Ribadeo
Ribadeo despedirá o verán co Guateque que se celebrará no Parque de San Francisco este sábado, 29 de agosto. Todo o recadado irá destinado ao Carnaval 2027.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, contou que “xa está aquí o Guateque dos anos 60, a música, a cor e a nostalxia dos anos 60 e 70 volven a Ribadeo. A Comisión do Carnaval e o Concello de Ribadeo, xunto con moitos amigos que nos botan unha man, xa ultimamos os detalles para o tradicional Guateque fin de verán, que arrancará a partir das 8 da tarde o vindeiro sábado, 29 de agosto, no Parque de San Francisco. A cita contará con música que repasará os grandes éxitos desa época e para os que queiran disfrutar desde primeira hora tamén haberá postos con empanada ou tortilla”.
A edil ribadense dixo: “dende a organización queremos facer un...
leer másO Concello de Ribadeo anuncia que o día 24 de agosto, luns, ás 20:30 horas o Forte de San Damián acollerá “unha interesante charla de Enrique Pérez-Campoamor Miraved sobre as ameixas xigantes da contorna do Eo”.
A conferencia titúlase Colosos del mar al servicio de la Iglesia e é “unha oportunidade para descubrir máis sobre estes impresionantes habitantes do noso litoral”.
Ribadeo afronta unha fin de semana de intensa actividade gastronómica coa I Feira do Mel, a Festa da Ría e a Carne ao Caldeiro de Remourelle este sábado, 22 de agosto, ademais do Mercado do Camiño.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliñou que “o produto de calidade e de proximidade estará moi presente mañá, sábado, en Ribadeo e tamén en Remourelle. Na contorna da praza de abastos entre as 11 e as 21 horas celebrarase a I Feira do Mel con 17 postos chegados desde varios puntos da xeografía lucense. Haberá catas e un obradoiro de elaboración de velas de cera de abella. Ademais segue no parque de San Francisco o Mercado do Camiño de Santiago, que comezou este pasado martes e que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 23, con diversidade de postos de artesanía e de produtos gastronómicos”.
A edil...
leer másO Comercio na Rúa de Acisa Ribadeo volve este sábado e este domingo, 22 e 23 de agosto, “con grandes ofertas e descontos. Nesta campaña os establecementos participantes sacarán os seus produtos ao exterior dos negocios para ofrecer aos clientes grandes descontos e promocións especiais”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, lembrou que “o comercio asociado xa saíu á rúa os pasados 8 e 9 de agosto. E agora volvemos con esta campaña na que se dan cita Naná, For Friends, Fauna, Farfala, Bombones Moreno, Quero Colo, Bahía, Lucía Barro, Grissi, La Coqueta, Mimimó, Anais, Anivers, A Flote e Adele. Todos eles exhibirán os seus produtos na rúa para facilitar a súa visualización e achegar aínda máis as ofertas aos clientes”.
Jesús Pérez, o xerente de Acisa, dixo que “sen dúbida este sábado e este...
