Piscina

Etiquetas:
07/09/2020

O Concello de Cervo reabrirá a piscina olímpica municipal o martes, 15 de setembro, tal e como anunciou o edil de Deportes, David Rodríguez, logo de manter un novo encontro co persoal municipal das instalacións para perfilar os protocolos que xa foron definindo durante este tempo, en materia de prevención do COVID-19.

Neste sentido, tal e como avanzou Rodríguez, desde esa data estarán dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre previo reserva vía telefónica” a través do 982594512; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

O edil explica que neste tempo xa fomos definindo os protocolos de actuación que iremos pormenorizando en datas próximas, así como os horarios nos que as persoas usuarias poderán desfrutar destas instalacións, que “...

leer más
Etiquetas:
05/09/2020

DIA APERTURA: Luns día 7 de Setembro.

SERVIZO:   Baño Libre, por franxas horarias.

FORMA DE ACCESO: 
Reserva con Cita Previa (por teléfono).
Reserva con Cita Previa (presencial)
Máximo 1 reserva persoa/día
Normas da Solicitude de Reserva:
Só para o día seguinte (luns a venres)
Venres pola tarde e sábado pola mañá para o luns seguinte.
Sempre que haxa prazas libres, poderase acceder a instalación, ainda que xa dera comezo o turno.

TELEFONO DE RESERVAS E HORAS DE ATENCIÓN:
      609 13 43 20     (DE 10:00h a 13:30h  / 16:30h. a 21:30h)

FRANXAS HORARIAS:  (Luns a Venres)
           Sesión de mañá:   9:30h. -----  11:00h.  -----  12:30h.   (péchase as 14:00h.)
           Sesión de tarde:   16:00h ----- 17:30h. ----- 19:00h.  -----20:30h.   (péchase as 22:00h.)
           Sábados(sesión mañá): 10...

leer más
Etiquetas:
22/06/2020

Hoxe reabriron as instalacións da piscina municipal de Ribadeo con importantes protocolos para garantir a saúde, a seguridade e o benestar das usuarias e usuarios. Un dos que o puido comprobar in situ foi o alcalde, Fernando Suárez, que accedeu ao inmoble despois de realizar a desinfección do calzado e das mans e de pasar o control de temperatura. O Concello e BeOne queren que os abonados gocen da mellor experiencia deportiva nesta nova normalidade. 

O rexedor ribadense contou que “hoxe é un día de reapertura e todas as instalacións da piscina municipal de Ribadeo reabren as súas portas para os seus abonados”. 

Fernando Suárez subliñou que “o obxectivo conxunto tanto do Concello de Ribadeo, como titular das instalacións, como tamén do concesionario delas, que é BeOne, é conseguir que os usuarios sigan gozando da...

leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A Piscina Olímpica do Concello de Cervo abreu de novo o seu vaso este mércores pasado despois de efectuar no mesmo tarefas de mantemento.

Os traballos consistiron no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

Así mesmo, a nova tempada de cursos da piscina comeza o próximo martes un de outubro. As inscricións xa están abertas e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.

David Rodríguez, edil de deportes, sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés...

leer más
Etiquetas:
08/03/2019

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.

A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.

A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.

Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”

Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.

 

Etiquetas:
29/12/2018

O Concello de Cervo organiza este mércores, 2 de xaneiro, unha festa acuática infantil.

O horario será desde as 17:00 ás 19:00 horas e terá lugar na piscina de Lieiro, en San Ciprián. A entrada é gratuíta.

Os nenos e nenas ata 7 anos terán que ir acompañados de pai, nai ou titor/a. Os nen@s, ata 10 anos, que non saiban nadar tamén é obrigatorio que vaian acompañad@s por pai, nai ou titor/a.

 

Etiquetas:
17/09/2018

A Piscina Olímpica do Concello de Cervo iniciará a nova tempada de cursos o luns 1 de outubro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas e do persoal da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de preinscrición ata este mesmo xoves, 20 de setembro “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.

Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.

Dentro de cada grupo,...

leer más
Etiquetas:
11/09/2018

A Piscina Municipal de Ribadeo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. O seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen activarse despois do verán e levar unha vida máis saudable. 

“Vivir” é o nome da súa campaña. Os responsables do centro buscan que os seus novos usuarios póidanse sentir mellor grazas ao deporte e para iso a mellor solución é deixarse guiar polos seus profesionais. O centro trata de facilitar a inscrición ao usuario ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. E se aínda así non se atopan satisfeitos co servizo, volven ofrecer garantía de devolución do primeiro mes. Esta iniciativa, testada por primeira vez na campaña de xaneiro, demostrou que máis do 98% dos usuarios non se arrepinten. Para esta campaña o centro habilitou a web beone.es/...

leer más
21/08/2018

O Concello de Cervo reabre a piscina olímpica de San Ciprián o vindeiro luns 3 de setembro en horario habitual de 9h a 22h de luns a venres de foma continuada e sábados de 10h a 14h e de 18h a 21h.

Durante o mes de agosto a zona de baño estivo pechada ao público para poder lear a cabo diversos traballos de acondicionamentos mecánicos de mantemento e vacacións do persoal, permanecendo aberto o ximnasio para os seus usuarios.

Como todos os anos, o Concello de Cervo non emitirá recibos aos seus socios durante este mes de agosto.

Para o edil de deportes, Jose Ramón Soto, “estas melloras realizadas, sen dúbida algunha, repercutirán no mellor servizo para todos os usuarios que cada ano aumentan considerablemente, posto que na actualidade xa se aproximan aos 800”.

Como...

leer más
Etiquetas:
05/06/2018

O Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.

Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”. 

O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer...

leer más