Ribadeo
O pavillón municipal de deportes acollerá este sábado, 7 de marzo, o XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo, que reunirá a 700 participantes. O evento está organizado polo club local Escola Porta Norte e polo Concello, e conta coa colaboración de Acisa, Gadis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Construcciones Metálicas Cotarelo.
Nelly Bouso, directora técnica da Escola Porta Norte, comentou que “na cita contaremos coa participación de 700 ximnastas, todas procedentes da provincia de Lugo, así como un club convidado que ven de Pontevedra. A competición pola mañá dará comezo ás 10 e pola tarde ás 16:30 horas”.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent subliñou que “vai ser un sábado moi importante para Ribadeo no ámbito deportivo e para a súa dinamización hostaleira e...
leer másEl restaurante El Huerto, que está en la parroquia ribadense de Vilaframil, organiza una cena baile de San José para el día 21 de marzo, sábado, a las 21:30 horas.
El menú incluye: surtido de quesos e ibéricos, arroz caldoso marinero, jarrete de ternera al mencía, brazo de crema, café, licor y vinos cosecheros blanco y tinto. La animación musical correrá a cargo de la cantante Lucía Fraguela y el precio es de de 35 euros por persona.
Para participar hay que reservar previamente, lo que puede hacerse en el propio restaurante El Huerto o a través del teléfono 982.128.409.
Además para los participantes en la cena baile ofrecen alojamiento a un precio especial de 35 euros la habitación doble.
A escritora Yolanda Penas Varela ofrecerá un espectáculo de contacontos na biblioteca municipal de Ribadeo este venres, día 6 de marzo, ás 17:30 horas.
“A Biblioteca de Ribadeo convértese este venres 6 de marzo nun espazo para gozar da literatura en familia, cunha tarde chea de historias e emocións. Ás 17:30 horas terá lugar o contacontos titulado El corazón sensible. Da man de Yolanda Penas Varela, con ilustracións de Bernardo Koiti Tan, achegarémonos a un conto tenro e cheo de valores pensado para o público infantil e familiar. Unha actividade perfecta para descubrir o poder das emocións a través da lectura”, anuncia o Concello de Ribadeo.
O venres 6 de marzo ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) organiza un novo acto literario: a presentación do libro titulado Conventículo, de Eva Moreda. Presentará o acto Farruco Graña, presidente da ACFL, e intervirán Javi Gómez, crítico literario, e Eva Moreda
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “Eva Moreda volve ao Ribadeo que a viu medrar para presentar o seu novo libro, Conventículo. Se queremos coñecer un pouco máis desa nena que visita a súa media irmá (estudante en Gran Bretaña) para ver como lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas van atopar novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo, este venres seis de marzo é unha ocasión excelente dialogando coa propia autora desta historia. Conventículo é...
leer másAcisa Ribadeo ven de aprobar, na súa asemblea anual, por primeira vez un calendario unificado para o sector comercial. Trátase dunha recomendación que contou co respaldo maioritario dos asistentes.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicou que “na asemblea ordinaria, que tivemos onte, aprobouse o primeiro calendario unificado de aperturas e peches para o comercio da nosa entidade. Trátase dun calendario que nace como orientación e coma unha recomendación xeneralizada, coa que Acisa promocionará os días que se fixaron de apertura e que busca que todo o comercio da vila abra e peche de forma unánime en cada ocasión. Non é unha medida obrigatoria, pero gustaríanos que a maior parte do comercio a asuma como propia. Todos os socios e socias coñecen xa o calendario aprobado, e o que buscamos é evitar esa confusión que soe haber cada dia...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 5 DE MARZO
VIERNES 27, SÁBADO 28 Y DOMINGO 1
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “GREENLAND 2“
SALA 2 18:00 “COMO CABRAS“
SALA 2 20:15 – 23:00 “CUMBRES BORRASCOSAS”
LUNES 2
SALA 2 20:30 – 23:00 “GREENLAND 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “CUMBRES BORRASCOSAS”
MARTES 3 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 2 20:30 – 23:00 “GREENLAND 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “CUMBRES BORRASCOSAS”
MIÉRCOLES 4 SIN ESPECTÁCULO
JUEVES 5 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 2 20:30 – 23:00 “GREENLAND 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “CUMBRES BORRASCOSAS”
A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia retoma no mes de marzo as charlas informativas sobre saúde baixo o título Colesterol e Saúde Cardiovascular, unha iniciativa enmarcada no programa municipal Preto de ti, que achega actividades e servizos ás diferentes parroquias do municipio de Ribadeo.
As sesións desenvolveranse nas escolas das distintas parroquias nas seguintes datas e horarios: Vilaselán, o 10/03/26 ás 18:00 horas; Ribadeo, o 11/03/26 ás 18:00; Cedofeita, o 12/03/26 ás 16:15 horas; A Devesa, o 17/03/26 ás 10:00; Arante, o 17/03/26 ás 16:30 horas; Cinxe, o 23/03/26 ás 16:15; e Rinlo, o 24/03/26 ás 16:15 horas.
A concelleira Elena Sierra explica que “durante estas charlas abordaranse cuestións fundamentais para o coidado da saúde cardiovascular, como a alimentación axeitada, os factores de risco,...
leer másRibadeo acollerá varios partidos das ligas Prebenxamín e Hobby Hockey este domingo, día 1 de marzo. Serán no Pavillón de Deportes.
O primeiro partido terá lugar ás 10 a mañá e o último ás 17:40 horas. Nos encontros de Prebenxamín participan: Meigas, Alquimia, Trasnos, Brigantium e Lóstregos. E na liga Hobby Hockey mediranse Trasnos, Lóstregos e Alquimia.
Organiza o Club de Hockey Isla Pancha coa colaboración de Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Área de Deportes da Deputación de Lugo, Acisa Ribadeo, Ibakari, Mel do Rego da Xeada, Rego de Fornea, El Bosque de Mayra e Xardinería Daniel Ovide.
Os grupos de punk folk Skontra e Bestas actuarán en Ribadeo este sábado, día 28 de febreiro. Será no Cine Teatro ás 21:30 horas.
Está organizado pola asociación Catro Caños, promotora do Vendaval Fest, que anuncia: “o vindeiro 28 de febreiro chega unha noite de puro punk e folk ao Cine Teatro de Ribadeo. Desde Xixón chega Skontra con toda a súa potencia sobre ó escenario; levan dúas décadas de historia dende a súa formación en 2001. O seu son mestura sen complexos ritmos punk, hardcore, ska e folk asturiano, creando un estilo único cheo de enerxía, celebración e unha mensaxe socialmente consciente. E desde A Coruña, Bestas, cun son fresco e directo, conectando a raíz ca modernidade, cunha forza salvaxe e divertida. Unha conexión instantánea co público para poder desfrutar do frenético directo”.
El restaurante Javier Montero, de Ribadeo, recibe de nuevo la distinción como recomendado por la prestigiosa guía Michelin.
Hasta la ciudad de A Coruña se desplazaron sus propietarios Javier Montero y Tita Iglesias para recoger este galardón: “gracias a todos los que cada año nos acompañan y apoyan en nuestro proyecto de vida. Gracias a nuestro pequeño, pero gran equipo, ya que sin vosotras (todas son mujeres) no sería posible. Y gracias a Michelin por contar con nosotros un año más”.
El restaurante Javier Montero cuenta con la recomendación de la Guía Michelin desde el año 2021 a la que se sumó en 2024 el Sol Repsol, recientemente renovado para el presente 2026.
El hotel restaurante Javier Montero abrió sus puertas en Ribadeo en noviembre del año 2018.












