Foz

Etiquetas:
24/05/2023

A Espiñeira, na parroquia focega de Vilaronte, celebrará unha nova edición da súa feira de gando o 18 de xuño, domingo.

Empezará ás 10:00 horas, ás doce do mediodía haberá pasarrúas e a partir das 13:00 horas, sesión vermú con música, cantina e pulpería. Ademais haberá inchables para os máis cativos.

Celebraranse carreiras de andadura e haberá premios para os mellores exemplares de gando.

 

Etiquetas:
19/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación do libro “Tan odioso como yo”, de Antonio Rodríguez Baixeras.

Trátase da biografía de Francisco de Toledo, aristócrata do século XVI, que recorreu Europa acompañando a Carlos V e foi nomeado virei do Perú por Felipe II deixando fonda pegada nas súas tres grandes cidades: Cuzco, Lima e Potosí. En América é coñecido sobre todo por ter dirixido a execución do descendente inca Tupac Amaru.

 

Etiquetas:
18/05/2023

A Delegación de Xuventude volve co programa Aberto x Vacacións. Desde o Concello focego sinalan que “o verán en Foz é sinónimo de diversión, e deso sabemos moito en Aberto x Vacacións”.

O programa está destinado a nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019, de luns a venres. Con horario de 10:30 a 13:30 horas “e se es das/os que madrugas, con Plan Érguete, a partir das 9 da mañá”.

Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,…

A preinscrición está aberta ata o 31 de maio.

16/05/2023

Chega unha data moi agardada, o 17 de maio, día das Letras galegas. Desde a Biblioteca Pública “Salgado Toimil” e os servizos de cultura e normalización lingüistica do Concello de Foz unímonos a esta celebración visibilizando o noso compromiso coa lingua e coa literatura galega ofertando as seguintes actividades lúdicas e formativas:
 
-“Unha galaxia chea de estrelas: Francisco Fernández del Riego”. Narración oral amenizada por Caxoto con música e cantigas o xoves 18 de maio ás 18:30 no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María”. Entrada gratuíta. Duración 50-60 minutos. Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante...

leer más
Etiquetas:
11/05/2023

Xa se coñecen os nomes das persoas gañadoras do sorteo do día da nai de AciaFozCCA, que repartiu 1.500 euros en premios. 

As 15 afortunadas e afortunados, premiados con 100 euros en vales de compra cada un son: 

Pepi García por unha compra realizada en Ofifoz
Antonio Ortiz en Xoyma
Ana Rosa Sante en Infotec 
Saturnino Fernández en Electricidad Núñez
María Lago en Dermoterapia
Inés Paz por unha compra realizada en Librería Bahía 
Elida Fernández en Fauna
Ana Peláez en Longarela 
Elena Martínez en Chuvia 
Gema Vázquez en Kukadas 
Vanesa Álvarez en Vass
María José Pérez por unha compra realizada Ginzo
Begoña López en Clínica Maasaude
Isabel García en Decoraciones Pura
Nuria Fernández en Lourdes Moda 

O sorteo...

leer más
Etiquetas:
09/05/2023

Como é percorrer 10.000 millas en bici pola cidade repartindo comida a domicilio? Que acontece con esa experiencia en mans de quen ten capacidade de facer con ela literatura? Que nos aprende de nos e do noso entorno?
 
Este venres, 12 de maio, ás oito e media da tarde, estará na Librería Bahía, de Foz, Xabier Cid para falar de todos estes temas presentes no seu  libro “10.000 millas de andar na bici”.
 
Trátase dunha actividade enmarcada no programa do club de lectura A carón dos libros, que é aberta para todo o público.

 

Etiquetas:
08/05/2023

A romaría focega do Bispo Santo, a carón da ermida de San Gonzalo, celebrarase os días 14, 19, 20 e 21 de maio. Está organizada pola Asociación Civicocultural Obispo Santo.

O domingo 14 de maio ás 16:30 horas farase o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica ao monte da Grela e posteriormente haberá unha charla a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios.

Para o venres 19 está programada unha festa verbena amenizada polos grupos D´Cano e Fussión.

O sábado 20 as actividades empezarán ás 13:30 horas con misa e despois sesión vermú co grupo Ritmo Joven. A continuación actuará a banda de gaitas Dambara, de Burela, e ás 17:00 horas haberá un espectáculo infantil a cargo de Cé Orquestra Pantasma. Seguidamente a música correrá a cargo de Dj Litainer e a festa verbena estará amenizada polas...

leer más
Etiquetas:
02/05/2023

O salón de beleza Briz, de Foz, decidiu dedicar o seu escaparate a lugar de exposición de obras de artistas da zona. Esta iniciativa, que acaba de poñerse en marcha, inaugurouse cunha mostra de varias pezas da ceramista Chus Lage.

A propietaria do salón de beleza Briz, Kathy Navarro, decidiu levar a cabo esta idea porque “o local ten un gran escaparate cara á Avenida da Mariña, que é unha das rúas principais de Foz, e creo que é unha boa maneira de aproveitalo. Empezamos esta iniciativa con pezas da ceramista mindoniense Chus Lage, que estarán expostas durante todo este mes de maio. Despois iremos facendo o mesmo con obras doutros artistas da zona”.

Chus Lage explica que empezou no mundo da cerámica no ano 1986 en Mondoñedo “con un alfarero de la zona al que chamaban Patrulla. Con él estuve 10 años y durante ese...

leer más
Etiquetas:
30/04/2023

Desde O Atrio explican: “chegou a hora de presentarvos todas as actividades que se levarán a cabo no II Mercado de Produtos Locais Aos Pés de Cornería, que se celebrará en Vilaronte”.

O domingo, 7 de maio, ás dez da mañá terá lugar a apertura do mercado. Ás 11 haberá unha  charla sobre técnicas de conservación de alimentos e envasado de produtos da horta, que será impartida por Jesús Villarino e Bruno Penada Asociación de Cociñeiros de Lugo. 

Ás 11:30 horas pasarrúas a cargo de Os Petapouco, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe. Tamén a esa hora dará comezo un obradoiro para nen@s. Ás 12:30 horas está prevista a actuación do Cuarteto Tradicional Xaramolo (Programa Tradigalu 2023- Vicepresidencia. Deputación de Lugo). Ás 13:30 horas vermú toxo con Toxo Guayaba 

Pola tarde a partir das 16:00...

leer más
Etiquetas:
28/04/2023

AciaFozCCA colaborará por sexto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 4 ao de 17 maio. 

Pilar García representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala. 

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas aos donativos que @s seus clientes queiran depositar. 

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde AciaFozCCA tamén queremos un ano máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda é importante”. O presidente de AciaFozCCA...

leer más