Ribadeo
Ribadeo conta co primeiro taxi eléctrico da Mariña. José Fernández García, taxista desde hai quince anos neste concello, decidiu cambiar de coche “debido ao prezo desorbitado que está a ter o diésel. Despois de traballar con tres vehículos de gasóleo levo xa máis dun mes co eléctrico e o balance económico é moi positivo”.
Para José Fernández “o bo disto é poder cargar o taxi na casa. Eu dispoño dun cargador. Conto poder obter unha subvención de 8.500 euros en total da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado, xa que están a apostar por este tipo de transporte”.
O taxista ribadense avoga “pola instalación dun cargador eléctrico na parada de taxis de Ribadeo. Estaría moi ben que desde o Concello se realizasen os trámites para poder contar con este sistema, que facilitaría que máis compañeiros puidesen optar por este...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) Ribadeo lanza O Pasaporte, unha nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais entre o 8 de maio e o 14 de xuño. O broche final será o sorteo, ante notario, dunha viaxe a Lanzarote.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado Iglesias, anunciou que “Ribadeo prepárase para vivir unha experiencia comercial única co lanzamento da nova campaña impulsada por Acisa e denominada o Pasaporte. Trátase dunha iniciativa que combina compras, lecer e premios para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais durante máis dun mes, agora que chega o bo tempo e que os días son grandes e convidan a facer máis vida na rúa”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez Prada, explicou que “desde o 8 de maio ata o 14 de xuño...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece un curso gratuíto de administrativo dirixido a persoas desempregadas, aínda que tamén poden inscribirse como mellora de emprego persoas que estean a traballar. Esta acción formativa inclúe prácticas en empresa e ademais permite obter o certificado de profesionalidade. As probas de selección realizaranse o día 13 de maio, mércores, ás 18:00 horas no CIFP Porta da Auga.
“Buscas traballo estable? Fórmate como administrativo e abre as portas ao teu futuro co certificado de profesionalidade de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais de 508 horas (108 de prácticas na empresa) de nivel I sen requisitos de acceso. Aprende a interpretar unha nómina, xestión de documentos, atención ao cliente, facturación, contabilidade básica e manexo de...
leer másEste venres, día 8 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o cómic titulado O día de San martiño, de Cristian F. Caruncho.
É unha acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “este venres 8 de maio vannos acompañar Cristian F. Caruncho e o noso veciño Xermán Viluba para falarnos do excelente cómic O día de San Martiño. Imos poder escoitalos ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Xermán Viluba xa fixo unha interesante introdución ao mundo do fanzine cando presentamos o libro Fanzines en Galiza, de Ramón Mariño, establecendo un fecundo nexo entre os anos 90, nos que el era estudante, e nos que protagonizou destacados capítulos no mundo da cultura alternativa na Mariña. Nesta ocasión vai poder mergullarse un chisco máis no...
leer másA Guardia Real será a encargada de izar as bandeiras no espazo habilitado a carón da Casa do Concello de Ribadeo. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, pola tarde.
O alcalde, Dani Vega, anunciou que “dentro da programación de actos que está tendo a Guardia Real na provincia de Lugo, tamén se trasladan a Ribadeo. O primeiro que quero é mostrar o meu agradecemento á Casa Real e á Guardia Real por trasladar estas actividades, estes actos solemnes aos distintos municipios e que todos poidamos observar actos que non estamos acostumados a ver”. O rexedor cre que esta actividade “acerca a Guardia Real á poboación e podemos observar actos que son tamén de importancia. Nosoutros temos que mostrar o agradecemento profundo aos mandos militares da Guardia Real pola excelente coordinación e colaboración con este Concello para desenvolver este...
leer másO mago Rafa presenta este sábado, día 2 de maio, en Ribadeo o seu espectáculo titulado Imposible!?. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
É unha actividade para público familiar incluída na programación cultural do Concello de Ribadeo.
O Vendaval Fest organiza o VIII Concerto do Galiñeiro no Cine Teatro de Ribadeo este venres, día 1 de maio, ás 22:00 horas coas actuacións dos grupos Sigilu e Beach Avenue.
Os promotores deste evento anuncian: “o vindeiro 1 de maio viviremos no Cine Teatro de Ribadeo unha noite chea de grunge e rock alternativo” e explican que o grupo Sigilu “nace en Lugo en 2015 cunha idea clara: mesturar o acústico e o electrónico sen límites. En 2017 lanzan o seu primeiro traballo, fusionando folk, electrónica e matices trip-hop, marcando o inicio do seu universo musical. En 2025 lanzan o seu segundo álbum, máis denso e expansivo, que conecta o rock progresivo, o metal e o alternativo dos noventa, con ecos da música española clásica. Influencias como Tool, Steven Wilson, Alice in Chains ou Radiohead marcan o seu son”. E Beach Avenue “nace en Lugo en...
leer másTodo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará este xoves, día 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, anuncia: “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.
O rexedor comentou tamén: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no...
leer másPara Mamá con ACISA é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “para agasallar nesta data poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa fidelidade da súa clientela unha vez máis. Para sorprender ás mamás na nosa vila temos de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo en familia como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “as...
leer más












