O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do CD San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para familias necesitadas. Será o 13 de decembro e coincidirá con diversas actividades.

O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do CD San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para familias necesitadas. Será o 13 de decembro e coincidirá con diversas actividades.
 
O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para os máis necesitados durante un evento que se denomina Unha canasta solidaria. Será este domingo, día 13, a partir das catro e media da tarde no pavillón municipal de A Veiga, en San Ciprián. Na presentación das actividades participaron o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e os responsables da sección de baloncesto do CD San Ciprián Nacho Mota e Kevin.
O edil delegado de Deportes en Cervo explicou que para este evento contan con colaboración de Cruz Roja e do Club de Baloncesto Terra Cha e comentou que “nestas datas tan entrañables nas que a solidariedade emerxe dunha forma especial o equipo de baloncesto de San Ciprián e o Concello de Cervo, aproveitando o partido da 3ª División Autonómica masculina que enfronta aos equipos de baloncesto Terra Cha, de Vilalba, e ao de San Ciprián, organizamos unha xornada de apoio aos máis necesitados. Dará comezo ás 16.30 horas no pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, e prolongarase ata as 19 horas, momento no que empezará o partido de baloncesto”.
José Ramón Soto engadiu que “a recollida de alimentos e xoguetes realizarase ao mesmo tempo que unha serie de actividades para os nenos máis pequenos, que poderán gozar de xogos, contacontos, pinta caras e globloflexia. Todo isto será de carácter gratuíto”.