Ribadeo
O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, Acisa e a Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo impulsa o proxecto Gastropraza, unha iniciativa de dinamización da Praza de Abastos que busca poñer en valor o produto local, a hostalaría e o comercio de proximidade a través dun completo programa de actividades gastronómicas, educativas e divulgativas. A primeira delas será este sábado, 18 de abril, a partir das 12:00 horas. O protagonista será o tofu natural.
A iniciativa, que naceu hai un ano, terá continuidade ao longo dos vindeiros meses, convertendo a Praza de Abastos nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e degustación, onde se levarán cabo actividades para estudantes, degustacións e obradoiros onde se poderán aprender e poñer en práctica estilos e receitas de cociña centradas no produto de proximidade e de calidade...
leer másRibadeo cuenta con el primer Centro de Optometría Comportamental de A Mariña. Está en Opticalia, donde sus profesionales trabajan la terapia visual con niños y adultos. Dolores de cabeza, fatiga visual, dificultades de concentración o bajo rendimiento escolar pueden tener un origen inesperado: la visión.
Mar Torviso, la titular del COC, explica que “la terapia visual es un tratamiento personalizado y supervisado por un optometrista que entrena las habilidades visuales que usamos para leer, concentrarnos, movernos o interpretar lo que vemos. No busca solo ver más nítido, sino ver de manera más eficaz y coordinada”.
El enemigo silencioso detrás del fracaso escolar y la fatiga visual
Numerosos problemas cotidianos pueden tener su origen en disfunciones visuales no detectadas. Entre los casos más habituales destacan la fatiga ocular, los dolores de...
Todo está listo para a celebración dunha nova edición das xornadas gastronómicas da cabala en Ribadeo, que organiza Acisa coa colaboración da OPP do Porto de Burela. Terán lugar esta fin de semana, do 17 ao 19 de abril, e na cita participan 18 locais hostaleiros, que ofrecerán este peixe en diferentes preparacións.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “todo está listo para os días 17, 18 e 19 de abril, datas nas que terá lugar a segunda edición das xornadas gastronómicas da cabala de Burela, na que participarán 18 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita gastronómica. A OPP facilítanos de forma gratuíta uns 90 quilos de cabala que...
leer másEste martes, 14 de abril, deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos do ano dedicado á figura do presidente do Goberno e alcalde honorario deste Concello, Leopoldo Calvo Sotelo. Están organizados polo Concello coincidindo co centenario do seu nacemento. Houbo unha ofrenda floral no cemiterio municipal que realizaron o alcalde, Dani Vega; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e unha das netas de Calvo-Sotelo. O Trío de Cámara da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpretou Alfonsina y el mar e concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, recitou o poema de Manuel María O meu barco, debido á conexión de Leopoldo Calvo-Sotelo coa ría. A continuación tivo lugar un pleno extraordinario no Pazo de Ibáñez para declarar este 2026 como o ano Leopoldo Calvo-Sotelo. O Concello traballa na organización de diferentes actividades como unha...
leer másRibadeo dedicará o ano 2026 á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, coincidindo co centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. Os primeiros actos terán lugar este martes, día 14 de abril. Haberá unha ofrenda floral, un pleno extraordinario e tamén un acto litúrxico.
O alcalde, Dani Vega, anunciou: “este ano 2026 celebramos o centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo e desde o Concello queremos dedicarlle este ano baixo a reflexión, o debate e tamén o recordo da súa pegada. Pai da democracia, peza fundamental na transición, aperturista ante as novas realidades naquel entón da economía de Europa, entramos na OTAN, e defensor das autonomías, dado que o 18 de maio de 1981 tamén firmou o Estatuto de Galicia, un presidente galego firmou o Estatuto Galego”.
O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo...
leer másEste venres, día 17 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro titulado O imperialismo no século XXI, de Duarte Correa Piñeiro, editado por Tempo Galiza Editora. É un acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) e intervirán Dores Fernández Abel (da ACFL) e o propio autor.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica: “Duarte Correa xa nos visitou no ano 2022 para darnos unha charla sobre a situación política internacional, nomeadamente sobre a guerra de Ucraína. De novo imos poder gozar da súa capacidade de análise e síntese para ofrecernos unha visión actualizada dun contexto xeopolítico extremadamente cambiante e inestábel”.
Do 17 ao 19 de abril terá lugar en Ribadeo unha nova edición das xornadas gastronómicas da cabala, que organiza Acisa coa colaboración da OPP do Porto de Burela. Na cita participan 18 locais hostaleiros, que ofrecerán este peixe en diferentes preparacións.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 17 ao 19 de abril terá lugar unha nova edición das xornadas da cabala de Burela na que participarán 18 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar estas novas xornadas. A OPP facilítanos de forma gratuíta uns 90 quilos de cabala que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nesta nova cita gastronómica sen ningún tipo de custe para eles”.
...
O 15 de abril remata o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.
A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe presenta importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga,...
leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha nova saída ao balneario de Ferreira de Pantón, que terá lugar o vindeiro 31 de maio.
Segundo explica a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “esta actividade enmárcase dentro do Programa Anual de Apoio e Autocoidado das Mulleres, co que desde o Concello promovemos iniciativas orientadas ao benestar físico e emocional, así como á creación de espazos de encontro e de convivencia”.
A actividade está dirixida a mulleres e conta cun total de 50 prazas dispoñibles. A saída realizarase ás 9:00 horas desde a Escola de Música de Ribadeo e a chegada está prevista arredor das 20:00 horas.
O Concello de Ribadeo faise cargo do transporte, co obxectivo de facilitar a participación e facer...
leer más