leer másO municipio ribadense acollerá a VIII carreira nocturna Rinlo-Ribadeo este sábado, día 22 de agosto, e baloncesto co CB Breogán o domingo 23
Récord de inscritos na VIII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar este sábado, 22 de agosto. Son 700 os corredores e corredoras que se darán cita na proba organizada polo Club Atletismo Ribadeo coa colaboración, entre outros, do Concello, da Xunta, da Deputación de Lugo e de Acisa.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agradece “o traballo do club organizador desta carreira, que xa é un clásico do verán en toda a contorna e tamén a todas as persoas voluntarias que velarán polo seu bo desenvolvemento. O Concello, como ven sendo habitual, colaborou co Club Atletismo Ribadeo en todo o que precisou. Agardamos que participantes e familiares disfruten da...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 27 DE AGOSTO
VIERNES 21, SÁBADO 22 Y DOMINGO 23
SALA 1 18:00 - “LA PATRULLA CANINA: LA DINO
PELICULA“
SALA 1 20:00 “SPIDER-MAN: BRAND NEW DAY“
SALA 1 23:00 “LA ODISEA“
SALA 2 18:00 “MINIONS & MONSTERS”
SALA 2 20:30 – 23:00 “EL FINAL DE OAK STREET”
LUNES 24
SALA 1 20:00 “SPIDER-MAN: BRAND NEW DAY“
SALA 1 23:00 “LA ODISEA“
SALA 2 20:30 – 23:00 “EL FINAL DE OAK STREET”
MARTES 25 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - “LA PATRULLA CANINA: LA DINO
PELICULA“
SALA 1 20:00 “SPIDER-MAN: BRAND NEW DAY“
SALA 1 23:00 “LA ODISEA“
SALA 2 18:00 “MINIONS & MONSTERS”
SALA 2 20:30 – 23:00 “EL FINAL DE OAK STREET”
MIÉRCOLES 26
SALA 1 20:30 – 23:00 “TADEO JONES Y LA LAMPARA
MARAVILLOSA“
SALA 2 20:30 “EL FINAL DE OAK STREET”
...
O deputado provincial Daniel García achegouse este xoves a Cedofeita, en Ribadeo, onde o colectivo artístico As Vacas Fracas traballa nos últimos preparativos da cuarta edición da Cedofestiña. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización deste encontro cultural que se celebrará este sábado, día 22 de agosto, na contorna no Pazo de Cedofeita e que está dedicado as artes plásticas. E anuncia que “un certame artístico, exposicións, un obradoiro de estarcido e outro de colaxe para a cativada mestúranse no programa da xornada cun cartel musical que prima artistas emerxentes e nomes da nova fornada da música independente en galego como Dani Cornes, High Pau, Arde, Manolo Mançuernas, Varios Santos e Carratxa DJ Set”.
O deputado Daniel García valorou a traxectoria do colectivo artístico “cun traballo pola creación artística e o patrimonio...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en colaboración coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, organiza un curso de defensa persoal feminina.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “este curso de defensa persoal feminina terá lugar o 12 de setembro no Centro Sociocomunitario de Ribadeo. Faranse dúas quendas para facilitar que todas as persoas interesadas poidan acudir. A quenda de mañá será de 10:00 a 14:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición para anotarse está aberto desde hoxe, día 20 de agosto, ata o 4 de setembro, ambos incluídos”.
E engadiu: “o Concello de Ribadeo continúa implicándose na prevención, información e formación contra a violencia de xénero. Queremos un Ribadeo seguro,...
leer másA asociación de veciños Santa Eulalia, de A Devesa (Ribadeo), anuncia que o Círculo Habanero desta parroquia ribadense acolle este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas a presentación do libro do historiador Lourenzo Fernández Prieto titulado A Galicia moderna (1880-1939).
“Unha oportunidade para escoitar de preto ao autor e aos profesores X.R. Veiga e Francisco Villamil nun coloquio aberto sobre o noso pasado”, explica a asociación veciñal da parroquia de Lourenzo Fernández Prieto.
Ribadeo acollerá este sábado, 22 de agosto, a IV Festa da Ría, que organizan a asociación cultural Catro Caños e Mariscadores a pé O Cerredo coa colaboración da Consellería do Mar, Concello de Ribadeo, Xacobeo 2027 e Unión Europea.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “a partires das doce da mañá haberá degustación de mexillóns, ostras da ría e empanada na carpa instalada a carón da lonxa. Haberá tamén música tradicional en directo para amenizar a xornada”.
A edil ribadense subliñou que “será un día para poñer en valor o produto do mar e da nosa ría, así como a música tradicional e a nosa cultura. Animamos a veciños e visitantes a achegarse este sábado ata a lonxa de Ribadeo a pasar unha xornada diferente. Agradecemos á asociación Catro Caños e Mariscadoes a pé O Cerredo a súa organización e a...
leer más












