Tendas

Etiquetas:
10/03/2021

Desde el CCH de Viveiro comentan que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 5 caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras 5 caixas sorpresa Experience Gastronomía local. As caixas Experience Comercio Local están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV, e as Caixas Experience Gastronomía Local conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV”. 

E engaden: “serán un total de 1.500€ en premios, sendo o valor de cada caixa de 150€.O contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata o momento no que se faga entrega ós gañadores. Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos...

leer más
Etiquetas:
25/11/2020

Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofreceran interesantes promocións e descontos durante o Black Friday, que o colectivo empresarial celebra os días 27, 28 e 29 de novembro. 

Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos e con participantes de moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Estes descontos e promocións estamos seguros de que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer ás plataformas de venta online. Como sempre facemos, tamén co Black Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en...

leer más
Etiquetas:
26/10/2020
ESCAPARATE DE XOVE sae á luz ofrecendo interesantes produtos e servizos.
Esta plataforma xa conta con 55 empresas rexistradas, 26 ofertas e promocións e tamén con oportunidades de emprego.
 
ESCAPARATE DE XOVE é unha plataforma que quere unir todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.
 
ESCAPARATE DE XOVE nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.
 
ESCAPARATE DE XOVE ten como obxectivos:
 
... leer más
Etiquetas:
13/08/2020

O 65% do comercio asociado a Acisa abrirá as súas portas este sábado, 15 de agosto, festivo nacional. E o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais. 

Desde a directiva de Acisa sinalan que “aqueles que se acheguen a Ribadeo esta fin de semana poderán, entre outras cousas, aproveitar para facer as súas compras no noso comercio asociado. O 65% dos locais comunicáronnos que abrirán as súas portas o 15 de agosto, que é festivo nacional. Xa o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais. O 16 de agosto é o Día de San Roque, copatrono de Ribadeo, e ao coincidir en domingo esta celebración o festivo pasouse para o martes de Entroido. Entón, insistimos en que o vindeiro domingo todo funcionará con normalidade en Ribadeo”.

A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e...

leer más
Etiquetas:
05/08/2020

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto (venres e sábado).

Os comercios participantes ofrecerán interesantes descontos nos stands instalados no exterior dos establecementos. En caso de mal tempo realizarán as promocións no interior dos locais. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos comercios adheridos a esta iniciativa.

O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que volvamos organizar unha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz, co fin de dinamizar o comercio local”.

Paleo di que “...

leer más
Etiquetas:
28/11/2019

O Centro Comercial Aberto de Burela prepárase para este venres xa que, como é o último de novembro, celébrase o Black Friday. Este día, de orixe norteamericana ten cada vez máis implantación na vila e os comerciantes esperan ter moi boa acollida.

En total son 31 os comercios que participan: AtmósferaSport, Beep, Caroa Moda, CerezoBikes, ChamorroHombre, Decoraciones Pura, Don Zapato, El Bazar de Tere, Electrodomésticos Quelvi,EroskiViajes, Fauna, Fragances&Colors,Frenos Carpe,GalaequiaTecno,Interfilm Foto Mariló, Isabella,Ktivos, la 5º de Catycris, MercerceríaAjuar, Mercería Paca, Misstic, New Style Burela, Nora Moda, O Lar do Pintor, Óptica Afflelou Burela, Paquetería LanasPacita, Peluquería Campón, PikmarJoyeros, Rosa y Azul, StrasseZalo.

Estes días veñen inspirados pola tradición estadounidense...

leer más
Etiquetas:
26/11/2019

Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday que o colectivo empresarial celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro. 
 
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos. Nos 40 establecementos poderemos atopar multitude de ofertas, descontos que van dende o 5, 10, 15, 20, 30, 50 e hasta o 70 %. Ofertas de 3x2 en artigos seleccionados, vales regalo para gastar no Nadal; produtos regalo, etc…”.

Iriarte contou que “este ano contamos cun maior numero de participantes de todos os sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, roupa deportiva, calzado, mercerías e lencería, tallas grandes, xoiaría, bebés, papelaría,...

leer más
Etiquetas:
16/08/2019

Do 19 ao 24 de agosto en Foz Afundimos os prezos. Trátase da nova campaña do Centro Comercial Aberto na que participan arredor de 30 comercios, que sacarán os seus produtos á rúa o ofrecerán descontos que chegarán nalgún caso ata o 80%. 

O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, explica que “durante a vindeira semana, do luns ao sábado, preto de 30 tendas asociadas van sacar os seus produtos á rúa con descontos moi interesantes, que oscilarán entre o 50 e o 80%. Será unha boa oportunidade para facerse con artigos da campaña de verán a prezos moi interesantes”.

Os locais que se dan cita en Afundimos os prezos son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Alma Libre, Arrullos, Calzados Pirde Outlet (interior), Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura (interior), Din y Don, Don...

leer más
Etiquetas:
21/12/2018

O comercio de Foz abrirá as súas portas os domingos 23 e 30 de decembro “co obxectivo de facilitar as compras destas datas á súa clientela”, segundo explica o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo.

Etiquetas:
21/11/2018

Un total de 32 establecementos asociados a Acisa Ribadeo se darán cita do 22 ao 25 de novembro no Black Friday. Durante estes días haberá ofertas moi variadas, nas que predominarán os descontos directos maioritariamente do 20% , pero nalgún caso poderían chegar ata o 50 e o 70%.

Este ano, como novidade, poderán atoparse ofertas que buscan fidelizar á clientela de cara ao Nadal e polas compras que se fagan no Black Friday poderán conseguirse descontos aplicables ás vindeiras compras navideñas, vales de compra, sorteos e regalos directos.

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, manifestou que “os comerciantes queren buscar formas alternativas para realizar o Black Friday, non premiando con ofertas nalgún caso, senón motivando e incentivando as compras de Nadal nos seus establecementos con descontos para esas festas...

leer más