O Concello de Cervo anima a veciñanza e visitantes a participar o 8 de xullo nas festas da Senra na honra da Virxe do Carme e San Pedro.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora

A programación para o sábado, 8 de xullo, será a seguinte:
Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:00 horas, seguida de procesión con Fol do Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.
A continuación, sesión vermú co Grupo Mar D'AROUSA
Á noite, Gran Verbena amenizada polo Grupo Mar D'AROUSA e a Dismo Móbil Chocolate, a partir das 22:30 horas.