Piscina

Etiquetas:
12/03/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.

A actividade, presentada polo edil delegado de Deportes, José Ramón Soto e pola membro e monitora do club Ana Ferreiro, será o vindeiro 17 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.

A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.

Soto recordou “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”

Os interesados poden anotarse na propia...

leer más
Etiquetas:
21/02/2018

A piscina municipal de Ribadeo renovou as 15 bicis de ciclo para spinning que hai na sala do centro deportivo BeOne, que ademais acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack. 

O director do centro deportivo, Javier Canel, explicou que “as novas bicis para a práctica do spinning son da marca Precor, que é das mellores que hai no mercado para este tipo de equipamentos” e comentou que “tres das bicis que foron substituídas, as que se atopaban en mellor estado de conservación, foron doadas ao Club de Remo de Ribadeo”. Ademais en breve os usuarios de BeOne Ribadeo contarán cunha máquina nova para a sala de ximnasio que substituirá á multipower que hai actualmente para facer sentadillas.

BeOne Ribadeo tamén acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack, que “é moi esixente, poden...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal de Ribadeo, ten en marcha neste mes de xaneiro unha campaña de captación de socios que ofrece vantaxes como matrícula sen custo e a posibilidade de gozar de todas as instalacións do centro gratuitamente durante un día. Ademais os que entren na web beone.es/xuntos poderán conseguir un mes de balde.

As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con “tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio”, explica o director do centro, Javier Canel, quen engade que “intentamos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, ...

leer más
Etiquetas:
21/09/2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, xunto a unha representación do equipo de socorristas da piscina, presentaron as actividades para as que recordan que está aberto o prazo de inscrición “e aquelas persoas interesadas poden, ou ben achegarse ata as instalacións; ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.12”.

Villares sinalou que o cadro de persoal da piscina está formado por 6 monitores municipais, que ofrecen asesoramento e imparten os diferentes cursos, por grupos de idade; adultos, nenos e bebés. Ademáis tamén se ofertan clases de natación para mulleres embarazadas.

Dentro de cada grupo, establécense diferentes niveis en función da destreza do alumno dende iniciación a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades complementarias como Aguagym ou o servizo de...

leer más
Etiquetas:
29/12/2015
A piscina olímpica de San Ciprián acollerá cursos de natación para embarazadas e sesións específicas para niveis medios e avanzado.
 
O vindeiro 4 de xaneiro, luns, celébrase na piscina olímpica de San Cibrao unha nova edición da festa acuática infantil, con actividades e xogos na auga para os rapaces. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, que tamén deu conta da organización de novos cursos para embarazadas e da ampliación dalgunhas actividades para o ano que vén na piscina.
“O vindeiro luns, 4 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, como vén sendo habitual durante estes últimos anos, o Concello de Cervo continúa a estar cos mais cativos, neste caso ofrecendo actividades e xogos acuáticos, con inchables na Piscina Olímpica de San Ciprián, con entrada gratuíta para todos os nenos e visitantes do Concello”, explicou o edil.
Soto anunciou...
leer más