Barreiros

Etiquetas:
31/10/2016
En Barreiros o colectivo cultural Ollomao organiza a I Carreira Popular Ao Son do Masma. Será o 5 de novembro.
 
O colectivo cultural Ollomao de Barreiros organiza o sábado 5 de novembro a I Carreira Popular Ao Son do Masma.
 
O pasado 9 de outubro tivo lugar unha limpeza simbólica arredor do río vinculada á limpeza simultánea de ríos organizada por ADEGA e de aí a celebración desta I Carreira Popular.
 
A realización de actividades deportivas foi unha novidade incorporada recentemente aos estatutos de Ollomao, que se estrea coa realización desta carreira como medio para dar a coñecer o entorno do río Masma ás persoas que gusten do deporte.
 
A I Carreira Popular Ao Son do Masma está pensada como unha ocasión para reunir en Celeiro de Mariñaos a persoas que desexen participar nunha proba deportiva...
leer más
Etiquetas:
19/10/2016
Ollomao inicia en Barreiros un novo curso de "A Lanterna Máxica", un obradoiro de literatura, teatro e cinema para a participación infantil e xuvenil.
 
Este domingo, 23 de outubro, ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión gratuíta para coñecer o obradoiro.
 
Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.
 
Esta actividade está pensada para que as nenas e nenos por medio do xogo coñezan e comprendan textos literarios galegos e o contexto dos mesmos,...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
O 17 de outubro darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros.
 
O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16 a 18 horas. 
 
Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”....
leer más
10/10/2016
Barreiros acollerá obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para adultos e para nen@s de 5 a 12 anos. Serán de outubro a maio.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Barreiros  e a Oficina de Información Xuvenil organizan obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para adultos e para nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade.
 
A actividade para os adultos realizarase desde este mes de outubro ata maio de 2017 os luns e venres de 10:30 a 11:30 horas.
 
O obradoiro para nenos e nenas de 5 a 12 anos desenvolverase desde o 2 de novembro deste ano ata maio de 2017 os mércores de 17:20 a 18:20 horas.
 
Nos dous casos levaranse a cabo no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, onde tamén se recollen as inscricións, concretamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil. As prazas...
leer más
Etiquetas:
06/10/2016
Os días 15 e 16 de outubro celebrarase en Barreiros a carreira Monte Comado. O evento foi presentado no Concello.
 
O Concello acolleu a presentación da carreira Monte Comado que terá lugar os días 15 e 16 de outubro. Está organizada pola asociación comisión veciñal de Reinante e pola peña barcelonista San Miguel e conta coa colaboración de Casa Elena Turismo Rural, Actibot, Café Bar Moderno, Hotel Río Masma, Pinturas Centeno, Concello de Barreiros e Agrupación de Protección Civil de Barreiros. 
 
O día 15 terá lugar a III ½ km Vertical Monte Comado con saída ás 17:00 horas dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante). O mesmo día tamén se disputará un mini trail infantil no cumio de Monte Comado a partir das 18:00 horas.
 
Xa o día 16 de outubro ás 10:00 horas darase a saída o II Trail Monte Comado con 21 km e un desnivel de +1350 aprox. (saída e...
leer más
21/09/2016
O 3 de outubro darán comezo en Barreiros os cursos de manualidades, que organiza o Concello e que se impartirán en San Pedro, en San Xusto e en Celeiro de Mariñaos.
 
O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais. 
 
Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.
 
Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”. 
 
Etiquetas:
15/09/2016
A Ruta das Fachas, que organiza o Concello de Barreiros, terá lugar o 17 de setembro. Os asistentes percorrerán 8 quilómetros entre escudos, muíños, igrexas e un xacemento arqueolóxico.
 
O Concello organiza a Ruta das Fachas, que terá lugar este sábado, día 17, por San Xusto. Os que acudan a esta andaina poderán ver casas con escudos, muíños, a capela de San Antón no Val do Caínzo, as Fachas, Pena Corveira, a igrexa parroquial (que data do século XVI) e algún cruceiro. A Ruta das Fachas foi promovida polo profesor Emilio Piñeiroa, que acudiu á presentación na que participaron o alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez. 
 
O edil barreirense explicou que “se vai realizar o día 17, sábado. É unha ruta que deseñou o profesor Emilio Piñeiroa Lozano, que estivo moi vinculado aquí a Barreiros, deu clases en San Miguel de Reinante durante moitos anos. Foi o promotor desta ruta, deseñouna...
leer más
29/08/2016
O Praias de Barreiros enfróntase no seu primeiro encontro de pretempada ao Prone Lugo FS. Será o 30 de agosto no pavillón municipal barreirense.

 

Mañá, 30 de de agosto, ás 20 horas o Praias de Barreiros xoga o seu primeiro encontro de pretempada. Os barreirenses enfrontaranse no pavillón municipal de Barreiros ao Prone Lugo FS, equipo da segunda división do fútbol sala español.

Desde o club barreirense fan unha chamada aos amantes do fútbol sala para que acudan a disfrutar desta cita.

Etiquetas:
26/08/2016
O 4 de setembro celebrarase a IV Carreira Popular Benquerencia Terra-Mar. A inscrición remata o día 1.
 
A IV carreira popular Benquerencia Terra-Mar terá lugar o 4 de setembro na praia de Fontela.
 
A proba comezará ás 11:00 horas e o prazo de inscrición remata o 1 de setembro. Para as categorías menores a inscrición é gratuíta e pode facerse en www.carreirasgalegas.com, www.benquerenciaterramar.jimdo.com, no Concello de Barreiros no teléfono 982-124 002 ou na directiva do C.I.R. de Benquerencia. A distancia da carreira para os pitufos será de 100 metros, 350 metros para pre-benxamín, 850 metros para benxamín, 1.700 metros para alevín e infantil e 3.000 metros -1.500 en asfalto, 300 na beira da auga e 1.200 en area- para os cadetes....
leer más
25/08/2016
O Eido Dourado, en Barreiros, pecha as súas portas este domingo, 28 de agosto. Será ata o vindeiro verán.
 
O Eido Dourado, na praia de A Pasada en Barreiros, recibiu este verán a visita de máis de 3.000 persoas. E  os Concertos ao Solpor tiveron unha afluencia de público que superou as 200 persoas cada noite dos cinco domingos nos que se celebraron. O 28 de agosto o Eido Dourado pecha as rúas portas ata o vindeiro verán. 
 
O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “pechamos o vindeiro domingo, día 28, a oitava edición do Eido Dourado. Todos os anos temos un pequeno in crescendo, pero este 2016 en concreto realmente foi moi bo, moi positivo tanto na labor interna do Eido Dourado como na propia acollida por parte da xente”.
 
Celso Dourado salientou que...
leer más