Barreiros

Etiquetas:
28/12/2017

O vindeiro 30 de decembro terá lugar o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, que disputarán o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. Os partidos darán comezo ás catro da tarde. A final está prevista para as 20:00 horas e ás nove da noite será a entrega de trofeos. 

Segundo explican desde o Praias de Barreiros “este maratón está feito para a recollida de alimentos non perecedoiros que se doarán ao Banco de Alimentos do Concello barreirense. Durante a xornada do Trofeo as persoas interesadas en participar nesta campaña poderá facer as súas doazóns desde as tres da tarde ás nove da noite no pavillón municipal de Barreiros”. E engaden que “xa desde o luns e ata mañá de 10 a 13 horas e de 17 a 21 está en marcha esta campaña”.

O II Trofeo Solidario está organizado...

leer más
Etiquetas:
20/12/2017

O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense. 

Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda). 

 

Etiquetas:
19/12/2017

O pavillón municipal de San Cosme será escenario o vindeiro sábado, día 23, de moitas actividades para os máis pequenos, entre as que destaca a especial recepción que ofrecerá Papá Noel aos asistentes. 

Esta festa de animación infantil desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.

Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións... Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.  

A organización agradece a todos os asistentes que leven alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Para atender esta petición haberá un punto de recollida destes produtos no propio pavillón de San Cosme.

 

13/12/2017

O Concello de Barreiros programa para o vindeiro domingo, 17 de decembro, unha nova representación teatral.

O grupo Axóuxeres, de Vilaronte, porá en escena Non casei con todos. Trátase dunha obra cómica que reflicte situacións da vida cotiá. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, do Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
23/11/2017

O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. 

Desde a Concellería de Servizos Sociais sinalan que “se ofertaban 20 prazas e a día de hoxe aínda hai algunha libre. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais. 

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa...

leer más
Etiquetas:
15/11/2017

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros segue a apostar pola defensa e posta en valor do río Masma. Proba disto é a realización de actividades que a asociación barreirense veu levando a cabo en relación a este enclave natural: o festival Ao Son do Masma, a limpeza do río no marco das accións do “Proxecto Ríos” de Adega, ou a Carreira Popular, que tivo no 2016 a primeira edición. Este sábado, 18 de novembro, terá lugar a segunda edición desta proba deportiva que conta con categorías infantil, adulta e adaptada. Este última pensada para a participación de persoas que, acreditando unha diversidade funcional e opten por non participar na categoría absoluta.

O percorrido da proba absoluta é dun total de 5600m. e discorre na súa totalidade polas beiras do río Masma ao seu paso pola parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos. O punto de saída...

leer más
13/11/2017

O vindeiro domingo, 19 de novembro, haberá teatro en Barreiros. 

Nesta ocasión o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena a obra Las entretenidas. Será ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. Colabora o grupo de teatro Andanzas de Viveiro.

 

Etiquetas:
09/11/2017

A Biblioteca Pública Municipal convoca os Certames de Poesía e Debuxo Nadal 2017. 

No Certame de Poesía poden participar nen@s e moz@s ata 16 anos. O tema xenérico é o Nadal e a recepción de traballos remata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios barreirense. Esta cita está organizada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo. 

O Certame de Debuxo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os traballos, que versarán sobre o Nadal, presentaranse en cartolina tamaño A4 ata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios. 

 

29/10/2017

O venres, 3 de novembro, ás dez da noite o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao porá en escena a súa nova obra no salón de actos dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. O sábado 4 haberá unha nova función ás oito da tarde e o domingo 5 unha terceira oportunidade ás seis da tarde. Con esta variedade de horarios procúrase que todas as persoas que o desexen poidan ter oportunidade de achegarse para participar nalgunha das representacións.

A “Enciclopedia Álvarez” é sen dúbida, o libro que con máis claridade identificamos coa escola da época franquista. Un compendio de saberes reunidos nun ÚNICO volume como símbolo daquela escola centrada na transmisión do pensamento “único”, da ideoloxía “única”, da lingua “única”, da relixión “única”,...

A nosa “Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de...

leer más
24/10/2017

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.