Ribadeo

Etiquetas:
12/05/2025

Acisa entrega de forma gratuíta 10.000 bolsas inclusivas para o comercio asociado co fin de achegalo ás persoas con discapacidade visual. Trátase dunha iniciativa pioneira en España, que conta co financiamento da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade. 

Nas instalacións de Acisa tivo lugar o acto de presentación que contou coa participación, entre outros, da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia, Carlos Fernández, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a presidenta e o xerente da asociación empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe para nós é un día importante, porque ten lugar a presentación das novas bolsas que desde Acisa...

leer más
Etiquetas:
12/05/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “este xoves, 15 de maio, ás 20:30 horas imos poder gozar da actuación das Erikas e Peluxías ao longo das rúas ribadenses, ao pé de varios dos balcóns que dan acubillo ás Palabras na varanda, que cada ano organiza a Agrupación Cultural Francisco Lanza. Nesta ocasión, e ao mesmo tempo que celebramos o Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, imos engalanar os nosos balcóns con múltiples referencias ás mulleres que durante anos e anos mantiveron viva a nosa tradición musical e as cantigas que lle daban contido. Comezaremos o percorrido na rúa San Francisco, fronte á igrexa, e despois desprazarémonos até a Praza de Abaixo para, a continuación, achegármonos á rúa Antonio Otero, á altura da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, e rematarmos na rúa Rodríguez Murias, cabo do mural dedicado a...

leer más
10/05/2025

O salón dos alcaldes acolleu a presentación da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrará en Ribadeo do 25 ao 27 de xullo. 

O alcalde, Dani Vega, subliñou “a colaboración do Concello coa organización do Vendaval Fest, que tamén conta co apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, de entidades como Acisa e de patrocinadores privados”.

O rexedor dixo que “é unha satisfacción que un colectivo de rapazas e rapaces novos organicen esta cita musical e outras moitas actividades ao longo do ano. Como por exemplo O Galiñeiro, a Festa da Ría ou a Pre Festa de Fin de Ano. Co Vendaval colaboramos e noutras actividades organizamos xunto á asociación Catro Caños”.

O deputado de Mocidade, Daniel García, parabenizou á organización por “poñer Ribadeo no mapa de...

leer más
Etiquetas:
09/05/2025

O X Ribadeo Indiano, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo, estará dedicado á figura do filántropo Ramón González e actuará a famosa orquestra cubana Los Van Van. Concello e Acisa presentaron o cartel desta nova edición do evento.

O alcalde, Dani Vega, declarou: “os días 11, 12 e 13 de xullo vamos celebrar o Ribadeo Indiano. Dez anos de historia, de poñer en valor toda unha cultura arquitectónica, social, unha reivindicación de cómo somos. Eses dez anos de historia queremos dedicarllos á filantropía, queremos dedicarllos a un dos indianos máis coñecidos e recoñecidos en Ribadeo, que é Ramón González. Naceu en Ribadeo, estudou Náutica e Comercio e despois marchou para a Arxentina, onde traballou como empregado e tamén foi quen de participar en moitas sociedades e crea a súa propia empresa. Con todo o esforzo fai unha grande fortuna. Despois...

leer más
Etiquetas:
09/05/2025
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 15 E MAYO
 
VIERNES 9, SABADO 10 Y DOMINGO 11
SALA 1 18:00 “UNA PELÍCULA DE MINECRAFT”
SALA 1 20:15 -  23:00 “THUNDERBOLTS”
SALA 1 18:00 “EL CASOPLÓN”
SALA 2 20:15 – 23:00 “LOS PECADORES”
 
LUNES 12
SALA 1 20:15 -  23:00 “THUNDERBOLTS”
SALA 2 20:15 – 23:00 “LOS PECADORES”
 
MARTES 13 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:15 -  23:00 “THUNDERBOLTS”
SALA 2 20:15 – 23:00 “LOS PECADORES”
 
... leer más
09/05/2025

O Concello de Ribadeo segue apostando polo benestar e a saúde das persoas maiores, e este mes de maio preséntase co tema O coidado da pel: o manexo e a prevención das úlceras por presión. As datas e os lugares de celebración serán os días 14 de maio ás 18:00 en Ribadeo, o 15 ás 16:00 en Cedofeita, o 26 de maio ás 16:00 en Cinxe e o 27 de maio ás 18:00 en Vilaselán.

A concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, anuncia a realización dunha serie de charlas informativas durante o mes de maio en diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Preto de Ti, “que ten como obxectivo achegar recursos de saúde, autocoidado e prevención á veciñanza, especialmente á poboación maior e aos seus coidadores”, lembra Elena Sierra.

A edil ribadense explica que “as charlas serán...

leer más
Etiquetas:
07/05/2025

Do 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello. 

O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “as actividades que ofertamos son un campamento dixital gratuíto coa Fundación Cibervoluntarios, que se desenvolverá do 23 ao 27 de xuño para nenas e nenos de 9 a 13 anos; teremos tamén colonias urbanas do 30 de xuño ao 1 de agosto para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Serán 100 prazas por semana e o importe semanal ascenderá a 40 euros. Esta actividade pretende facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, de aí que contará cun horario especial de oito da mañá a tres da tarde”.

... leer más
07/05/2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará catro obras no concerto das Letras Galegas que ofrecerá no auditorio Hernán Naval o día 16 de maio, venres, ás 20:30 horas.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da Banda...

leer más
Etiquetas:
07/05/2025

Vitaldent e Acisa Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.

Segundo indica o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez,  “vimos de renovar o convenio de colaboración coa empresa asociada Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013), que ofrece aos asociados e asociadas do noso colectivo empresarial condicións vantaxosas para o coidado da saúde bucodental. O novo convenio, vixente ata o 31 de decembro de 2025, ofrece unha primeira consulta gratuíta, incluída ortopantomografía de diagnóstico a todas as persoas pertencentes o colectivo empresarial e aos seus familiares directos, un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados nesta clínica, así...

leer más
07/05/2025

O meteorólogo televisivo Martín Barreiro presentará o seu libro titulado El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. O acto terá lugar este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas.

O Concello de Ribadeo anuncia que “o meteorólogo e experto en comunicación sobre cambio climático Martín Barreiro presentará o seu libro El extraordinario Planeta A. ¡Nos importa el cambio climático! na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo. O libro, orientado ao público infantil, ofrécenos información rigorosa acompañada dunhas ilustracións moi coidadas sobre os problemas que ocasiona o cambio climático no noso medio”.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a nenos e adultos a asistir á presentación, xa que “é unha...

leer más