O Vicedo
A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.
Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.
Presentouse no entorno das praias de Caolín e Vidreiro a cuarta edición do Trail do Vicedo, acto que contou coa presenza do alcalde, José Jesús Novo Martínez; membros do Club Lar Trail e Montaña, coorganizadores do evento; e Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste trail. O evento terá lugar o domingo 19 de maio.
A organización anuncia que “igual que os anos anteriores hai tres probas: un trail de 25 quilómetros, outro de 15 quilómetros e unha andaina, tamén de 15 quilómetros, que discorren por unhas paraxes espectaculares como son o entorno do Fuciño do Porco, as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Hai que destacar algunhas novidades respecto a outras edicións: acúrtase o trail longo a uns 25 quilómetros; hai varios tramos novos, sobre todo no inicio do trail longo e en zonas da costa onde se pasa máis cerca do...
leer másA aula Cemit do Vicedo acollerá unha sesión formativa práctica gratuíta titulada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”. Será o luns 29 de abril de 18:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse na propia aula CeMIT, a través do teléfono 982.590.195 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.
Este venres e sábado, 19 e 20 de abril, e os seguintes, 26 e 27 de abril, entre as 20:00 e as 23:00 horas terá lugar a XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Os locais de restauración do concello poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia ao prezo de 3,50 euros. Os comensais terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas máquinas amasadoras de cociña.
Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizarase unha valoración para escoller o mellor pincho desta XIV Ruta de Pinchos. O premio para o local co mellor pincho e para os clientes afortunados coas dúas amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o luns 29 de abril as 19:00 horas.
Este primeiro fin de semana do venres 19 e sábado 20...
leer másO Concello de O Vicedo organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será este sábado, 20 de abril, ás 17:00 horas no Teleclube de Riobarba.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de O Vicedo. Ademais, Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Construíndo conciencias”, que é o que se vai...
leer másO Vicedo acollerá unha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo. Este evento deportivo está organizado pola Peña Ciclista Lar e o prazo de inscrición remata este mércores, 27 de marzo.
Haberá andaina, trail curto e trail longo. Os participantes serán trasladados en autobús desde o peirao de O Vicedo e ao finalizar as probas haberá duchas e pinchada no polideportivo de O Vicedo.
Na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha charla sobre nenos e nenas con mal comportamento e como axudalos. Será o luns 4 de marzo ás 17:00 horas.
Esta actividade será impartida por Carolina García Chico, que é pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar.
Organiza o colectivo Educando en Familia e colabora o Concello do Vicedo.
A aula Cemit do Vicedo organiza cursos gratuítos para adultos sobre iniciación a internet, o uso do móbil, mecanografía, procesador de texto e folla de cálculo. Hai varios horarios dispoñibles de luns a venres entre as 16:00 e as 20:00 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre esta actividade na aula Cemit ou chamando ao teléfono 982.59.01.95.
Volve o teatro afeccionado á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión o domingo 11 de febreiro ás 19:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, presenta unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero con 3 obriñas: "Sangre gorda", "Mañanita de Sol" e "Ganas de Reñir".
A organización desta actividade destaca que “este grupo de teatro afeccionado Andanzas xa estivo en máis ocasións no Vicedo e sempre con gran éxito”.
A aula Cemit do Vicedo organiza cursos para nenos gratuítos de mecanografía, ofimática, programación e internet. Serán os martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden obter máis información sobre esta actividade na aula Cemit ou chamando ao teléfono 982.59.01.95.












