O Vicedo

Etiquetas:
15/10/2017

Xa están aquí as IV Xornadas Micolóxicas de Nordés Faladora.

O sábado, 21 de outubro, haberá unha saída ao monte da man do micólogo José Luis Cuba para 25 persoas, dende as 08:00 da mañá ata pasado o mediodía. Por iso recomendan levar non só os útiles mesmos (cesta, navalla) e roupa e calzado axeitado, senón tamén un bocadillo. “Quedaremos ás 08:00 horas nun aparcamento situado pasado o cruce da estrada de Grañas do Sor coa de As Pontes. Se sodes socias ou socios esta actividade é de balde. Se non o sodes, só son 5€ por persoa. Si vos apetece só tedes que chamar ao 653756454 ou enviar un e-mail a asociacon.nordes@gmail.com”, sinalan desde Nordés Faladora. 
 
E engaden que “se non vos interesa tanto recoller, pero si comer, ou as dúas cousas, temos un plan para a noite do sábado:...

leer más
Etiquetas:
23/07/2017

O programa comezará o venres coa lectura do pregón a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, ás 19:30 horas na Casa da Cultura. Ás 19:45 horas tamén na Casa da Cultura, terá lugar a charla que ofrecerá o arqueólogo Iñaki Sagredo baixo o titulo Resultados da investigación arqueolóxica e histórica en Os Moutillós, lugar situado sobre a praia de San Román. Tamén ese día empezará a ruta das tapas polos locais do Vicedo.

O sábado, 29 de xullo, é o día principal e ás 12:30 horas terá lugar o desembarco viquingo na praia de Area Grande en San Román, e posteriormente a recreación da batalla. Ás 12:45 horas comezará o espectáculo matinal con Queiman e Pousa para escenificar a loita entre viquingos e veciños de O Vicedo. A partir das 17:00 horas haberá obradoiros para todas as idades. A xornada rematará co espectáculo de Milson´s ás 22:30 horas...

leer más
Etiquetas:
20/05/2017

O Concello do Vicedo presentou o cartel da segunda edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará na praia de San Román o vindeiro sábado 29 de xullo. O acto de presentación, que tivo lugar na Casa da Cultura do municipio, contou coa presenza de Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; José Manuel Balseiro Orol, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; José Jesús Novo Martínez, alcalde do Vicedo; Mago Queiman e Andrea Pousa, directores artísticos do espectáculo; Iñaki Sagredo, arqueólogo; e Jesús Martínez, en representación da ACIA O Vicedo.

Na edición de 2017 a organización reforza a Romaxe Viquinga, cuxo pregón terá lugar o venres 28 de xullo a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo. Este mesmo día haberá ambientación musical polas rúas do Vicedo e os locais de hostelería ofrecerán unha ruta de tapas viquingas en...

leer más
Etiquetas:
08/05/2017

A X Ruta de Pinchos en O Vicedo celébrase os días 12, 13, 20 e 21 de maio.

As elaboracións dos nove establecementos participantes poden degustarse os venres e sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas, e os domingos de 12:00 a 15:00 horas. O prezo do pincho é 1´5 euros e haberá premio ao mellor elixido polo público. Ademais sortearanse dous vales de compra de 100 euros entre todos os votantes, un por cada ruta, doados polos propios establecementos.

A primeira ruta ten lugar o venres 12 e o sábado 13 en Cafetería Casa da Cultura, Mesón O Remo, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto e Merendero Los Árboles.
A segunda ruta desenvólvese o sábado 20 e domingo 21 en Chiringuito de Abrela en Suegos, Restaurante Area Grande e Casa Fanego en San Román, e Café-Bar Alba e O Folgueiro.

A...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

A ACIA de O Vicedo organiza a Xornada Gastronómica da Ostra que se celebrará os días 29 e 30 de abril, e 1 de maio.

Durante eses días poderá degustarse a ostra en distintas elaboracións a un prezo de 5 euros a ración.

