Espectáculo
O grupo de música e baile tradicional Xacarandaina actuará este domingo, día 19 de xullo, ás 19.00 horas na Praza da Mariña, de Burela, dentro do programa Danza3.
O Concello de Burela anuncia tamén que “durante o espectáculo a formación ofrecerá unha mostra de distintos bailes, músicas e traxes tradicionais de Galicia, elementos que forman parte do Patrimonio Cultural Inmaterial galego. A piques de cumprir 50 anos de traxectoria, Xacarandaina está considerado un referente na conservación, divulgación e dignificación do folclore galego. A actuación chega a Burela grazas ao programa Danza3, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Federación XOC”.
A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez, destacou a importancia de contar con esta actuación na programación cultural do municipio: “é...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado, día 23 de maio, a obra Territorio Regueifa, un espectáculo recomendado para maiores de 14 anos, de teatro, humor, música e improvisación que achega ao público a arte da regueifa a través das actuacións de dous regueifeiros e unha regueifeira.
A función chega a Burela a través da AGADIC, cunha proposta dirixida por José L. Prieto e coa coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O elenco conta ademais coa participación do burelao Manolo Maseda, xunto con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.
A obra comezará ás 20:00 horas con entradas a 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes unha hora antes do comezo da función.
O Concello de Foz, dende a Delegación de Muller e Igualdade coa colaboración da Deputación de Lugo, achega a Foz o espectáculo titulado Risas con Perspectiva Feminista. A actuación terá lugar na Casa da Cultura Manuel María este venres, día 15 de maio, ás 19:00 horas, con entrada de balde.
A concelleira Ana Rojo anuncia que “dentro da programación feminista que ven de lanzar a Deputación de Lugo, a Delegación de Muller de Foz acolle esta iniciativa, baixo un formato diferente de monólogos, cun humor comprometido, próximo é accesible, abordando cuestións e reflexións complexas, con outra perspectiva feminista. Historias reais e experiencias persoais contadas con humor e moita sátira; un espectáculo irreverente con enfoque crítico, unha proposta que vai máis alá do monólogo tradicional, combinando a través da comedia, o teatro e a...
leer másO auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, día 15 de maio, ás 21.00 horas o espectáculo titulado Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño, no marco da programación do Día das Letras Galegas 2026, con entrada de balde ata completar capacidade.
O Concello de Burela anuncia: “a proposta trátase dun espectáculo de narración oral e música no que dous escritores ben recoñecidos do sistema literario galego, Inma López Silva e Francisco Castro, unen as súas forzas para ofrecer unha función na que palabra, música e humor se mesturan nunha proposta escénica viva e participativa. A través dunha escolla coidada de textos e cancións interpretadas en directo, o espectáculo propón unha viaxe pola historia das grandes autoras da literatura galega, desde a época medieval ata a actualidade....
leer másEste xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.
A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.
Burela acollerá este sábado 2 de maio, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura, o espectáculo titulado Dedín, dedín, dedal, “unha proposta familiar de Malasombra Produccións a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa”, anuncia o Concello, que engade: “trátase dun espectáculo musical e teatral pensado para enredar, rir e bailar, no que a palabra, os xogos, os contos e as cantigas son os protagonistas. A peza foi creada por Andrea Bayer e Óscar Ferreira (BAOBAB Teatro) para Malasombra, que apostan por unha proposta escénica centrada no público infantil e familiar. A autoría e dirección corren a cargo de Andrea Bayer e Óscar Ferreira, quen tamén se encarga da escenografía. O deseño de son é de Brais Iriarte e Andrea Bayer, mentres que a iluminación está a cargo de Xoque Carbajal. O vestiario vén da...
leer másO auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.
O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.
O Concello de Burela anuncia que este sábado, día 25 de abril, ás 18.00 horas o Auditorio Municipal acollerá o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, da compañía A Xanela de Maxín, dirixido a público infantil e familiar a partir de 2 anos.
A obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un incidente ao saír do seu tobo, inicia unha investigación pola granxa para descubrir que animal foi o responsable. Ao longo do percorrido atoparase con diferentes personaxes nunha sucesión de situacións con humor e sorpresa”.
As entradas para este espectáculo están á venda a través da plataforma Ataquilla.com.
Dende o Concello de Burela sinalan que esta programación “contribúe a ampliar a oferta cultural do municipio e a favorecer o acceso á...
leer másO Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía A Xanela do Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.
O Concello de Burela explica que esta obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa. Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si...
leer másEste sábado, día 27 de decembro, ás 17:30 horas dentro do programa Circuíto de Teatro Profesional, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a través da asociación Eco das Minas (A Chocolateira), da Pontenova (A Chocolateira) chega á Casa da Cultura este espectáculo -de teatro, música e danza- para toda a familia.
“Bailaremos, cantaremos e sobre todo divertirémonos moito da man de María Balteira, a bailadora primeira”, anuncia a asociación Eco das Minas.
María Balteira, a bailadora primeira é un espectáculo de teatro, música e danza con esta sinopse: “Montse Rivera e Xabier Iglesias achegan o baile tradicional ás crianzas e ás súas familias cunha obra de teatro, música e danza ambientada no Medievo. O Rei Sabio vive no Bosque das Artes, onde cultiva a música, a poesía e o teatro, pero algo non...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












