Ribadeo
Acisa Ribadeo ven de presentar unha nova acción formativa pensada para mellorar a competitividade e a imaxe do comercio local. Trátase de cursos gratuítos de empaquetado e escaparatismo, que terán lugar en setembro e outubro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “baixo o lema Fórmate con Acisa, a asociación organizará durante os meses de setembro e outubro dous cursos gratuítos dirixidos a persoas empresarias e traballadoras dos negocios asociados, centrados no empaquetado e no escaparatismo”. E subliñou que “desde a asociación apostamos pola formación como ferramenta esencial para a mellora do comercio local. Pequenos detalles como un bo empaquetado ou un escaparate atractivo poden marcar a diferenza á hora de atraer e fidelizar á clientela. Queremos un Ribadeo con tendas vivas, coidadas e profesionais para seguir sendo un...
leer másEste sábado, 2 de agosto, terá lugar unha nova edición da Festa do Percebe de Rinlo, que contará por terceiro ano con servizo de transporte gratuíto entre Ribadeo e Rinlo e viceversa.
O alcalde, Dani Vega, contou que “chegou o percebe, chegou unha das maiores festas gastronómicas de toda Galicia que pon en valor o produto do mar, na que se pon en valor tamén unha forma de traballar, unha forma de vida e por iso recordamos a todas as percebeiras e percebeiros que defenden a forma de vida dun sector tan importante como é o sector do mar”.
O rexedor declarou: “poñer en valor tamén o produto gastronómico. Evidentemente, por todo Galicia hai festas gastronómicas que queren enxalzar o produto do mar e o percebe nace con esa vocación e sigue. A festa do percebe xa está no calendario de todos os ribadenses, tamén de...
leer másRibadeo acolle dúas exposicións de pintura desde este venres, 1 de agosto, ata o día 10 dese mes. Son dos artistas Nenó Selá e López Castro.
A mostra con obras de Nenó Sela titúlase Paisaxes de Ribadeo: Cen anos de Historia e poderá visitarse na sala de exposicións da Casa de El Viejo Pancho desde 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00.
E a mostra de pinturas de López Castro, titulada O encuadre da ría, estará na sala de exposicións do Campo de San Francisco e abrirá ao público de 18:00 a 21:00 horas.
O campo municipal Pepe Barrera acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo.
Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.
Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo celebrará o seu 70º aniversario cun concerto colaborativo que se levará a cabo o día 1 de agosto, venres. Será ás 21:00 horas na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo.
“Este ano toca celebrar o 70° aniversario da Coral. O 1 de agosto faremos un concerto colaborativo no que participarán excoralistas de todas as etapas. Moitas grazas a todos/as eles/elas! Desexamos que gocedes deste acto único que nos fará viaxar no tempo a través da música”, anuncia a Coral Polifónica de Ribadeo.
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 31 DE JULIO
VIERNES 25, SÁBADO 26 Y DOMINGO 27
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 18:00 “LOS PITUFOS
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
LUNES 28
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
MARTES 29 (DÍA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 18:00 “LOS PITUFOS
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
MIÉRCOLES 30
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
JUEVES 31
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2...
Vilela, no concello de Ribadeo, celebra as festas do Carme este sábado, día 26 de xullo.
As actividades comezarán ás 12:30 horas con procesión coa Virxe do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 celebrarase misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
De 17:00 a 20:30 horas haberá festa para nen@s, con inchables e toro mecánico. Ás 18:00 actuará o dúo Belinda e realizarase un sorteo sorpresa. E ás 22:00 horas empezará a verbena coas orquestras Alabama e Madastur.
O Concello de Ribadeo anuncia que este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Campo de San Francisco será escenario do circo contemporáneo coa representación da obra Vicki e a felicidade, da compañía Bandullo Azul, dentro da programación Cultura no Camiño.
É un espectáculo teatral para todos os públicos dirixido por Marcos Orsi e interpretado por Fran Campos e Fran Ameixeiras.
Se chove a representación trasladarase ao Teatro ribadense.
A tenda ribadense de moda infantil e complementos Querocolo acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo. A propietaria do establecemento, Tania Fernández, decidiu formar parte deste colectivo porque considera que “hoxe en día o pequeno comercio só lle pode facer fronte ás grandes cadeas e ás ventas por Internet se é de forma unida e con iniciativas que fomenten o comercio local”.
Querocolo abriu en 2015 da man de Raquel Pernas e anos despois, en 2024, comezou unha nova etapa con Tania Fernández á fronte. Está na rúa Ramón González da vila ribadense e é unha tenda de moda infantil e complementos como sacos e bolsas para o carro, mantas, xoguetiños, muselinas, mordedores, babeiros, etcétera. Aínda que a súa especialidade son os bebés, tamén teñen prendas de vestir ata a talla 6 anos...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco, pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.
O director da formación, David Ballester Martínez, anuncia: “seguimos coa programación da Banda Municipal de Música de Ribadeo e, despois do concerto do Ribadeo Indiano e do Festival de Bandas, este venres 25 as oito e media da tarde no Campo de San Francisco vai ter lugar o xa tradicional concerto do Día da Patria. Farémolo ao aire libre se o tempo nolo permite e senón trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval. Este concerto vai estar composto por obras de temática...
leer más












