Campionato

18/04/2024

Viveiro acollerá este sábado, día 20 de abril, o Campionato Galego Junior de Taekwondo, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal.

O evento foi presentado nun acto que contou coa participación da alcaldesa, María Loureiro. Participaron tamén Amaya Vilar, presidenta da entidade organizadora, ACD Ujeong; o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez; e o presidente do Centro Deportivo Jansu e representante da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Quintana.

María Loureiro sinala que “é unha marabillosa noticia que este evento deportivo de ámbito galego se desenvolva na nosa vila. Dende o Concello seguimos traballando por apoiar e impulsar todo tipo de deportes no municipio, que son ademais o mellor xeito de promover un estilo de vida saudable”.

04/04/2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  XV Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu e o II Interautonómico desta disciplina, o vindeiro sábado, 6 de abril. 

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Está prevista a participación de máis de 70 deportistas de toda Galicia e Asturias que competirán na modalidade de kata individual.

A proba disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

Haberá trofeos para os mellores participantes.

27/02/2024

O pavillón Antonio Tarrío, de Viveiro, acollerá este sábado, día 2 de marzo, o XLV Campionato Galego Sénior de Bádminton, organizado polo Club Bádminton O Cembedo, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e co Concello de Viveiro.

“Agradecemos o traballo do Club O Cembedo para organizar esta cita con arredor de cen xogadores sénior en Viveiro, polo que animamos á veciñanza a desfrutar da competición”, asegura o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.

Etiquetas:
06/02/2024

Será no pavillón polideportivo. O evento, que foi presentado hoxe, está organizado polo Club de Remo de Ribadeo, a Federación Galega de Remo e o Concello de Ribadeo e colabora a Área de Mocidade da Deputación de Lugo. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “no pavillón vanse instalar arredor de 40 ergómetros para este campionato galego no que participarán unhas 600 persoas. Ao tratarse dun campionato galego aquí estarán os campións destas fins de semanas atrás”.

O edil ribadense engadiu: “para nós é un orgullo seguir acollendo a celebración de eventos deportivos deste calibre polo que supón para a promoción de Ribadeo e para a dinamización da hostalería local”.

E tivo palabras de agradecemento para “o Club de Remo de Ribadeo pola organización deste evento, no que...

leer más
Etiquetas:
04/02/2024

La asociación motera Motoreo organiza un campeonato de tute en A Pontenova para el día 2 de marzo, sábado. Se disputará desde las 19:00 horas en el Local de Sociedades.

Podrán participar un máximo de 64 parejas y las inscripciones deben hacerse a través de los teléfonos 676.47.95.84 o 617.93.55.56.

 

Etiquetas:
16/11/2023

Os partidos serán do 26 ao 30 de decembro 

O Concello de Viveiro será unha das sedes da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías sub 16 e sub 19 masculinas, un evento que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

O pavillón municipal de Viveiro presentará as súas mellores galas para ser testemuña dunha cita de primeiro nivel durante as festas de Nadal.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).

Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.

A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.

Etiquetas:
16/08/2023

Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos. 

O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Iván Cao, técnico municipal de deportes.

“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.

Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581...

leer más
22/06/2023

Trátase dun evento organizado polo club PentaLugo en colaboración coa  Federanción Galega de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada este mediodía polo concelleiro, David Rodríguez, o delegado da Federación Española de Pentatlón, Cristóbal Rodríguez e polo adestrador do Club PentaLugo, Ricardo Vera.

Achégate a desfrutar deste evento, que combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).

Terá lugar no porto de San Ciprián, o sábado desde as 11:00 horas e o domingo desde as 10:00 horas.

Contará coa participación de preto de 200 deportistas.

25/05/2023

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 27 de maio. 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

A representación mariñana estará conformada por uns 20 participantes, uns 40 en total, que competirán nas modalidades de kata e Goshin Sobu nas categorías infantil, benxamín, xuvenil e sénior.

A proba disputarase a partir das 11:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
Haberá trofeos e medallas para os tres mellores de cada categoría.