Viveiro

Etiquetas:
14/08/2026
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 20 DE AGOSTO
 
Espectáculo Fecha Hora Formato Subtítulos Idioma Sala
La Patrulla Canina: La dino película 14/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
15/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
16/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
17/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
18/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
19/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
20/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 2
 
Vaiana 14/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
16/08/2026 19:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada...
leer más
Etiquetas:
13/08/2026

A Feira do Libro de Viveiro arrincou este xoves, 13 de agosto, con preto de medio cento de actividades nos xardíns de Noriega Varela. Trátase da undécima das citas do circuíto que a Xunta de Galicia impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que está a percorrer 13 municipios galegos este verán dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na inauguración e destacou “a eficacia deste formato para a consecución de dous obxectivos primordiais: fomentar a lectura entre a cidadanía e impulsar o sector do libro galego”. Tamén indicou que “dinamizan as vilas e cidades ao longo do estío, ampliando a súa programación cultural” e subliñou “o papel principal dos libreiros, que desenvolven unha variada programación, fomentan a interacción directa...

leer más
13/08/2026

A Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

 “Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.

12/08/2026

Alana e Lina e Lola tocarán este venres, día 14 de agosto, nas festas do San Roque de Viveiro. O trío coruñés, que achega a música tradicional á electrónica e ao pop, e o grupo de pandereteiras do Morrazo actuarán na Praza Maior, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa para fomentar a presenza da música en galego en celebracións e escenarios musicais de toda a provincia.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro valorou “o interese da xomisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou “ a importancia  de incluír estas propostas no programa dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional”.

A...

leer más
11/08/2026

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha unha nova edición da campaña Street Market, unha iniciativa coa que busca dinamizar o comercio local e incentivar as compras de proximidade coincidindo co remate do período de rebaixas. A acción desenvolverase do martes 18 ao venres 21 de agosto coa participación de preto de 30 establecementos.

Durante catro días os comercios adheridos ofrecerán “promocións especiais e importantes descontos en milleiros de artigos de tempada, convertendo o centro de Viveiro nun gran mercado ao aire libre no que os clientes poderán acceder a produtos de primeiras marcas a prezos moi competitivos”, anuncia o CCH de Viveiro, que engade: “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan unha parte dos establecementos sacará os seus produtos ao exterior, situándoos diante das fachadas para facilitar que...

leer más
Etiquetas:
08/08/2026

A Banda de Música O Landro, anuncia: “o luns 10 vive unha auténtica Noite de Estrelas na Praza Maior de Viveiro. Convidámosvos ao noso concerto cun cuarteto de cantantes sen igual: Margarita Gutiérrez, Mario Gómez, Idoya Esquide e Felipe Sánchez para poñer a voz a grandes temas da verbena galega. Coma condutor do espectáculo contaremos con Baruk Domínguez”.

Esta actuación da Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos, comezará ás 22:00 horas.

 

Etiquetas:
07/08/2026

O Concello de Viveiro anuncia que o vindeiro luns, día 10 de agosto, procederá ao reparto gratuíto das “gafas homologadas para a observación segura da eclipse solar total do mércores 12 de agosto, facilitadas pola Deputación de Lugo dentro da campaña provincial de información e prevención con motivo deste fenómeno astronómico. As persoas interesadas poderán recoller as gafas na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata esgotar existencias. Co obxectivo de favorecer que o maior número posible de persoas poidan acceder a este material de protección, entregarase un máximo de dúas gafas por persoa”.

Ademais o Concello de Viveiro lembra que “observar unha...

leer más
Etiquetas:
07/08/2026

O sábado 15 de agosto disputarase a cuarta regata da Copa Provincial de Piragüismo, organizada polo Club de Piragüismo de Viveiro e a Federación Galega de Piragüismo e que conta coa colaboración do Goberno galego.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, estivo en Viveiro para a presentación desta proba e destacou o apoio da Xunta a esta cita deportiva. Ademais lembrou que “a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asigna este ano á Federación mediante convenio 484.352 euros para gastos de funcionamento e para a organización de actividades deportivas, entre outros conceptos”.

Etiquetas:
07/08/2026
CARTELERA CINE VIVEIRO HASTA EL 13 DE AGOSTO
 
Espectáculo Fecha Hora Formato Subtítulos Idioma Sala
 
Spider-Man: Brand New Day 07/08/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
08/08/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
09/08/2026 22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
10/08/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
11/08/2026 18:30 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
22:00 Digital 2D Sin subtítulos Doblada Castellano SALA 1
12/08/2026 22:00 Digital 2D Sin subtítulos...
leer más
Etiquetas:
05/08/2026

O Concello de Viveiro inaugurará este venres, día 7 de agosto ás 17:30 horas a XLII Feira de Artesanía de Viveiro, “unha das citas máis consolidadas da programación estival”, que permanecerá aberta ata o 16 de agosto nos Xardíns Noriega Varela diariamente en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 22:00 horas.

“A feira reunirá unha trintena de postos de artesanía tradicional, nos que o público poderá coñecer e adquirir creacións de disciplinas como a cerámica, o téxtil, a madeira, a xoiería, a cosmética natural ou o vidro, da man de artesáns e artesás chegados de distintos puntos”, explica o Concello de Viveiro que ademais anuncia que “como novidade, a programación contará tamén cun stand efémero, que irá cambiando ao longo dos diferentes días da feira para dar visibilidade a novos proxectos artesanais, enriquecendo así a oferta...

leer más