Burela

Etiquetas:
12/01/2023

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola ruta do río Trimaz, entre Cabreiros e Xermade. Será este sábado, 14 de xaneiro. 

Trátase dunha ruta de 10 quilómetros moi bonita o lado do río, a única dificultade que ten é unha pequena subida pero nada fora do normal, é moi sinxela. Recomendase levar botas e bastón xa que o suelo é bastante esvaradizo. Para anotarse coma sempre e o día límite o xoves día 12.

Etiquetas:
06/01/2023

A Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado, 14 de xaneiro, ás 20:30 horas o concerto presentación do disco Origen do viveirense David Catá. Catá é un artista multidisciplinar recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina a fotografía, a videocreación, a pintura e a música. 

Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e que acadou numerosos premios agora da un novo paso coa creación do seu primeiro álbum musical que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e que ten moito de autobiográfica. 

O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será de balde.

 

Etiquetas:
04/01/2023

Todo está listo en Burela para a tradicional cabalgata de mañá. Os reis percorrerán as rúas da vila en renovadas carrozas. Hoxe foron supervisadas polo alcalde, Alfredo Llano, e por responsables de Ledicia e da Acia local. 

O rexedor contou que “estivemos observando esta mañá as carrozas para os Reis Magos, que están xa case rematadas para que desfilen mañá, xoves, por todo Burela practicamente, polo centro e ata o auditorio municipal”. 

Para Llano “traballouse ben e fixéronse unhas carrozas moi atractivas para que vaian nelas os Reis e que, ademais de levar os regalos para os rapaces e rapaces, a cabalgata sexa un espectáculo moi vistoso e importante”.

O alcalde animou á veciñanza a saír a gozar da cabalgata: “polo tanto animo a todo o pobo a que vaia a partir das sete da tarde, cando...

leer más
Etiquetas:
02/01/2023

O coñecido actor galego Xosé Antonio Touriñán chega este sábado, 7 de xaneiro, a Burela con “Recortes, caneos e outras formas de driblar”. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. 

Trátase dunha montaxe teatral que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de “Fariña, o espectáculo teatral” Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta "Recortes, caneos e outras formas de driblar" é unha viaxe...

leer más
Etiquetas:
27/12/2022

O 6 de maio de 2023 ás 20:00 horas Luis Piedrahita presentará na Casa da Cultura de Burela o seu novo monólogo "Es mi palabra contra la mía". 

Trátase dun espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luis Piedrahita analiza por que ninguén está contento co que lle tocou. Unha vez máis Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas. Un show no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.

As entradas xa estáná venda en https://bit.ly/3jqmjkZ

Etiquetas:
22/12/2022

O 30 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio de Burela terá lugar Máxica-Mente, un evento organizado pola Asociación de Magos da Mariña e pola Asociación de Saúde Mental A Mariña, coa colaboración do Concello. Os magos  (Pi, Senín, Paredes, Aris e Joge) encherán de ilusión o auditorio. O prezo das entradas, que se venderán o mesmo venres no Auditorio, será de 5 euros. O recadado irá destinado á Asociación de Saúde Mental A Mariña. 

Etiquetas:
21/12/2022

O 29 de decembro ás 19:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela o musical La gran aventura de los Reyes Magos de Artes Escénicas Gaudium. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, considera que se trata “do mellor agasallo deste Nadal. É un musical para toda a familia, interpretado en rigoroso directo, que conta unha orixinal e divertida historia sobre os reis magos”. 

O edil burelés sinala: “pensamos que é a mellor maneira de despedir este ano coas nosas fillas e cos nosos fillos”.

É Nadal e corre a voz de que un pequeno neno acaba de nacer nun cortello nos arredores de Belén. A misión de difundir a gran noticia foi asignada á divertida pero despistada Estrela, á que lle encomendaron a súa primeira misión desde que saíu da Academia de Estrelas Fugaces e que debe viaxar polo mundo...

leer más
Etiquetas:
20/12/2022

A Concellería de Deportes organiza un Campamento de Nadal, que terá lugar do 26 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos. Son 60 as prazas que se ofertan para as nenas e os nenos de Burela. A inscrición estará aberta este xoves e este venres. 

O edil Ramiro Fernández Rey contou que “o Campamento de Nadal será desde o 26 ata o 30 de decembro no pavillón dos institutos de 10 a 14 horas. Este campamento vai contar con actividades deportivas, obradoiros de Nadal, xogos alternativos e unha festa con inchables. Ten un límite de inscrición de 60 persoas e todos os interesados poderán apuntarse no Concello por mediación do técnico de Deportes, que terá un sitio habilitado para iso o xoves e o venres entre as 10 e as 13 horas”. 

O concelleiro de Deportes relatou que “ademais disto para o día 2 de xaneiro vamos ter unha...

leer más
Etiquetas:
19/12/2022

O alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben, que visitaron as instalacións do taller de cerámica da Fundación Eu Son, destacaron o traballo realizado e sinalaron que as compras de Nadal son unha boa ocasión para apoiar a este colectivo que agora conta con tenda online.

O taller de cerámica da Fundación Eu Son xa ten a súa tenda online. Carmela López lembrou que “Cerámica Eu Son é o taller do centro ocupacional desta Fundación, na que se elaboran produtos de forma totalmente artesanal e con moito cariño. As súas creacións son o resultado do moito esforzo, da dedicación e da constancia coa que traballan estas persoas. Este taller favorece a súa mobilidade e fomenta a creatividade e a imaxinación, promovendo deste xeito a súa inclusión”.

David, Miguel...

leer más
Etiquetas:
16/12/2022

A Casa da Cultura de Burela acolle este domingo, día 18 de decembro, ás 18h, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), nunha proxección con coloquio posterior que contará coa participación do equipo do filme e mais das súas protagonistas. O acceso será libre, grazas á colaboración do Concello de Burela, que cedeu o espazo gratuitamente.

O documental, que parte dunha investigación desenvolvida polo Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, retrata a importancia que ten o traballo das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. Vémolas cociñar, limpar, atender maiores e crianzas tanto nas súas localidades de orixe como na sociedade de destino, a galega, e comprendemos o impacto que ten...

leer más