranse todos os sábados ata o 8 de setembro. O bus cultural sairá ás once da mañá das inmediacións do centro de saúde e durante dúas horas fará un percorrido por diferentes lugares de interese, sobre todo do interior, aínda que nalgunha ocasión tamén incluirá visitas ás praias de Barreiros. O prezo para os adultos é de 2 euros e os nenos e nenas viaxan gratis. Estas rutas prevén tamén unha parada gastronómica.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, dixo que “o concello de Barreiros non é só praias, senón que tamén ten un interior que dá gusto coñecelo e visitalo. O Concello colabora coa asociación Barreiros Mar e Monte, que organiza estas viaxes culturais polo interior do...

leer más
13/07/2018

O espazo artístico Eido Dourado, situado a carón da praia da Pasada, en Barreiros, comeza este domingo, 15 de xullo, o seu ciclo de concertos Sons no solpor, coa actuación de Agüeira Project. Será a partir das 22:30 horas. Tamén volverán nuns días as queimadas proletarias mesturadas con música de raíz no Cámping Gaivota.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “as actividades van empezar este domingo próximo, día 15, cun concerto. Vai haber un concerto como sempre, a partir das dez e media, coa caída do sol, que abrirá o ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado. Imos escoitar un proxecto novo chamado Agüeira Project. Podemos dicir que despois dunha exitosa carreira musical, o guitarrista alemán Reinhold aséntase definitivamente, creo que no 2005, en Santalla de Oscos á beira do río Agüeira. Establece un hotel rural, La Casona...

leer más
Etiquetas:
12/07/2018

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao miradoiro de Comado, en Barreiros, o 28 de xullo.

A saída será ás 9:00 horas da praza de Galicia en Foz. 

O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 17, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 27 de xullo.

A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio, e recomenda aos participantes levar equipo de sendeirismo, auga e comida.

Colabora con esta actividade de Os Sendeiros o Concello de Foz.

03/07/2018

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Barreiros organiza a Romería de Santo Estevo do Ermo, que se celebrará o vindeiro sábado, 7 de xullo.

O programa de actos dará comezo ás 10:00 horas cunha ruta a pé que sairá dende o Concello. Ás 12:30 horas será a misa e despois a procesión, ás 13:30 horas haberá unha degustación de empanada de sardiñas e ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú co Dúo Epok.

Pola tarde, a partir das 16:00 horas haberá xogos infantís con agasallos para os gañadores, un torneo de tute e o concurso de fotografía Santo Estevo 2018. Ás 19:00 horas terá lugar a entrega de premios.

A xornada rematará cunha actuación musical do Dúo Epok que comezará ás 20 horas.

A asociación Mar e Monte colabora coa Delegación de Medio Ambiente do Concello...

leer más
Etiquetas:
02/07/2018

Barreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.

A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto. 

 

29/06/2018

O Eido Dourado abrirá as súas portas o vindeiro domingo, 1 de xullo, na que será a súa décima tempada. O horario de visita deste espazo dedicado á arte, situado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas pola mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. O artista barreirense Celso Dourado, promotor deste proxecto, anuncia que a mediados de xullo dará comezo o ciclo de  concertos Sons no Solpor no Eido Dourado.

Celso Dourado manifestou que “arrancamos unha nova tempada, van xa dez con esta, e abrimos o espazo Eido Dourado para o público cunha exposición renovada, na súa meirande parte, e cunha serie de actividades vinculadas case esencialmente á música. Abriremos o vindeiro domingo, 1 de xullo, en horario de once e media a unha e media polas mañás, e de seis a nove e media da tardiña. Os luns...

leer más
Etiquetas:
15/06/2018

A Delegación de Cultura programa unha representación teatral para este domingo, 17 de xuño.

O grupo Andanzas representará a obra El caso de la mujer asesinadita, escrita por Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. É unha comedia emocionante de intriga, pertencente á “alta comedia”, e na que os autores desmontan o mito do matrimonio burgués de épocas pasadas.

A representación, para todos os públicos, será ás 19:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

 

Etiquetas:
08/06/2018

O 17 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias. Na presentación, estivo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, xunto a organizadores e corredores locais, entre outros.

A carreira dará comezo coas categorías infantís, ás 11:15 horas, na praia de Altar. A categoría de adultos principiará ás 12:30 horas con saída dende a praia de Arealonga (xunto ao restaurante La Yenka), e meta na praia de Altar recorrendo todas as praias do concello.

A organización poñerá servizo de autobús, dende as 11:15 horas, para o traslado dos participantes dende a meta á zona de saída.

As inscricións rematan o vindeiro mércores, 13 de xuño, e poden facerse na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.

...

leer más