Viaxes

Etiquetas:
20/04/2020

As axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo convocan en facebook un concurso de fotos e vídeos que representen unha viaxe desde a casa incluíndo un elemento gastronómico típico do lugar elixido.

O xerente de Viaxes Eroski en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica as bases do concurso: “tod@s aqueles que queirades participar teredes que colgar no voso muro de facebook, etiquetando a Viajes Burela Ribadeo e co hashtag #viaxequedatenacasa, unha foto ou vídeo dunha Viaxe Queda na Casa Gastronómica, representando unha viaxe virtual e introducindo o elemento gastronómico típico da zona ou país representado. O concurso terminará o 3 de maio as 21:00 horas. O premio consistirá nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas e será para a foto ou vídeo máis votado”.

Pedro Fraga engade: “...

leer más
Etiquetas:
04/09/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza excursións para os días 14 e 15 deste mes, sábado e domingo, a Portugal e a Muxía respectivamente.

O sábado 14 a viaxe será as localidades portuguesas de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho, que son famosas polos seus mercados. A actividade con desprazamento en autocar, almorzo e seguro de asistencia de viaxe ten un prezo é de 35 euros por persoa. E con comida incluída custa 45 euros por persoa.

E o domingo 15 a excursión será á festa romaría da Virxe da Barca, en Muxía, evento declarado de interese turístico nacional. Esta actividade inclúe desprazamento en autocar, almorzo, comida e seguro de asistencia de viaxe e ten un prezo de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nestas...

leer más
Etiquetas:
11/03/2019

Éxito da convocatoria de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, para presentar a súa oferta para este ano. Máis dun centenar de persoas se deron cita o pasado sábado no hotel Voar para coñecer de preto algunhas das viaxes estrela deste 2019.

Pedro Fraga, xerente de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, foi o encargado de conducir o acto, no que interviron Pilar Cabana, de Costa Cruceros; Santiago Vázquez, de Politours; e Borja García, de Mapa Tours. 

Unha das primeiras saídas en grupo a un destino estrela será o vindeiro 18 de abril, na Semana Santa, a Dubrovnik, para a que aínda quedan algunhas prazas libres. Sairá un voo directo desde Asturias. As persoas interesadas o único que teñen que facer é poñerse en contacto coas delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo ou en Burela. 

En outubro...

leer más
Etiquetas:
06/03/2019

As axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo celebrarán este sábado, 9 de marzo, a presentación das súas principais propostas para este ano. O acto terá lugar no hotel Voar da vila ribadense ás 20:00 horas. O xerente das delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo e Burela, Pedro Fraga, sinala que na presentación participarán responsables das empresas Costa Cruceros, Politours e Mapatours, e haberá sorteos de agasallos e algunha sorpresa entre os asistentes. 

Pedro Fraga anunciou hoxe que “este sábado 9 vai haber unha presentación, aproveitando que fixemos unha recente apertura en Ribadeo, concretamente no hipermercado Eroski, onde temos unha axencia nova de Eroski Viaxes. Imos facer a presentación de destinos especiais para este 2019 entre os que destacaría os viaxes en grupo, que son bastante coñecidos na zona. Son viaxes que teñen a...

leer más
Etiquetas:
26/12/2018

Eroski Viaxes abriu hoxe, mércores, en Ribadeo a súa segunda axencia na provincia de Lugo. Con este motivo desprazouse ata a vila ribadense a responsable da firma para Galicia, Asturias e Cantabria, Leticia Pastor, que acompañou ao xerente desta oficina e tamén da de Burela, Pedro Fraga Otero.

As instalacións de Eroski Viaxes en Ribadeo están situadas nun local do hipermercado Eroski, en Vilar, e contan con dúas axentes de viaxe: Eva Fernández e Sofía López.

Leticia Pastor explicou que a oficina estreada hoxe “es un nuevo punto de venta para consolidar nuestra comercialización en la zona de A Mariña, donde disponemos de una oficina desde hace más de diez años en Burela. Tenemos mucho cliente de esta zona y para nosotros, además de un reto personal y profesional, supone llegar a los clientes de una forma más...

leer más