Ribadeo

Etiquetas:
07/07/2026

O día 22 de agosto, sábado, disputarase a oitava Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que organiza o Club Atletismo Ribadeo. A presentación foi nas inmediacións do Pazo de Ibáñez e contou coa participación de representantes do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa, así como de patrocinadores e membros do club organizador.

Son 14 as categorías que se disputarán desde pitufos ata veteranos: “de pitufos a alevín desenvolveranse arredor do parque de San Francisco, infantil e cadete sairán desde o faro da Illa Pancha e a proba absoluta, de 9 quilómetros, partirá de Rinlo e rematará en Ribadeo diante do Concello”, explican desde o Club Atletismo Ribadeo, que tamén anuncian que “ata o momento son 266 as persoas inscritas e o prazo remata o 19 de agosto ás 23:59 horas. Tod@s @s participantes levarán unha bolsa do corredor con diversos agasallos...

leer más
Etiquetas:
06/07/2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano investindo máis de 35.000 euros na décimo primeira edición deste evento histórico cultural. A vila vístese estes días de branco para gozar dunha cita, que se desenvolverá esta fin de semana do venres 10 ao domingo 12 de xullo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decorándose desde hoxe, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos... o XI Ribadeo Indiano xa está aquí. Este ano 2026 con motivo da celebración da undécima edición, e grazas ás axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un novo esforzo e inviste arredor de 35.000 euros. Ben merece a pena porque estamos ante a fin de semana máis agardada por todo o tecido empresarial...

leer más
Etiquetas:
05/07/2026

O grupo galés de folk Rholben e Mano Panforreteiro, como artista convidado, actuarán no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 20 de xullo, luns, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación cultural A Tribo Da Travesía, que anuncia: “grazas á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, imos poder disfrutar dun concerto moi especial! Temos ao grupo de folk galés Rholben o luns 20 de xullo no Círculo Habanero de A Devesa (Ribadeo) ás 20:30 horas”. Ademais explica que as interpretacións creadas por Rholben “transbordan tenrura, enxeño e emoción. A súa música transmite lixeireza e contemporaneidade, ao mesmo tempo que nos imbúe da solidez e intemporalidade da montaña que lle dá nome. E aproveitamos a ocasión para ofrecervos un obradoiro de canto tradicional galés, da man de Siriol Davies e John Ruddock, de...

leer más
Etiquetas:
03/07/2026

O espectáculo Peque Disco Moc Moc, de DJ MeRe Clown, chega a Ribadeo este sábado, día 4 de xullo. Será ás 20:00 horas no Campo de San Francisco.

O Concello de Ribadeo anuncia: “este sábado, día 4 de xullo, ás 20:00 horas prepárate para unha festa chea de música, malabares, humor e moita diversión para toda a familia da man de DJ MeRe Clown. Bailaremos ao ritmo dos temas que máis gustan ás crianzas: Poliño Pío, Chuchúa, Follow the Leader, Crazy Frog e moitos máis éxitos que farán cantar e saltar a pequenos e maiores. Un espectáculo participativo onde a música, os xogos e as sorpresas se mesturan para crear unha experiencia inesquecible”.

Etiquetas:
03/07/2026
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 9 DE JULIO
 
VIERNES 3,  SÁBADO 4 Y DOMINGO 5
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “MINIONS & MONSTERS“
SALA 2 18:00 “TOY STORY 5”
SALA 2 20:30 - 23:00 “SUPERGIRL”
 
LUNES 6
SALA 1 20:30 – 23:00 “MINIONS & MONSTERS“
SALA 2 20:30 - 23:00 “SUPERGIRL”
 
MARTES 7  (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “MINIONS & MONSTERS“
SALA 2 18:00 “TOY STORY 5”
SALA 2 20:30 - 23:00 “SUPERGIRL”
 
MIÉRCOLES 8 
SALA 1 20:30 – 23::00 “VAIANA”
SALA 2 20:30 “MINIONS & MONSTERS“
SALA 2 23:00 “SUPERGIRL“
 
JUEVES 9 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 1 20:30 – 23::00 “VAIANA”
SALA 2 20:30 “MINIONS & MONSTERS...
leer más
Etiquetas:
02/07/2026

Acisa Ribadeo repartirá vasos de plástico ríxido reutilizable como recordo conmemorativo do XI Ribadeo Indiano. Trátase de 15.000 recipientes serigrafiados.  

