Os días 16, 21 e 22 de setembro celébrase a tradicional Romaría de Santa Eufemia no burgo de Trasbar, en Cervo.

Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: o luns 16, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro.

Tres días de festa
Os actos comezarán o luns, día da patroa, ás 13.00 horas, coa celebración dunha misa na honra de Santa Eufemia, seguida dunha procesión, e ao remate aqueles devotos que queiran poderán achegarse a poñer a Santa. Ao finalizar, os veciños que o desexen poderán disfrutar dun xantar no Local social. Ás 17.00 horas cita para realizar unha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo. 

O sábado, os actos comezarán ás oito da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coral Terramar de San Cibrao, a continuación procesión. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos.Xa pola noite, as orquestrasMagoseDúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.

O domingo a misa será ás 13.00h, cantada pola coral Terramar de San Cibrao, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúoE-Pok, dando por rematado así o programa festivo deste ano. 

Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente o gran esforzo económico que fan os veciños de Trasbar, así como a axudade empresas e establecementosque colaboran e, tamén dun xeito especial,do Concello de Cervo.