Sendeirismo

Etiquetas:
07/08/2019

Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.

Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.

Os participantes deberán levar lanterna ou farol.

Etiquetas:
31/07/2019

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a Fervenza de Viloalle en Mondoñedo ata a área recreativa A Cazolga en Lourenzá para o vindeiro domingo, 4 de agosto.

O percorrido ten unha lonxitude de 10 quilómetros cun nivel de dificultade baixo. Na área recreativa de A Cazolga celebrarase unha comida de confraternidade con membros da asociación Terras de Lourenzá.

A saída será ás 9:30 horas da estación de autobuses de Burela. Recoméndase levar chaleco reflectante. 

Para asistir é necesario anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 1 de agosto ás 14:00 horas.

 

Etiquetas:
29/07/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza este sábado, 3 de agosto, a ruta polas estatuas esculpidas nas rochas do concello.

A saída será, ás 9:00 horas, da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos: 606 794 110 e 670 369 017; e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o venres 2 de agosto. O prezo é 3 euros para os non federados, e inclúe o seguro de accidentes obrigatorio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio,, e recomenda levar equipo de sendeirismo, algo de comida e auga.

 

Etiquetas:
22/07/2019

A saída está prevista para ás 9:00 horas desde a praza do Concello. O percorrido discorrerá por Vilaxoane, San Martiño, o Carme e Vilaronte.

Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017. O prazo de inscricións remata o venres, 26 de xullo. O prezo é 3 euros para as persoas non federadas, está incluído o seguro de accidentes obrigatorio.

A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio e recomenda levar equipo de sendeirismo e algo de comida e auga.

Colabora con este evento o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
26/06/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha andaina contra o Cancro que se celebrará o 7 de xullo polos arredores de Foz.

A saída será o domingo, 7 de xullo, ás 10:00 horas da praza do Concello.

A actividade está organizada en colaboración da delegación local de Foz da AECC e do Concello de Foz.

A ruta ten unha distancia de 5 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.

As persoas que queiran participar teñen que inscribirse, ata o día 6 de xullo, e poden facelo nos números de teléfono 670 369 017 e 696 583 146. 

 

Etiquetas:
17/06/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Senda do Oso en Asturias, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de xuño.

A saída será ás 7:30 horas, de Ferreira, e ás 8:00 horas do Colexio do Pilar en Foz.
O prezo é 34 euros para os socios federados, 38€ para os socios non federados e 42 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

Para asistir é obrigatorio anotarse, e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de xuño.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 15 quilómetros.

 

Etiquetas:
07/05/2019

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a praia de Pantín ao faro da Frouxeira en Valdoviño, que terá lugar este sábado, 11 de maio.

A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os non socios, e inclúe autobús, comida e máis seguro.

Para participar é imprescindible anotarse, e pode facerse en Gráficas Arfe ou chamando ao número de teléfono 982 580 504 antes do xoves, 9 de maio, ás 20:00 horas.

A ruta ten unha lonxitude de 11 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.

 

Etiquetas:
28/04/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz programa unha ruta pola Serra do Viso, nos arredores da vila de Salas, en Asturias, para o día 12 de maio.

A saída será ás 7:00 horas de Ferreira, e ás 7:20 do Colexio do Pilar, en Foz.

As persoas interesadas poden anotarse nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es. O prazo remata o 8 de maio. O prezo é 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para os non socios, e está incluído o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa de que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Esta actividade está organizada polos Amigos do Rebollín de Salas, e ao remate haberá unha comida de...

leer más
Etiquetas:
10/04/2019

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta o sábado, 13 de abril, pola Senda del Cervigón, en Xixón.

A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo para os socios é de 20 euros e para os non socios de 25 euros, inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder asistir é preciso anotarse e os interesad@s poden facelo en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do 11 de abril ás 20:00 horas.

Os organizadores informan que a ruta ten unha distancia de 9 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.

 

Etiquetas:
11/03/2019

Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro por terras de Trabada o 24 de marzo.

A saída será ás 9:00 horas de Ferreira, e ás 9:20 h. do Colexio do Pilar en Foz.

A andaina irá do Vento a Vilapena, en Trabada, e nela participarán membros da asociación Mies de Oviedo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.

Para participar é obrigatorio anotarse. As persoas interesadas poden inscribirse, antes do mércores 20 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar roupa de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

... leer más