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e para a hostalería ribadenses, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 10 ao 12 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe presentamos: os vasos do Ribadeo Indiano,...

leer más
02/07/2026

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, organiza para o vindeiro 20 de xullo, ás 20:00 horas, a conferencia titulada Eclipses ao longo da Historia: medo, mito e ciencia, impartida por Juan Nolasco, do Planetário do Porto – Centro Ciência Viva (Portugal).

A actividade toma como punto de partida o eclipse solar do 12 de agosto de 2026, un dos fenómenos astronómicos máis relevantes das últimas décadas na península ibérica. Ao longo da conferencia o relator ofrecerá un percorrido pola historia dos eclipses, analizando como foron interpretados por diferentes culturas, desde as explicacións míticas e supersticiosas ata o coñecemento científico actual. A sesión abordará tamén a presenza dos eclipses na arte, na literatura e na cultura, así como a importancia de observar estes fenómenos de maneira segura e informada.

... leer más
30/06/2026

A praia das Catedrais estará pechada o día 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar. Ribadeo e Lalín seguirán este fenómeno a través de pantallas xigantes coas explicacións que ofrecerá o profesor José Ángel Docobo, que é catedrático de astronomía da USC e director do observatorio Ramón María Aller.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, explicou: “tivemos unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, concretamente coa directora de Patrimonio Natural, para coordinar todos os traballos relativos ao eclipse do vindeiro 12 de agosto. Nas Catedrais, punto de referencia e de encontro, onde tamén vai ter presenza Lalín con esa pantalla onde a explicación do profesor Docobo vai ser unha explicación do que é o eclipse e tamén das perseidas; é unha charla pedagóxica para explicar o impacto e o que significa o...

leer más
Etiquetas:
30/06/2026

Acisa y BeOne Ribadeo alcanzan un acuerdo para bonificar la entrada al centro deportivo ribadense a las personas alojadas en establecimientos asociados.

Desde BeOne explican que “las personas hospedadas en hoteles y alojamientos asociados a Acisa podrán acceder a BeOne Ribadeo por 4 euros al día hasta el 31 de agosto, disfrutando de gimnasio, piscina climatizada y zona spa durante su estancia en la localidad”.

Desde Acisa se muestran satisfechos de este acuerdo alcanzado con BeOne Fitness & Sport “para ofrecer un gran descuento en la entrada diaria al centro deportivo de Ribadeo a las personas que se hospeden en establecimientos de nuestra asociación. Gracias a este acuerdo, desde este momento y hasta el 31 de agosto, las personas alojadas en hospedajes asociados podrán acceder a BeOne Ribadeo por solo 4€/día...

leer más
Etiquetas:
26/06/2026

O Concello de Ribadeo anuncia que “a maxia do regreso, o aroma do tabaco e o liño branco volven inundar as rúas de Ribadeo nunha nova edición do seu xa emblemático Ribadeo Indiano. Un dos piares fundamentais desta viaxe ao pasado é, sen dúbida, a súa banda sonora: unha coidada selección musical que recrea o ambiente das sociedades da emigración galega en Cuba, Arxentina ou México”.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a festa arrincará oficialmente o 10 de xullo. Como xa é tradición, o Coro Sagrado Corazón porá a nota emocional unindo as dúas beiras do Atlántico. Tras o tradicional desembarco teatralizado no peirao de Porcillán, a música será a encargada de recibir aos indianos. A noite tinguirase de nostalxia e elegancia cos concertos de formacións como Gallaecia Small Band. O broche de ouro da primeira xornada chegará...

leer más