Surf
26/08/2016
O Concello de Cervo e o club Limosa Surf, de San Ciprián, organizan o IX open masculino e feminino de Surf en mangas de clásicos Macguiver na praia de Limosa, de Lieiro, este domingo 28 de agosto. Este evento deportivo foi presentado pola concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o representante do club Limosa Fran Hood.
O concelleiro de Deportes explicou que “esta actividade de surf, que se ven celebrando en San Ciprián durante os últimos nove anos de xeito consecutivo, conta con unha gran animación e participación. As actividades darán comezo as 11:00 horas coa inscrición, na que se prevén asistentes de diferentes lugares de Asturias e Galicia ademais dos propios da Mariña...
leer más 18/04/2016
A Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza unha xornada dedicada ao skate e outra ao surf. Os interesados en participar nestas dúas actividades deben inscribirse antes deste xoves, día 21.
A xornada dedicada ao skate será este venres 22 pola tarde e está dirixida a alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6 º de Primaria e rapaces a partir de 12 anos. E a de surf será este sábado 23 pola mañá para rapaces con idades a partir de 12 anos.
Os interesados en participar poden inscribirse na Casa do Mar, de San Ciprián, no teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamizació...
leer más 02/12/2015
O VII Trofeo Surf San Lorenzo celebrarse o vindeiro 5 de decembro na praia focense de Peizás, organizado polo Club Surfiños, entre as nove da mañá e as seis da tarde.
Haberá dúas categorías para os que desexen participar: unha aberta, a categoría Open, e outra Sub-16, para os menores de 16 anos. A inscrición custa 15 euros no primeiro caso e 5 no segundo. Os premios aos mellores surfistas entregaranse ás 20 horas no bar Namarinos de Foz e durante a xornada haberá sorteos e actividades musicais na praia.
Os que desexen máis información poden consultar a páxina de Facebook do Club Surfiños ou dirixirse ao teléfono 679214615.
17/06/2015
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de surf na praia de Esteiro e impartido pola Escola Galega de Surf que estará organizada da seguinte forma:
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria)
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas.
... leer más 12/05/2015
A Academia Imdecum abrirá a cuarta edición das súas Xornadas do Deporte a vindeira semana con surf. A campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, Estitxu Estremo, falará da riqueza deste deporte na Mariña o vindeiro luns, 18 de maio, ás 10.00 horas, no IES Monte Castelo de Burela.
O programa formativo da Academia Imdecum tamén abordará o fútbol gaélica, o fútbol e o rally. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
... leer más







