Nai

Etiquetas:
24/04/2018

Do 27 de abril ao 6 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai, que organiza o CCA de Foz e que foi presentada polo vicepresidente, José Ginzo, e pola secretaria, Olaya Pedrosa. 

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA/CCA entrarán no sorteo de 5 vales por importe de 50 euros cada un e de 5 tratamentos de beleza. 

O sorteo terá lugar o 9 de maio en Radio Foz. 

Desde o Centro Comercial Aberto focense animan “a realizar as compras do Día da Nai no comercio máis próximo, no que temos a carón das nosas casas, en Foz. Os nosos locais contan con todo o que precisamos para renderlles a homenaxe as nosas nais, nesa xornada tan especial, que se celebra o vindeiro 6 de maio”. 

Renovación xunta directiva
A ACIA/CCA...

leer más
Etiquetas:
25/04/2017

Túa nai é unha xoia así se denomina esta campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados deberán cubrir as papeletas que atoparán neses locais e así terán a posibilidade de entrar no sorteo de 3 xoias, que terá lugar o día 9 de maio.

Os gañadores ou gañadoras recibirán un cheque por importe de 100 euros e serán @s afortunad@s mesm@s os que se dirixirán ás xoierías Azabache, Modesto G ou Gutié a elixir a súa xoia. Estos tres comercios foron os elixidos para participar nesta campaña porque son as xoierías de Acisa.

Desde Acisa o seu presidente, David Martínez, sinala que “este é un bo momento para apostar unha vez máis polo comercio máis próximo, o que temos a carón das nosas casas, para facer as compras do...

leer más
Etiquetas:
25/04/2017

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña do Día da Nai, que inclúe o sorteo de vales de compra por un importe total de 400 euros e conta coa participación de 55 establecementos asociados.

Os clientes que merquen desde o 28 de abril ata o 7 de maio nos locais participantes poderán resultar premiados con un dos 5 vales de compra de 80 euros cada un que se sortearán o día 10 de maio ás doce do mediodía a través de Radio Foz.

Os establecementos que participan nesta campaña son: 100p´s Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Ana Fabeiro Arte Floral, Arrullos, AyN Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato,...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

O Centro Comercial Aberto de Burela organiza unha campaña con motivo da celebración do Día da Nai, o domingo 7 de maio.

Baixo o lema Mímate Mamá sortea 500 euros en vales de compra. As papeletas para participar no sorteo entréganse coas compras realizadas nos establecementos asociados ao CCA  Burela, ata o mesmo 7 de maio.

Os vales de compra sorteados será para consumir nos sectores de Moda/Zapatería/Complementos, Hostelería, Peluquería/Estética, Relax/Spa/Masaxes e Dietética/Saúde.

O sorteo non presencial celebrarase o venres 12 de maio.

 

Etiquetas:
21/04/2016
Ata o 29 de abril permañece aberta a campaña do día da nai de Acisa Ribadeo, a "Fashion nai", no facebook. A asociación repartirá 500 flores polas rúas da vila o 1 de maio.
 
Ata o vindeiro 29 de abril está aberta a campaña do día da nai de Acisa denominada Fashion nai. Desde a directiva lembran que “as mamás que o desexen poden facerse un selfie nas tendas asociadas e a súa compra pode saírlles gratis. Para coñecer máis polo miúdo a campaña, que puxemos en marcha hai uns días, o único que teñen que facer é entrar na app Fashion nai no facebook e participar”.
 
Acisa engade que “entre todas as fotos recibidas a que reúna máis votos, máis me gustas en facebook, poderá conseguir gratis a súa compra ou unha por igual valor. A compra pode ser dende roupa ou calzado, ata un libro, un electrodoméstico, unha xoia… A campaña desenvólvese en todos os establecementos asociados. A cantidade que abonaremos, como...
leer más
Etiquetas:
19/04/2016
Acia Burela sortea un bono de 500 euros para unha viaxe dentro da campaña do día da nai. O eslogan elixido é "Mamá elixe o destino".
 
Os comercios de ACIA Burela levan a cabo a campaña con motivo do Día da Nai.
 
Baixo o lema "Mamá elixe o destino" sortearán un bono de 500 euros para 1 viaxe. Esta campaña desenvólvese do 18 ao 30 deste mes de abril e os clientes recibirán coas súas compras, participacións para entrar no sorteo da viaxe.
 
ACIA Burela continúa deste xeito coas súas iniciativas para promocionar e impulsar o comercio na localidade diante desa data tan sinalada no calendario comercial como é o Día da Nai, o primeiro domingo de maio.