Karaoke

Etiquetas:
29/11/2016
Xa está aberta a inscrición para participar no VI Concurso de Karaoke, que se celebrará en Xove o 23 de decembro.
 
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes en Xove vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa sexta edición, o 23 de decembro, a partir das 21:30 horas
 
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
 
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello...
leer más
Etiquetas:
26/03/2015
Fraga das Saímas convoca o I Concurso de Karaoke no marco da súa 8ª Festa do Medio Natural, que terá lugar o 18 de abril.
 
A Directiva Fraga das Saímas ven de abrir o prazo de inscrición para participar no seu Iª Concurso de Karaoke, onde @s amantes da música e a  canción teñen a oportunidade de disfrutar da súa afición compartindo coa asociación un sábado de festa, alegría e bo humor.
Só as quince primeiras persoas que se animen a chamar, antes do 10 de abril, para inscribirse no concurso serán as afortunadas en  participar na 1ª etapa eliminatoria do Karaoke que se celebrará o 18 de abril a partir das 13.00 horas, podendo conquistar un dos  premios se logran pasar a gran Final ou Semifinal.
@s concursantes, que poderán participar en solitario ou como compoñentes dun grupo, terán que elixir como máximo 3 cancións coas que van a participar,  debendo indicarnos os títulos das mesmas no momento da inscrición. 
Os premios serán para as tres mellores...
leer más