Ourizo

Etiquetas:
11/03/2016
Tres cociñeiras con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebra este sábado, día 12.
 
Tres cociñeiras de restaurantes galegos con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 12.
 
A concelleira de Turismo en Cervo, Manuela Méndez, explicou hoxe que “a inauguración das décimo sextas xornadas técnicas sobre o ourizo será ás 12 da mañá. Dende a súa orixe estas xornadas serven para divulgar diferentes eidos relativos ao ourizo de mar no seu aspecto biolóxico, científico, comercial ou gastronómico, como imos facer este ano e xa se fixo en edicións anteriores, coa celebración dun show cooking, que é cociña en vivo. Este ano contamos coa presenza de tres cociñeiras de prestixio e de renome, galardoadas cada unha delas...
leer más
Etiquetas:
02/03/2016
A XXV Festa do Ourizo celebrarase en San Ciprián o 12 de marzo. O programa de actividades inclúe un showcooking.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta tarde a presentación do cartel da XXV Festa do Ourizo, que se celebrará o vindeiro 12 de marzo. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares, a concelleira de Turismo, Manuela Méndez, a concelleira de Cultura, Dolores García, e representantes da hostalaría local.
 
Nesta festa de interese turístico galego participarán os seguintes establecementos hostaleiros: Pizzería O Trasgo, Cervexaría Nordesía, Telvi’s Place, A Cerve, Pizzería A Sombriza, Bar Maruxaina, Cervexaría Las Titas, Restaurante Boavista, Restaurante O Noso Lar e Mesón A Bodega. 
 
O programa de actividades da XXV Festa do Ourizo, que se dará a...
leer más
Etiquetas:
13/03/2015
Constelación de estrelas Michelín na XXIV Festa do Ourizo que se celebra en San Ciprián o 21 de marzo.
 
O Concello de Cervo e os establecementos participantes presentaron hoxe o cartel e o programa da XXIV Festa do Ourizo que se celebra en San Ciprián o sábado 21 de marzo. Un acto ao que asistiron o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, e representantes dos bares e restaurantes onde, durante todo o día, cada un deles ofrecerá as súas especialidades de ourizo, dende as preparacións máis tradicionais ata as máis innovadoras. 
De feito, a degustación en bares e restaurantes é a base desta festa de Interese Turístico Galego, na que os cociñeiros locais van renovando a súa carta, ofrecendo cada ano novas elaboracións, sempre co ourizo como ingrediente principal. Os establecementos participantes son: Pizzería A Sombriza, Cervexería O Encontro, Restaurante...
leer más
Etiquetas:
02/03/2015
Nordés Faladora organiza unha xornada sobre o ourizo de mar. Será o vindeiro sábado, 7 de marzo, en Loiba e Espasante, en Ortegal.
 
Para este mes de marzo a asociación Nordés Faladora propón unha actividade que, de novo, ten coma eixe o mar e os seus habitantes. Nesta ocasión, a volta á beira do mar de Loiba é para dar a coñecer a un manxar extraño ás mesas galegas, aínda sendo moi apreciado dende tempo atrás nas da nosa veciña terra asturiana: o ourizo de mar. 
Na praia da Ribeira do Carro, e saindo do Restaurante "O Galeón" de Loiba  desenvolverase a primeira parte da xornada baixo a dirección de José Antonio Canoura, achegándonos á forma de coller os ourizos con xeito, é dicir, diferenciándoos para apañar aqueles que sexan os idóneos para o seu consumo, así como, por suposto, facéndoo tendo en conta o tamaño mínimo permitido. E como tanto traballo de campo, ou mais ben de praia, abriranos o apetito...
leer más