Ribadeo

Etiquetas:
13/05/2026

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a proba arrincará ás 11 da mañá desde o parque de San Francisco e reunirá a 120 ciclistas das categorías masculinas M30, M40, M50 e M60. O evento forma parte do Campionato de Galicia de Estrada 2026 e vainos converter en punto de encontro para os amantes do ciclismo esta fin de semana. Ata Ribadeo se van achegar corredores procedentes de distintos puntos de Galicia para disputar unha das probas destacadas do calendario autonómico desta disciplina deportiva”.

O edil ribadense subliñou que “Ribadeo encherase de ambiente ciclista esta fin de semana. Animamos a presenciar a saída a partir das 11 da mañá deste vindeiro domingo, día 17, e o seu paso polas rúas da nosa vila”.

O III Trofeo Máster Vila de Ribadeo, que organizan o Club Ciclista Eo e o Concello...

leer más
Etiquetas:
12/05/2026

Este xoves, día 14 de maio, ás 18:00 horas celebrarase no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unha charla informativa sobre adolescencia e ocio nocturno. O relator é Martín Camba Conde, policía en Santiago de Compostela. A entrada será libre e gratuíta.

É unha actividade organizada pola Asociación de Familias Esteo, que anuncia: “o vindeiro xoves, 14 de maio, ás 18:00 horas teremos unha sesión informativa para familias e rapazada sobre o ocio nocturno. O policía local Martín Camba é o encargado de levar a cabo estas charlas e encontros divulgativos onde explica a normativa sobre ruídos e convivencia tanto a estudantes como a familias e profesorado da mocidade que comeza a saír de noite. Calquera persoa interesada está convidada a asistir”.

12/05/2026

A tenda Mercería y Confección Susana Moreira acaba de cumprir 10 anos desde a súa apertura na avenida de Galicia, número 7, de Ribadeo e vai celebralo sorteando unha saia indiana a través da súa páxina en Instagram. A propietaria do establecemento, Susana Moreira, explica que “a participación abrirase este xoves, día 14 de maio, e rematará o luns 18, cando se celebrará o sorteo e a persoa gañadora poderá escoller entre 5 modelos diferentes de saia, de distintas telas e que se poden adaptar á talla da afortunada”.

Susana Moreira fai un balance positivo destes dez anos do seu negocio porque conta con moita clientela fixa e pola gran evolución que experimentou: “a tenda actual non ten nada que ver coa do principio, é moi diferente”. E explica os motivos da transformación do establecemento: “empecei abrindo varios campos como paquetería,...

leer más
10/05/2026

Hace unos días recogía en Toledo el Premio Nacional de Comercio Interior en nombre de ACISA Ribadeo, un reconocimiento concedido, entre otras cuestiones, por el desarrollo de la unidad gerencial de la asociación y por el trabajo realizado durante los últimos diez años.

Pasado ya un tiempo desde aquel día y después de haber reflexionado mucho sobre todo lo vivido, sentía la necesidad de escribir estas líneas. Porque, si algo considero importante en esta vida, es saber ser agradecido.

Este premio pertenece a muchas personas. Aunque tuve el honor de recogerlo personalmente, el reconocimiento no es individual. Es colectivo.

Pertenece, en primer lugar, a los cerca de 170 empresarios y empresarias que forman parte de ACISA Ribadeo y a los más de 600 trabajadores que dependen directamente de...

leer más
Etiquetas:
08/05/2026

Mañá, 9 de maio, terá lugar unha nova edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. 

Son 18 os locais hostaleiros que acollerán as actuacións dos 12 grupos participantes entre as 20:30 e as 22:15 horas.  

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que “con esta xa tradicional cita queremos lembrar e homenaxear a aquelas xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viño e un grupo de amigos eran máis que suficientes para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe en día se conservan xurdiron desa espontaneidade daqueles anos”.  

Para Saiz “esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia...

leer más
Etiquetas:
08/05/2026

As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta tarde a entrega dos premios da campaña do Día da Nai. 

As persoas afortunadas foron: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levou unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic. 

Na entrega de agasallos participaron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, asÍ  como José Ramón Leal, propietario da galería ribadense Terra Branca. 

Desde Acisa agradecen “a Bodegas Docampo, de Ribadavia, e a Terra Branca, de Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
08/05/2026
 
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 14 DE MAYO
 
VIERNES 8, SÁBADO 9 Y DOMINGO 10
SALA 1 18:00 - 20:30 “EL DIABLO VISTE DE PRADA 2“
SALA 1 23:00 “MICHAEL“
SALA 2 18:00 - 20:30 – 23:00 “MORTAL KOMBAT II“
 
LUNES 11
SALA 1 20:30 “EL DIABLO VISTE DE PRADA 2“
SALA 1 23:00 “MICHAEL“
SALA 2 20:30 – 23:00 “MORTAL KOMBAT II“
 
MARTES 12 (DIA DEL ESPECTADOR)
 
SALA 1 20:30 “EL DIABLO VISTE DE PRADA 2“
SALA 1 23:00 “MICHAEL“
SALA 2 20:30 – 23:00 “MORTAL KOMBAT II“
 
MIÉRCOLES 13 (SIN ESPECTÁCULO). 
 
 
JUEVES 14 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 1 20:30 “EL DIABLO VISTE DE PRADA 2“
SALA 1 23:00 “MICHAEL“
SALA 2 20:30 – 23:00...
leer más
Etiquetas:
08/05/2026

O Concello de Ribadeo organiza a segunda edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os sábados 23 de maio, 6 e 13 de xuño.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explica que “os Encontros de Familia son un espazo para reflexionar e compartir experiencias. Nesta segunda edición contaremos coa colaboración da Asociación Guillem Veiga Iglesias”.

O programa deste 2026 inclúe tres encontros: 23 de maio, Comprender a conduta; 6 de xuño, Relacións e conflitos sociais; e 13 de xuño, Responsabilidade e autonomía.

Elena Sierra subliña que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e...

leer más
07/05/2026

A Praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha xornada sobre a Faba de Lourenzá, con elaboración de receitas e degustación. Será este sábado, día 9 de maio, ás 12:00 horas dentro do programa Gastropraza.

A asociación Cociñeiros Lugo explica que “a gastronomía galega tamén se constrúe dende o produto, o coñecemento e a maneira de compartilo. O vindeiro sábado 9 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Ribadeo celebraremos unha nova cita de Gastropraza. Cociña de calidade no mercado, desta volta cunha xornada dedicada a un dos grandes tesouros da nosa despensa: a Faba de Lourenzá. Durante a actividade levarase a cabo a elaboración de receitas e degustación, poñendo en valor un produto emblemático da nosa terra, recoñecido pola súa calidade e pola súa fonda vinculación coa cociña galega. Será unha oportunidade perfecta para seguir achegando...

leer más
Etiquetas:
07/05/2026

As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron este xoves o sorteo da campaña do Día da Nai, na que se repartiron 10.000 papeletas. A entrega dos premios será este venres, día 8 de maio, ás 17:00 horas.

As persoas afortunadas son: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levará unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic.

Desde Acisa agradecen “a fidelidade da clientela no comercio local de Ribadeo para esta tradicional cita. A acollida desta campaña foi un éxito, que agardamos repetir en futuras edicións e...

leer más