Viveiro
Viveiro será escenario o sábado 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, da presentación do libro titulado Fábrica de Chavín. Trátase dunha obra de Manuel Lage dedicada a José Barro, “empresario galego que foi pioneiro nos inicios da industria da automoción no século XX. A súa traxectoria resulta clave para comprender os primeiros pasos do sector en Galicia e a súa conexión con outros focos industriais”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “o acto contará coa presenza de Manuel Lage, que compartirá as claves da obra e ofrecerá unha introdución sobre a vida e o traballo de José Barro, así como do contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares”.
Manuel Lage Marcos é doutor en Enxeñaría Industrial e de motores. Conta cunha longa traxectoria profesional en postos de...
leer másA segunda edición da Festa do Antroido en Viveiro celebrarase o día 16 de febreiro, luns, en Lodeiro, onde se instalará unha carpa xunto ao Centro de Saúde.
Este evento está organizado polo colectivo Viveiro en Festas, que anuncia: “a cea (menú de cocido) ten un prezo de 40 euros e o baile correrá a cargo do dúo Estrellas e Discomóvil Olympo. Moito ollo, que este ano hai previa desde as 20:30 horas. Tamén haberá concurso de disfraces, sorteos e algunha sorpresa máis, así que xa podes ir dándolle á cabeciña. Se o cocido non é o teu, non pasa nada, podes ir só á festa. Desde as 0:00 horas podes gozar do Antroido por 6 euros (incluída consumición). Para facer a reserva de mesas e conseguir as entradas podes completar o formulario da seguinte ligazón:...
leer másEn Viveiro haberá bailes de tarde este sábado, 17 de xaneiro, e os días 7 e de febreiro e 7 de marzo
O Concello de Viveiro impulsa o programa Viveiro Baila, unha proposta de lecer dirixida ás persoas maiores que ten como obxectivo “fomentar a convivencia, o benestar e a participación social a través da música e do baile”. Os bailes de tarde desenvolveranse no salón de actos do Conservatorio de Viveiro, sempre a partir das 19.00 horas, e contarán con actuacións musicais en directo. A programación prevista é a seguinte: o sábado 17 de xaneiro actuará o dúo Dilema; o sábado 7 de febreiro, o dúo Caramelo; e o sábado 7 de marzo, o dúo Venus.
Con esta iniciativa, o Concello de Viveiro “aposta por ofrecer espazos de encontro e actividades adaptadas ás persoas maiores, promovendo un envellecemento activo e unha vida social dinámica”.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 6 DE ENERO
JUEVES 1 DE ENERO
-Avatar: fuego y ceniza – 20:00 horas
-Bob Esponja: una aventura pirata – 20:00 horas
-Rondallas – 20:00 horas
DEL VIERNES 2 AL MARTES 6
-Bob Esponja: una aventura pirata – 18:00 horas
-Avatar: fuego y ceniza – 20:30 horas
-Rondallas – 17:45 y 20:30 horas
-El médico 2 – 17:30 y 20:30 horas
O belén instalado pola asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, que inclúe figuras en movemento e co traxe rexional galego, pode visitarse no salón de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro (antigo Concello) ata o día 6 de xaneiro, martes. Está aberto ao público de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30.
As figuras e as maquetas foron feitas a man por Hortensio Gómez e o mural e carteis a óleo son obra de Esther Raposo.
O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.
O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior, adiántase esta semana ao mércores, 31 de decembro, xa que o 1 de xaneiro, aninovo, é día festivo.
O mercado manterá o seu emprazamento habitual na Praza Maior e desenvolverase no horario habitual.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 30 DE DICIEMBRE
DEL 26 AL 30
-Avatar: fuego y ceniza – 17:00 y 21:00 horas
-Bob Esponja: una aventura pirata – 17:30 y 19:45 horas
-El rey de reyes – 18:30 horas
-Núremberg – 21:00 horas
Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.
O Concello de Viveiro prepara a Cabalgata de Reis do vindeiro 5 de xaneiro cun formato “máis aberto e participativo. Ademais das tradicionais carrozas dos Reis Magos, facilitarase a incorporación da veciñanza tanto como figurantes nas carrozas como no desfile a pé ao longo do percorrido. No caso da participación nas carrozas, o Concello habilita 24 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que poderán acompañar aos Reis Magos durante o desfile. As prazas asignaranse por orde de inscrición, co obxectivo de garantir un procedemento organizado e seguro”.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto os días 26, 29 e 30 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscricións poderán realizarse no Teatro Pastor Díaz ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.es mediante o formulario...
leer más












