Sendeirismo

Etiquetas:
25/09/2021

A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha de Montañeiros Veteranos de Galicia que se celebrará o 17 de outubro en Barreiros, despois de ser suspendida a que estaba prevista para setembro.

A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 h. de Foz.

O último día para anotarse é o 14 de outubro e poderase facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 21 euros para os socios federados e inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio. 

Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo-Área de Deportes, Deporte Galego Federación Galega de Montañeiros. ...

leer más
Etiquetas:
30/08/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha Montañeiros Veteranos de Galicia que terá lugar o 12 de setembro por terras de Barreiros.

A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 de Foz. A marcha dará comezo no Círculo Lítico da Roda pasando polo teito de Barreiros, en Penalonga, e rematará en Santo Estebo. 

As persoas interesadas poden anotarse ata o 9 de setembro, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Esta actividade é para federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
10/08/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.

A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.

As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482  e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a...

leer más
Etiquetas:
08/06/2021

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta a Santo Tomé de Recaré, no Valadouro, este sábado, día 12 de xuño.

A saída será ás 10 da mañá da estación de autobuses de Burela.

Non é preciso anotarse. Cada un terá que levar a súa comida e o desprazamento farase en coche propio.

A organización informa que a ruta ten unha lonxitude de 7 quilómetros cun nivel de dificultade baixa, e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.

 

Etiquetas:
10/05/2021

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.

A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.

A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.

 

Etiquetas:
04/05/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.

A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.

Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que...

leer más
17/04/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta das Minas, na Pontenova, o 25 de abril. A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 23 de abril nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, máscara e lanterna para poder camiñar por algún túnel, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 12 quilómetros. Se o tempo o permite, os participantes xuntaranse para comer cumprindo os protocolos da pandemia.

O Concello de...

leer más
02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

Etiquetas:
20/03/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras mindonienses. Será o sábado, 28 de marzo.

A saída terá lugar ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e tamén a esa hora desde Ferreira. O desprazamento realizarase en coche.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 26 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla. A ruta, dun nivel medio de dificultade, ten unha lonxitude de 13´5 quilómetros e discorre por Supena. 

O Concello de Foz colabora na organización deste evento. A actividade levarase a cabo se a situación sanitaria o permite e seguindo os protocolos oportunos.

 

Etiquetas:
11/01/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta do ano ao alto do Picato, en Trabada, o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.

A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 9:00 horas tamén desde Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 15 de xaneiro, nos números de teléfono 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A actividade é de balde para os socios federados e ten un prezo de 3 euros para os socios non federados e de 4 euros para o socio temporal.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.