Cine

Etiquetas:
22/02/2015
Este mércores, 25 de febreiro, seguirá en Viveiro o ciclo de cine #Palestina organizado por Pensamento e Sementeira.
 
O vindeiro mércores, 25 de febreiro, e dentro do ciclo de cine #Palestina que organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos, actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”, ( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin...
leer más
Etiquetas:
19/02/2015
A Esmorga, de Ignacio Vilar, proxectarase este venres e este sábado, 20 e 21 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela.
 
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado. 
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar. 
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”. 
 
Etiquetas:
09/02/2015
Este mércores segue en Viveiro o ciclo de cine #Palestina, organizado por Pensamento e Sementeira. Será con dúas proxeccións no IES María Sarmiento.
 
O documental “Esta é a miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”,  Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres” de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en Viveiro na segunda sesión do ciclo #PALESTINA o vindeiro mércores, 11 de febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, e patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén desenvolvéndose  no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o aforo.  
 
Segundo explican desde Pensamento e Sementeira “o documental de  Giulia Amati e Stephen Natanson presenta a Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos...
leer más
Etiquetas:
10/12/2014
Este venres o Cine Teatro de Ribadeo acollerá a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino do Concello. Máis de 200 alumn@s participan nesta nova edición.

 

O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.