Segue en Lourenzá a exposición "Cos ollos do seu espírito" en homenaxe a Del Riego. Haberá visitas guiadas os días 21 e 28 de xullo.

En xullo haberá visitas guiadas á exposición sobre o homeneaxeado na pasada edición das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, Serán os venres  14, 21 e 28 dende ás 11 ata a 13 horas no Museo de Arte Sacro.

A exposición “Cos ollos do seu espírito”, inaugurada no pasado maio, está organizada polo Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia así como a mesa  Don Paco de Lourenzá e a editorial Galaxia, da que foi co-fundador o protagonista. Nela, ten lugar un repaso polo seu traxecto vital e profesional para comprender quen foi a figura e o gran legado que deixou tras el.

O Museo de Arte Sacra de Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, é a primeira parada da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, comisariada por Malores Villanueva e Malós Cabrera. Catorce paneis e mesas con material gráfico e documental do homenaxeado trazan un percorrido pola vida e a obra do intelectual impulsado pola Xunta de Galicia e producido pola editorial Galaxia coa colaboración da Real Academia Galega e da Fundación Penzol. 

Tras Lourenzá, a mostra poderá verse en Vigo e Santiago de Compostela, localidades fundamentais tamén na vida de don Paco.