Os locais participantes son La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo, Cafetería Casa da Cultura, Merendero Los Árboles en Xilloi, Casa Fanego e Restaurante Area Grande en San Román, e Café-Bar Alba.

Colaboran na celebración destas xornadas o Concello de O Vicedo, o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo da Unión Europea.

 

Etiquetas:
13/04/2017

A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá. 

A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.

Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.

A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.

A...

leer más
Etiquetas:
28/03/2017

A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o tradicional campionato de tute que terá lugar os días 8 e 9 de abril.

Trátase dunha actividade sociocultural máis ca un torneo propiamente dito xa que se desenvolverá en dúas tardes para facilitar a participación da xente en xeral en lugar de ser un maratón dos que se organizan na comarca.

O torneo comezará ás 15:30 horas do sábado ata as 21:00 horas, e retomarase a tarde do domingo coas fases finais.

A inscrición é de 30 euros por parella e pode facerse no número de teléfono 982 59 01 95.

Os premios serán para os gañadores o 60% da recadación e trofeos, para os subcampións o 30% da recadación e trofeos, e para os terceiros clasificados o 10% da recadación e trofeos. Ademais haberá trofeos para as dúas primeiras parellas...

leer más
Etiquetas:
14/03/2017

Nordés organiza unhas xornadas que pretenden ser un punto de inflexión para a esta zona. “Dende o século XIX o eucalipto comeza a expandirse pola zona costeira do Ortegal e A Mariña substituíndo ao bosque autóctono e aquelas parcelas dedicadas a cultivos e pastoreo que quedan sen uso. A rendabilidade económica do eucalipto ante outras especies fixo que na paisaxe costeira se convertese no rei. Mais.. Por qué? Era realmente a única alternativa? Existen hoxe en día outras que beneficie a propietarios e medio ambiente? A quen é favorable a lexislación actual? Como deberíamos interpretala?”, sinalan desde Nordés. 

Os organizadores explican que “para responder a estas preguntas e achegar a toda a poboación as posibilidades que existen hoxe en día en canto ao aproveitamento do noso monte, organizamos as seguintes charlas para a xornada do sábado...

leer más
Etiquetas:
27/12/2016
Os nenos e nenas de O Vicedo gozarán o 28 de decembro do concerto "Cantarolas pra xente miúda", a cargo de Senén Vaamonde e dous integrantes de A Roda.
 
A Casa da Cultura de O Vicedo acolle o 28 de decembro un concerto de Senén Vaamonde, que estará acompado por dous integrantes do grupo A Roda.
 
Neste concerto titulado "Cantarolas pra xente miúda", Senén Vaamonde estará acompañado por dous integrantes do grupo A Roda, Alfredo e Manuel. Está destinado aos máis pequenos da casa, principalmente de Educación Infantil e Primaria, e dará comezo ás 19:30 horas.
 
A actividade que inicialmente non figuraba na programación para este Nadal, está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística.
 
Etiquetas:
07/12/2016
No Vicedo hai programadas varias actividades para celebrar o Nadal do 13 de decembro ao 7 de xaneiro.
 
Dentro da programación sociocultural da Casa da Cultura de O Vicedo para este mes de Nadal figura unha videoconferencia con Papá Noel que terá lugar o 13 de decembro, ás 10:30 horas desde a Aula Cemit. 
 
O 18 de decembro ás 18:30 horas celebrarase un festival folklórico dos grupos Asociación Valdeflores de Xunqueira e Os do 21.
 
Ademais iniciaranse os ensaios do Festival de Nadal o 28 de decembro en horario de mañá para os grupos dos maiores e de tarde para os pequenos. O Festival será o 8 de xaneiro ás 18:30 horas.
 
Por outra banda en xaneiro tamén haberá unha viaxe a XuvenLugo o sábado, día 7, destinado a nenos, nenas e xóvenes con idades entre os 3 e os 18 anos. As anotacións deberán...
leer más