Barreiros

06/11/2018

O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.

A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.

Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. 

 

25/10/2018

O grupo de teatro Ardora poñerá en escena en Barreiros Amor filial, unha traxicomedia sobre as relacións entre as diferentes xeracións dunha mesma familia. Será o vindeiro domingo, 28 de outubro. 

A representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:00 horas. Colabora coa institución provincial a Concellería de Cultura de Barreiros. 

 

Etiquetas:
03/10/2018

Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros. 

O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte. 

O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.

O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista...

leer más
01/10/2018

O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.

Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.
Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.

 

Etiquetas:
25/09/2018

San Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.

O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.

... leer más
Etiquetas:
06/09/2018

A Concellería de Turismo convoca o 1º Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias.
A temática é libre e as imaxes presentadas terán que recoller a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc… de Barreiros. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodebarreiros.com

As fotografías deberán presentarse no Concello de Barreiros, e a data límite de admisión de orixinais é o día 15 deste mes de setembro.

Esta primeira edición do Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias outorgará dous premios en metálico: 100 euros para o gañador e 50€ para o segundo. 

A entrega de premios terá lugar 27 deste mes no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 12:00 horas.

 

Etiquetas:
04/09/2018

As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...

leer más
23/08/2018

O Concello colabora coa organización das festas de San Bartolo, que se celebran do 22 ao 24 de agosto en San Cosme de Barreiros e nas que por primeira o programa dos festexos ten unha duración de catro días. As tres primeiras xornadas festivas celébranse na zona da praia de Altar e o sábado as actividades terán lugar na praza do Concello. Ese día, o 25 de agosto, será a gran cea popular diante do Concello na que os organizadores esperan reunir unhas 400 persoas. Os tíckets poden adquirirse ao prezo de 18  euros. As festas de San Bartolo daban comezo onte cunha sardiñada e verbena, e seguirán hoxe con sesión vermú e verbena. Mañá, festivo local, haberá misa, procesión e tamén verbena.

O presidente da comisión organizadora dos festexos, Jesús Palmeiro, explicou que “este mediodía actúa el Arco da Vella, luego hay la sesión vermú y por la...

leer más
Etiquetas:
19/08/2018

A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha ruta aos Lagos de Saliencia en Asturias, que terá lugar o vindeiro xoves, día 23 de agosto. A inscrición péchase o martes. 

A presidenta da asociación Barreiros Mar e Monte, Belén Antolín, manifesta que “consiste en una excursión a la ruta de los lagos de Saliencia, que está en el parque natural de Somiedo. Salimos a las ocho de la plaza del Concello. La ruta es de ocho kilómetros y medio, pero es apta para todos porque es circular, por lo que se puede acortar”.

Antolín engade que “tenemos pocas plazas así que si a alguien le interesa que reserve ya. El precio es muy atractivo también porque son 15 euros con el menú y el autobús. Es todo el día y volveremos sobre las ocho. Quien se quiera apuntar puede hacerlo en el teléfono 622 75 80 79, y los tíckets están a la...

leer más
17/08/2018

O concerto que A Banda da Loba ofrecerá o vindeiro domingo, 19 de agosto,  no Eido Dourado servirá como despedida deste espazo, que pecha as súas portas tras dez anos dun proxecto dedicado ao arte e situado na praia barreirense de A Pasada. Acaba o ciclo de concertos Sons no solpor e péchase o Eido Dourado, que durante dez veráns acolleu infinidade de actuacións musicais, recitais de poesía, visitas guiadas e talleres para nenos e nenas, entre outras actividades. O artista Celso Dourado asegura que o espírito do Eido Dourado seguirá, pero fora de Barreiros.

Dourado anunciou que “neste concerto de despedida do Eido Dourado imos contar cun grupo ao que lle teño moito cariño. É un grupo, de nome A Banda da Loba, de música galega e integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias para crear un proxecto común. Mesturan o pop, o...

leer más