Sargadelos
O Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 6 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.
“Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzle no menor tempo posible”, explica o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.
Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.
...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este venres, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos “converterase tamén nun gran escenario ao aire libre para acoller Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Un espectáculo cheo de humor, clown, máscara e acrobacia que segue a historia de Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes que, cando están a piques de disolver a súa compañía, reciben unha inesperada proposta: representar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado”.
É unha obra con texto de Cándido Pazó, dirección de Roberto Vázquez e interpretación a cargo dos actores Con Dani Lago e Ángel Blanco.
A entrada é libre.
O Concello de Cervo volverá converter o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos no escenario da celebración do Trail Sargadelos 2026, que terá lugar este domingo, día 26 de xullo, dentro da programación das tradicionais festas de Sargadelos.
A proba, organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa asociación Amigos da Troula, ofrecerá aos participantes “un percorrido que combina deporte, patrimonio e natureza, atravesando algúns dos espazos máis representativos deste enclave histórico. O itinerario discorrerá por puntos tan emblemáticos como a antiga Fábrica de Louza, a presa do río Xunco, o Paseo dos Namorados ou a senda botánica, permitindo descubrir a riqueza paisaxística e cultural da contorna mentres se practica deporte. O Trail forma parte, ademais, do circuíto Duacode Run Foz Run, integrado por diferentes carreiras populares que se celebran ao longo do ano na...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a parroquia de Sargadelos “volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración das festas na honra a Santiago Apóstolo, que se desenvolverán do 24 ao 26 de xullo, cun amplo programa no que se mesturan tradición relixiosa, gastronomía, música e deporte”.
A programación arrancará o venres 24 de xullo, ás 20:00 horas, cunha espetada moura, seguida do Xunco Fest, dando comezo a unha fin de semana de celebracións.
O sábado 25 de xullo, día grande das festas, celebrarase ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra a Santiago Apóstolo, acompañadas polo grupo Fol do Raxal. A continuación terá lugar a sesión vermú coa actuación de A Banda da Loba e a animación da Discomóbil Conxuro. Xa pola noite o protagonismo será para o concerto de Ruxe Ruxe, seguido...
leer másO vindeiro domingo, 31 de maio, a guía oficial Ana Pena, de Guía tu día, organizará unha visita guiada ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, no concello de Cervo, para coñecer de preto a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, impulsor do primeiro gran proxecto industrial de Galicia e unha das personalidades máis destacadas da Ilustración galega.
O itinerario permitirá coñecer o antigo complexo siderúrxico e de louza de Sargadelos e continuará polo histórico Camiño Real, seguindo ás beiras do río Xunco, clave para comprender o funcionamento das fábricas e a vida arredor de Sargadelos.
A proposta combina patrimonio, historia, industria e natureza nun paseo circular de dificultade baixa, pensado para todos os públicos e tamén pet friendly.
A visita dará comezo ás 11:00 horas e terá un prezo de 12 euros por...
O concello de Cervo acollerá do 20 de maio ao 2 de xuño a exposición titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, unha mostra organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, coa colaboración do Concello, que poderá visitarse na Sala Cultural Xosé Vizoso, situada no edificio das Carboeiras, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
A inauguración oficial terá lugar o mércores 20 de maio ás 12:00 horas, nun acto aberto ao público no que se presentará esta proposta expositiva que “afonda nas raíces maragatas da familia Pérez-Carro e na súa vinculación histórica coa cidade de Lugo ao longo de máis de 145 anos”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a mostra está composta por doce paneis redactados en galego e castelán, nos que se realiza un percorrido pola traxectoria da familia Pérez-Carro desde a súa...
leer másA asociación Mariña Patrimonio continúa co seu programa de actividades cunha nova conferencia dedicada á historia de Sargadelos, “un dos espazos industriais e culturais máis significativos de Galicia”. A charla terá lugar o martes 12 de maio ás 19:00 horas na sala de actos da Casa da Administración, no Museo Histórico de Sargadelos. Baixo o título Do marqués ao arcebispo: mitos e realidades na historia de Sargadelos, intervirá Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e investigador especializado en temas relacionados coa historia da industria.
Mariña Patrimonio anuncia que “nesta conferencia abordaranse diferentes aspectos da historia de Sargadelos, desde a figura do marqués ata outras interpretacións e relatos que foron construíndo a memoria deste lugar. A...
leer másO Centro de Emprendemento do Concello de Cervo, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, continúa a medrar coa incorporación dunha nova iniciativa empresarial. Trátase de A Comarca, un proxecto artesanal que ocupa o local número 3 das instalacións e que vén reforzar a diversidade e riqueza da oferta existente neste espazo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata alí para facerlle a entrega das chaves á nova arrendataria, Celia Prada, dándolle a benvida a este centro e desexándolle moita sorte nesta nova etapa destacando a importancia deste tipo de proxectos para dinamizar o municipio e poñer en valor o talento local.
A Comarca terá o seu obradoiro en Sargadelos, onde centralizará a produción e abrirá un espazo ao público con tenda e zona de exposición que ofrecerá produtos...
leer másA Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.
Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noite deste venres, día 19 de setembro, coa sesión para público adulto a cargo de Soledad Felloza. Será na sala de exposicións das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo) ás 22:00 horas.
“Unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”, anuncia o Concello de Cervo, que para esta actividade conta aoa colaboración de Tarabela Creativa e da Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe.











