Barreiros

14/07/2017

Este domingo, 16 de xullo, arrinca no Eido Dourado o ciclo de concertos denominado Sons no solpor coa actuación do grupo vigués Ghaveta que fai música tradicional galega personalizada. Será a partir das 22:00 horas a carón da praia de A Pasada. Este ciclo prolongarase ata o 20 de agosto e Celso Dourado convida a asistir a estes concertos nos xardíns deste espazo dedicado ao arte. 

Celso Dourado anunciou que “este domingo, a partir das dez da noite, arranca no Eido o ciclo musical Sons no solpor. Este domingo vai iniciar os concertos un grupo da provincia de Pontevedra, radicado en Vigo, que se chama Ghaveta”.

O artista barreirense explicou que “é un grupo de música tradicional galega cunha orixe na zona de Vigo. É un cuarteto que naceu máis ou menos polo 2013. Despois de varios anos de concertos no 2015 publicaron...

leer más
12/07/2017

O Eido Dourado, en Barreiros, acollerá por segundo ano consecutivo laboratorios creativos para nenos e nenas. Serán impartidos por Lucía Vila todos os mércores ata o 16 de agosto, en horario de sete a oito da tarde. As prazas están cubertas neste primeiro obradoiro, no de hoxe, pero para as vindeiras sesións a inscrición está aberta no propio Eido Dourado ou a través do teléfono 610 90 24 58.

Lucía Vila, pintora e licenciada en Historia do Arte, sinala que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.

A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engade que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos...

leer más
29/06/2017

Este sábado, 1 de xullo, arrinca a novena tempada do Eido Dourado que inclúe obradoiros creativos para os máis pequenos/as así como diversos concertos e recitais de poesía. O Eido Dourado, este espazo dedicado ao arte ao pé da praia da Pasada, reabre cunha renovada exposición de pintura do seu creador, Celso Dourado. O Eido Dourado abrirá pola mañá e pola tarde, de martes a domingo ata o 31 de agosto.

Celso Dourado anunciou que “este sábado, a partir das once e media, abriremos as portas nesta nova edición do Eido Dourado cunha exposición renovada na súa maior parte, e que permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto coa correspondente actividade cultural”.

O artista barreirense contou que “este ano vai haber a promoción de doce actividades, seis nas terrazas do Gaivota pola súa capacidade, e seis no Eido...

leer más
27/06/2017

Este sábado, día 1 de xullo, celebrarase a romaría de Santo Estevo do Ermo con diversas actividades organizadas polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración da asociación Barreiros Mar e Monte. O evento foi presentado hoxe, martes, polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.

As actividades comezarán ás 11 da mañá co inicio dunha ruta a pé, que sairá dende a Casa do Concello, en San Cosme de Barreiros. Ás 13 horas na capela de Santo Estevo do Ermo celebrarase misa e procesión e despois haberá unha degustación de empanada de sardiñas. Ás 14 horas empezará a sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Epo-K. A partir das catro da tarde haberá xogos infantís e torneo de tute, con trofeos e agasallos para os participantes. E desde as oito da tarde...

leer más
Etiquetas:
22/06/2017

Barreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.

Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.

Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
14/06/2017

A Concellería de Cultura barreirense organiza, un ano máis, unha excursión gratuíta a Cedeira e San Andrés de Teixido. Será o día 27 de xuño. 

A inscrición, ata cubrir prazas, pode facerse nas oficinas xerais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas, segundo explican desde o departamento de Cultura. 

 

Etiquetas:
09/06/2017

Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.

Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia. 

A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
19/05/2017

El restaurante Moby Dick, situado en la playa barreirense de Altar, organiza la Jornada Gastronómica de la Parrilla, que tendrá lugar los días 20, 21, 27 y 28 de mayo.

Las personas que se acerquen a esta instalación hostelera podrán degustar churrasco de cerdo por 6 euros la ración, black angus a 9 euros, chuletón de vacuno de 1 kg por 17 euros, entrecot de vacuno a 10 euros, chorizo criollo a 1,50 euros y chorizo rojo a 1,50 euros.

La nueva gerencia del restaurante Moby Dick anima “a acudir a disfrutar de esta primera Jornada Gastronómica de la Parrilla. Todos los que asistan entrarán en el sorteo de un jamón ibérico”. 

 

16/05/2017

O Concello barreirense celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto, que se celebrará mañá, 17 de maio, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Dará comezo ás 19:30 horas e contará coa actuación da Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a Coral de Barreiros.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura. 

 

10/05/2017

O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.