Escolas

Etiquetas:
28/04/2015
Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 95 prazas en pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela.
 
Hoxe ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007. As modalidades que se ofertan neste 2015 son: pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. 
A cota da matrícula é de 40 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente que o Concello ten en Caixa Rural antes do comezo da escola e indicando no concepto: matrícula escola deportiva, así coma o nome do rapaz ou rapaza matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. Existe a posibilidade de subvencionar a matrícula, segundo a ordenanza de bases de acceso a prestacións económicas para actividades dirixidas a menores, organizadas polas Concellarías de Cultura, Educación e...
leer más